Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A conselleira de Economía e Industria asegura que esta industria é un dos sectores con maior complexidade tecnolóxica e maior capacidade de arrastre sobre o conxunto da economía
  • Afirma que xunto coa xestión dos recursos naturais, a política industrial da Xunta “xira neste momento en torno á estreita relación que existe entre a innovación e o sector da defensa”
  • María Jesús Lorenzana participou no encontro das cámaras de comercio españolas incluido nos actos do 140 aniversario da entidade cameral de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
  • Na súa intervención avanzou que “a innovación tecnolóxica vai ser o pasaporte para entrar e estar na nova política industrial europea”

  • Alfonso Rueda e María Jesús Lorenzana reuníronse cunha delegación do conglomerado asiático, que opera en sectores como os servizos financeiros, as tecnoloxías industriais, os materiais avanzados, as telecomunicacións ou as infraestruturas de nova xeración
  • O presidente da Xunta ofreceu vantaxes como a estabilidade institucional e a seguridade xurídica, a posición xeográfica estratéxica e “o apoio decidido” da Administración autonómica para facilitar e axilizar a implantación de proxectos de calado
  • A reunión encádrase nunha serie de contactos previos co grupo empresarial chinés, iniciada en maio de 2025 coa xuntanza entre Rueda e o presidente de Citic
  • China International Trust and Investiment Corporation (Citic) produce no Porriño, na factoría de Gándara Censa, grandes compoñentes para sectores como a minaría, o petróleo ou as enerxías renovables

  • Precisou que o concurso inclúe 126 permisos de investigación e 27 concesións de explotación, cun prazo de dous meses para presentar as solicitudes desde a publicación da convocatoria no BOE
  • A superficie conxunta alcanza as 200.000 hectáreas, o que supón dez veces máis que a extensión licitada o ano pasado
  • Ademais saen a concurso dereitos para proxectos de investigación de novos recursos e para o aproveitamento de xacementos con reservas xa acreditadas
  • O presidente da Xunta lembrou que “Galicia conta con 18 das 34 materias primas cualificadas como críticas pola UE”, entre elas o litio e o volframio
  • Nas concesións de explotación, os criterios socioeconómicos e ambientais terán un peso do 65% na valoración das propostas, moi superior ao dos criterios exclusivamente mineiros

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, analizou posibles vías de colaboración económica nun encontro co cónsul honorario de México e cos responsables da Antena do Igape nese país
  • As vendas das empresas galegas no mercado mexicano alcanzaron o ano pasado un valor económico de 324 millóns de euros e representaron o 10,5% de toda a exportación galega
  • Lorenzana ratificou o compromiso do Goberno galego con dar apoio ao tecido empresarial para expandirse no mercado exterior e ampliar a súa capacidade exportadora

 

  • Na xornada de presentación do programa de Compra Pública Precomercial, dotado con 40 millóns de euros, eloxiou “que cada investimento deixe detrás capacidade produtiva permanente”
  • A conselleira defende que cada euro público mobilizado “teña un retorno produtivo real para Galicia” e “que consolide empresas, abra oportunidades ás pemes, cree emprego cualificado e reteña talento”
  • No acto de presentación lembrou que esta licitación “non naceu nun despacho, senón logo dun diálogo estratéxico previo con 78 empresas do sector”

  • Durante a súa visita ás adegas Santiago Roma, en Ribadumia, a conselleira de Economía e Industria lembrou que nas tres edicións convocadas ata o de agora (2023-2025), lévanse acollido a estes apoios 119 adegas, con máis de 41,7 millóns de euros de financiamento mobilizado
  • María Jesús Lorenzana subliñou que o obxectivo desta liña é “contribuír á competitividade dun sector estratéxico para a economía e o medio rural que é dos que mellor representa os valores da marca Galicia Calidade”
  • As cinco Denominacións de Orixe galegas e as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas agrupan a 13.400 viticultores e 479 adegas, cun valor económico do viño comercializado que supera os 200 millóns de euros

  • Na inauguración da ampliación do parque empresarial das Gándaras, en Lugo, o presidente da Xunta enxalzou que o aumento da oferta “permitirá ampliar as empresas que xa existen e atraer outras novas que se queiran instalar” na Comunidade
  • Salientou que de aquí ao 2030 vaise poñer ao dispor do sector empresarial máis superficie que a que se habilitou desde a creación de Xestur, a mediados dos 80, ata a actualidade
  • A ampliación do parque das Gándaras supón case 220.000 novos metros cadrados, distribuídos en 39 parcelas, das que 27 xa están adxudicadas
  • Cando estea rematado na súa totalidade, contará con máis de 2 millóns de metros cadrados e acumulará un investimento próximo aos 90 millóns de euros
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia