Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O convenio que veñen de asinar permitirá analizar a vertente económica, social, ambiental, territorial, industrial e de mercado para dimensionar o valor e relevancia do sector forestal
  • A partir dunha análise do posicionamento actual da marca `Pino de Galicia´, deseñarase unha estratexia de rebranding, ademais de incluír novos produtos e revisar os procesos de certificación e acreditación da madeira de piñeiro galego

  • No acto de presentación desta nova aceleradora, no CIS Galicia, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas subliñou que BF Energy dota á Comunidade “do acelerador definitivo para converter os nosos recursos naturais en intelixencia aplicada, respecto ambiental e riqueza duradeira”
  • Identificará e apoiará proxectos innovadores que den resposta aos desafíos do sector, desde a colaboración entre startups, empresas tractoras, centros tecnolóxicos e toda a cadea de valor da enerxía

  • A conselleira de Economía e Industria visitou en Boiro as instalacións dos antigos Estaleiros Triñanes, agora Samala Shipyard, que considera un exemplo da capacidade do naval para diversificarse e modernizarse a través da tecnoloxía
  • María Jesús Lorenzana lembrou os beneficios que aporta a aprobación do Plan director do naval, dotado con máis de 62 millóns de euros

  • Cualificou á compostelá Balidea como “unha das principais tecnolóxicas de Galicia e de España” e salientou o seu interés por sumarse ás tecnoloxías duais
  • Balidea foi unha das 52 beneficiarias da liña de axudas para certificacións (1,5 millóns de euros) que a Xunta convocou por primeira vez este ano, dentro da Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda)

  • Durante a visita ás instalacións da biotecnolóxica pontevedresa Hifas da Terra, a conselleira de Economía e Industria lembrou a resolución en agosto das convocatorias de axudas dos programas IA360, Igape Innova e Ticket Innova, que concederán case 15 millóns en axudas directas á innovación a máis de 500 empresas
  • Estes apoios enmárcanse na Estratexia Galega de Innovación 2026-2028 e fan posible que “dándolles respaldo (ás empresas) axudámoslles a modernizar os seus procesos para adaptarse aos mercados cada vez máis dinámicos e competitivos”, remarcou
  • María Jesús Lorenzana felicitou a Hifas da Terra, que xa ten presenza en máis de 25 países e que conta con sociedades filiais en Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido

  • Participará na aceleradora DIANA (Defence Innovation Accelerator for the North Atlantic), o que lle dará a oportunidade de presentar a súa tecnoloxía aos departamentos de Defensa dos países membros da Alianza
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, felicitou a Vig-Sec Drone e celebrou que forme parte “dun selecto grupo de 15 empresas a nivel mundial cuxas solucións innovadoras son consideradas de alto valor engadido para os países que integran a OTAN”

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, sinalou que a Spin-Off da Universidade de Santiago é ademais un exemplo do potencial logrado polo ecosistema startup galego
  • Esta tecnolóxica galega, que contou co apoio do Igape en distintas fases, mediante programas como as axudas para startups, e as liñas Igape Innova ou Tícket Innova, está especializada en solucións avanzadas para os ámbitos farmacéutico, sanitario e cosmético
  • Conta cunha tecnoloxía propia de nanoencapsulación que permite mellorar a administración e a biodispoñibilidade de compostos activos para o lanzamento de novos produtos
  • A Xunta reforza a súa aposta polo emprendemento innovador para favorecer a creación de novas empresas, impulsar a innovación e consolidar un ecosistema emprendedor competitivo en Galicia
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia