Nunha visita a Vig-Sec Drone, en Nigrán, a conselleira de Economía e Industria adiantou que a partir da fórmula da Compra Pública Precomercial vanse financiar proxectos en fases de innovación moi avanzadas
A mobilización prevista de 900 millóns de euros ten como obxectivo potenciar o crecemento das empresas que xa operan nestes sectores e facilitar a incorporación daquelas outras que están traballando en tecnoloxías duais
María Jesús Lorenzana puxo en valor o traballo de Vig-Sec Drone e lembrou que participou en aceleradoras como ViaGalicia e BFAero, así como na Aceleradora de Innovación en Defensa da OTAN
O programa Industria Dual, promovido no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda), ten un orzamento de 6 millóns de euros e está cofinanciado pola UE dentro do programa Galicia Feder 2021-2027
A intensidade da axuda pode ser do 15% para as grandes empresas, do 25% para as medianas e do 35% para as pequenas, con axudas máximas de 1 millón de euros por sociedade e proxecto
A convocatoria outorga prioridade ás iniciativas de empresas de sectores estratéxicos e con alto potencial de diversificación, como automoción, metalmecánica, naval, loxística, téxtil, TIC, aeroespacial e construción
Estas tres liñas configuran unha oferta integral de apoio á innovación, acompañando ás empresas desde a definición de proxectos ata o desenvolvemento de novos produtos, procesos e servizos e a incorporación de tecnoloxías emerxentes como a IA
IA360 apoiará nesta convocatoria 97 proxectos, cun investimento público de 10 millóns de euros, distribuídos entre 43 proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e 54 de implantación de solucións de IA
A aposta do Igape enmárcase na Estratexia Galega de Innovación 2026-2028, que reforzará a coordinación das políticas públicas de innovación e a colaboración entre empresas, universidades e centros tecnolóxicos para consolidar un tecido máis innovador, competitivo e xerador de valor
Nunha visita ao concello da Merca (Ourense), o director xeral de Planificación Enerxética e Minasremarcou o compromiso da Xunta co desenvolvemento dunha minaría sustentable e segura, en liña cos obxectivos da Axenda de impulso da minaría de Galicia
A convocatoria, que consta de cinco liñas de apoio, cobre desde investimentos para mellorar as condicións laborais e reducir a exposición ao po ata apoios para a implantación, seguimento ou renovación das normas de certificación en minería sustentable, entre outras actuacións
As axudas poden alcanzar os 150.000 euros, cunha intensidade máxima de ata o 65% do investimento subvencionable no caso de pemes, do 55% nas medianas empresas e do 45% nas grandes empresas
Os apoios pódense solicitar ata o 31 de agosto e presentan como principal novidade o aumento da contía máxima para edificacións en altura, actuacións de uso residencial e promocións singulares, que sube de de 140.000 a 250.000 euros
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, detallou que o Goberno galego destina 5 millóns de euros a este programa que subvenciona a redacción de proxectos e a execución de obra nova
Salientou a liña Xera-madeira no transcurso dunha visita ao establecemento turístico Cabanas do Avia, en Ribadavia, beneficiario en anteriores edicións
Nunha visita á viguesa Centum, a conselleira de Economía e Industria explicou que estes acordos de asociación constitúen unha das principais medidas da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) á que a Xunta destinará 40 millóns de euros
María Jesús Lorenzana remarcou o obxectivo de atraer grandes proxectos de innovación e desenvolvemento tecnolóxico, e como novidade “que esas solucións se fabriquen en Galicia”
Salientou ademais que compañías como Centum demostran que en Galicia se pode facer tecnoloxía de primeiro nivel que compite en mercados internacionais
A conselleira de Economía e Industria lembra que desde a creación da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) investíronse máis de 113 millóns de euros para consolidar “unha industria clave para a economía de Galicia”
Os programas Xera-valor, Xera-tecno, Xera-savia e Xera-madeira forman parte dos apoios recollidos no Plan director do sector forestal-madeira 2026-2028