Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O presidente da Xunta mantivo un encontro con Alex Ellis no marco do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, no que destacou a solidez dos intercambios bilaterais e a fortaleza dos lazos comerciais, turísticos e culturais entre ambos territorios
  • Abordaron as oportunidades de cooperación económica e industrial existentes en sectores estratéxicos como a automoción e compoñentes, agroalimentación, industria naval, enerxías renovables e biotecnoloxía
  • Alfonso Rueda convidou ao embaixador a aproveitar o Xacobeo 2027 para seguir estreitando vínculos e acollendo a miles de visitantes procedentes das illas británicas, sexto lugar de procedencia de peregrinos, con máis de 13.000 compostelas no que vai de ano

  • Na mesa de diálogo con Imanol Pradales e con Salvador Illa, dentro do VIII Foro La Toja-Vínculo Atlántico, Rueda reivindicou a aposta do Goberno galego por construír máis vivenda pública e desenvolver solo para novos inmobles
  • Precisou que Galicia terá nesta lexislatura 4.000 vivendas públicas máis, todas elas en marcha, e que xa se está desenvolvendo solo para a construción de 20.000 fogares máis a prezo social
  • En referencia ao Goberno central, rexeitou que se poñan en marcha medidas que xa teñen demostrado ser ineficaces, e que ademais xeran inseguridade xurídica no mercado
  • O presidente galego incidiu en que sen un financiamento xusto non haberá cohesión territorial: “Non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco poderiamos admitir ser menos, e iso é cohesión”
  • Reivindicou “a vixencia e a necesidade do Estado autonómico e a descentralización ben plantexada”, e incidiu en que manter un nivel de servizos públicos de calidade require de financiamento

  • A conselleira de Economía e Industria advertiu que as tensións xeopolíticas e os problemas nas cadeas de subministración reforzan a necesidade de dispoñer de capacidades industriais propias
  • “A industria que logre integrar sustentabilidade, tecnoloxía e innovación será a mellor preparada para crecer, atraer investimento e xerar emprego de calidade no futuro”, argumentou Lorenzana na presentación do Plan director sectorial

  • Na fase de ampliación sumará preto de 231.000 metros cadrados, co que pasará a contar cun total de 832.000 no ano 2028
  • O contrato do proxecto de expropiación ten un prazo de execución de 18 meses e inclúe toda a tramitación necesaria para a adquisición das fincas
  • A ampliación do Parque de Pereiro conta cun orzamento de 19,8 millóns e está enmarcada na aposta da Xunta por aumentar o solo empresarial da provincia, onde ten en marcha actuacións por 126 millóns de euros para crear máis de 2,8 millóns de metros cadrados de superficie industrial ata 2030

 

  • Na inauguración da nova fábrica de Cafersa en Carballeda de Valdeorras, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas matizou que “a aposta da Xunta polas novas materias primas críticas non diminúe nin substitúe a importancia dos recursos naturais tradicionais”

  • Pablo Fernández Vila defendeu que a lousa galega continúa sendo “unha referencia mundial” e que para a Xunta representa “unha actividade esencial, tanto polo seu impacto económico como polo seu peso social e territorial”

  • Avanzou que o futuro do sector dependerá da capacidade para atraer talento e para incorporar coñecemento, cualificación e innovación aos procesos produtivos

  • Por provincias, Lugo concentra o maior número de parcelas (44), seguida da Coruña (32), Ourense (11) e Pontevedra (3)

  • É o primeiro concurso resolto tras a incorporación das novas medidas de axilización e antiacaparamento, como que as empresas solicitantes teñan capacidade de implantación efectiva a curto prazo ou a exclusión de solicitudes destinadas ao alugueiro a terceiros

  • En paralelo, continuará a tramitación da oferta pública permanente, un procedemento pioneiro implantado por primeira vez en 2026 e diferenciado do concurso agora resolto

 

 

  • Logo dunha reunión de traballo co secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard, a conselleira detalla que o proxecto recolle parte das alegacións presentadas pola Xunta, pero deixa outras actuacións pendentes, como a da zona da Plisan e o centro da provincia de Lugo

  • Está previsto que a nova planificación eléctrica quede aprobada a finais de ano e a Xunta agarda que as peticións agora desatendidas sexan recollidas “nesta ou nas seguintes modificacións”

  • María Jesús Lorenzana pide axilidade na tramitación e na execución das obras, e “que se acompase todo ese reforzo da rede ao desenvolvemento de solo industrial que se está rexistrando en Galicia”

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia