Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A directora do Igape destaca que os apoios xa están activos desde esta semana e fixa como obxectivo dotar ás empresas “dos recursos necesarios para afrontar os retos globais e liderar a transición cara un futuro máis sustentable e tecnolóxico

  • Detalla que os novidosos programas IA 360 e Igape Innova, xa publicados no DOG, están encamiñados a incrementar o potencial de innovación mediante a intelixencia artificial e o deseño de produtos e servizos

  • Compleméntanse co Ticket Innova, igualmente recollido no DOG do luns, 13 de xaneiro, e que facilita o acceso a servizos de certificación, deseño industrial e tecnoloxías emerxentes

  • Covadonga Toca subliña a creación da área de innovación empresarial do Igape, que reforzará a colaboración entre centros tecnolóxicos, universidades e empresas

  • Na presentación dos novos programas do Instituto Galego de Promoción Económica, a conselleira de Economía e Industria precisou que haberá 15 liñas de apoios que sairán publicadas no DOG dos vindeiros 13 e 14 de xaneiro

  • As axudas xa se poderán solicitar desde este mesmo mes e beneficiarán a milleiros de empresas galegas e autónomos

  • Vanse estructurar en tres grupos: as de financiamento, que suman 110 millóns de euros; as de competitividade, por importe de 47,3 millóns; e as de innovación, que ascenden a 15,2 millóns

  • María Jesús Lorenzana destaca que o anticipo das convocatorias facilitará a pemes e autónomos que poidan planificar con antelación as súas necesidades de financiamento e coñecer, xa no inicio do exercicio, os apoios públicos cos que poderán contar

  • Entre as liñas do Igape destacan os préstamos para incentivar a concentración empresarial, os de desenvolvemento tecnolóxico, a nova liña para a implantación da IA nas pemes, as axudas a startups e o programa de atracción de empresas

  

  • Os apoios inclúen como novidade unha liña de 10,3 millóns para fomentar o uso da intelixencia artificial nos centros de traballo

  • Nunha visita ao centro loxístico da empresa familiar Krack, en Cerdedo-Cotobade, reafirmou o compromiso de “apoiar ao tecido empresarial para facilitar o máis rápido posible o solo industrial e facer as tramitacións máis sinxelas”

  

 

  • A conselleira de Economía e Industria precisa que esta liña de apoios, a punto de ser publicada no DOG, permitirá aforrar 4,5 millóns na factura eléctrica do sector empresarial

  • Como novidades desta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes amplíase de 2 a 8 meses e as axudas diríxense tanto a subvencionar instalacións novas como actuacións para obter un Certificado de Aforro Enerxético

  • Desde a posta en marcha, hai 11 anos, das axudas para fomentar a eficiencia enerxética nas empresas, aprobáronse 1.640 proxectos, por un importe conxunto de 56 millóns de euros

  • María Jesús Lorenzana anunciou a nova convocatoria de apoios durante unha visita ao Atendo Senior Living, de Vigo, centro asistencial no que a Xunta participou na rehabilitación integral do edificio

  

  • Dependente do Igape, está formada por máis de 100 profesionais de diferentes sectores e opera como unha canle única entre empresas e Administración

  • Desde o seu inicio de actividade no mes de abril recibiu preto de 14.000 consultas de empresas, autónomos ou emprendedores, e o 82% desas solicitudes foron resoltas no momento

  • A maior demanda procede dos sectores enerxético, automoción, economía circular, mar-industria, turismo, TIC, loxística, contract e construción

  • Neste ano 2025, a Xunta abrirá na Casa de Galicia en Madrid a primeira sede exterior da Oficina Económica, co obxectivo de atraer investimentos e de seguir avanzando no proceso de desburocratización

  

  • Esta nova liña de apoios será aprobada no vindeiro Consello da Xunta e permitirá que as pemes non tecnolóxicas poidan contratar servizos doutras compañías que incorporen a IA nos seus procesos produtivos

  • María Jesús Lorenzana precisou que a convocatoria será xestionada polo Igape, desde a súa nova área específica de innovación empresarial, que conta cun orzamento de 60 millóns de euros

  

  • Visitou xunto á conselleira María Jesús Lorenzana a central hidroeléctrica que posúe o embalse de maior capacidade de almacenamento e que vén de cumprir 60 anos de historia

  • O presidente da Xunta referiuse a Belesar como exemplo da aposta polas enerxías limpas e lembrou que Galicia é a terceira Comunidade con maior cota de produción de enerxía verde

  • Nos dez primeiros meses de 2024, a porcentaxe de xeración renovable representou o 85,7% de toda a enerxía producida en Galicia

  • Alfonso Rueda considera fundamental que o potencial da Comunidade en renovables se desenvolva de maneira ordenada, con “proxectos que garantan a sostenibilidade ambiental e a preservación do entorno”

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia