No acto inaugural do programa do Igape `Capacita Directivos´, a conselleira de Economía e Industria apelou a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar o futuro industrial de Galicia
Detallou que a Xunta ten en tramitación 16 proxectos industriais estratéxicos cun investimento conxunto de 1.700 millóns de euros e con capacidade para xerar 3.700 empregos en toda a Comunidade
En relación á operación do grupo chinés Saic, apuntou que “chega co compromiso de contratación e de compra local”, o que representa “unha oportunidade enorme” para os proveedores galegos do sector da automoción
No xantar coloquio no Círculo de Empresarios de Galicia salientou a importancia de que exista unha “convicción colectiva” das capacidades da industria galega e de que “Galicia pode ocupar unha posición de liderado”
O proxecto inclúe dúas fases que, unha vez completadas, permitirían que a planta acadase unha produción anual de 120.000 vehículos e a xeración de máis de 2.000 empregos
O calendario da operación fixa para finais de 2026 a obtención dos permisos e autorizacións necesarios, para comezos de 2027 a construción da primeira fase da planta e para 2028 o arranque da produción
A Xunta declarou Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) o desenvolvemento inicial da factoría de SAIC, que será a primeira do grupo chinés en territorio da Unión Europea
Alfonso Rueda salienta que entre os motivos polos que a compañía elixe Galicia está “a ampla tradición punteira no sector da automoción, tanto na fabricación de vehículos como de compoñentes”
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarca “a gran oportunidade económica e industrial para Ferrolterra” e para o conxunto da Comunidade, polo compromiso do grupo chinés de que gran parte dos compoñentes para os seus vehículos sexan “de fabricación local”
Alfonso Rueda avanza a previsión de que a medida sexa efectiva no verán e lembra que se engloba no Plan director que conta cun orzamento de 230 millóns
Reclámalle ao Goberno central unha implantación realista do vehículo eléctrico e un maior compromiso cun sector clave para a economía galega
O presidente da Xunta enxalzou na clausura da asemblea de CEAGA o bo momento das empresas galegas da automoción, como xeradoras do 15,5% do PIB autonómico, de case 24.000 empregos e do 30% das exportacións da Comunidade
Destacou a importancia de analizar as propostas e proxectos “con moita esixencia” e autorizalos “para que a riqueza se quede en Galicia”.
Avoga por un modelo asentado no binomio industria-enerxía e vencellado ao despregamento das renovables, nas que Galicia conta cun gran potencial
O presidente da Xunta visitou en Curtis, na comarca de Betanzos, a planta que está a construír Vertex Bioenergy para producir CO2 bioxénico, produto renovable con moitas utilidades e fundamental para a elaboración de biocombustibles renovables
Nun almorzo empresarial organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), a conselleira de Economía e Industria matizou que non dar facilidades “é elixir que esa oportunidade marche a outro lugar. E Galicia non pode permitirse iso"
Asegurou que na actualidade España “non está preparada para atender o numerosísimo grupo de proxectos industriais súper consumidores de enerxía que están querendo instalarse no noso territorio”
E engadiu como mal maior que a rede de transporte “non estea capacitada para evacuar toda a enerxía que imos ser quen de producir coas renovables”
Lorenzana detallou que a Xunta conta xa con 15 Proxectos Industriais Estratéxicos (PIE) en tramitación, en ámbitos como o hidróxeno verde, descarbonización, economía circular, centros de datos, automoción e defensa, con case 1.500 millóns de investimento potencial e máis de 1.400 empregos
O director de Xera, Alfredo Fernández, destaca as posibilidades que se abren tanto en obra nova como en rehabilitación cun elemento “que vai xogar un papel fundamental para axudar no proceso de descarbonización da edificación”
O convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia formou en rehabilitación de estruturas de maderia a máis de 160 profesionais do sector
O `Informe da cadea forestal madeira 2025´, elaborado por Xera en colaboración coa Escola de Enxeñería Forestal da Uvigo, detecta actividade no 95% dos concellos galegos
En 2025, Galicia aproveitou case 11 millóns de metros cúbicos de madeira, o que supón máis do 50% do volume total aproveitado en España
Alfredo Fernández, director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), asegurou na presentación do Informe que Galicia é “unha das rexións europeas máis avanzadas en mecanización de corta e extracción”
Precisou que nalgúns municipios da Comunidade esta actividade chega a representar ata o 50% do emprego industrial, “reforzando o seu papel no reequilibrio territorial”
O director de Xera lembrou que entre 2018 e 2026 o Goberno galego destinou 110,5 millóns de euros para axudas ó sector, cun investimento inducido de 200 millóns