Alfonso Rueda e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitaron ás instalacións que promove en Curtis a compañía In Proteins for All
A nova planta, que creará 55 empregos directos, producirá proteínas a partir de legumes como fabas, garavanzos, lentellas ou chícharo mediante procesos de biotecnoloxía e química sostible
O investimento cifrouse en preto de 19 millóns de euros, cunha achega da Xunta que superou os 9,5 millóns
Rueda puxo en valor que esta infraestrutura supón un salto cualitativo para a industria agroalimentaria galega e posiciona a Curtis “como referente nacional na produción de proteínas”
O presidente da Xunta participou en Vigo nun encontro organizado por Ageinco, a Asociación Clúster de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia
Remarcou que Galicia non pode permitirse atrasos en obras básicas para vertebrar o territorio e garantir a igualdade de oportunidades, e avanzou que en 2025 xa se investiron 329 millóns en obra pública, case un 40% máis que no exercicio anterior
O titular da Xunta enxalzou a importancia de contar coa enxeñaría desde as fases iniciais dos proxectos para evitar riscos e atrasos, mellorar a redacción técnica e acadar mellores resultados cos mesmos recursos
Precisou que a Administración autonómica garante a participación da enxeñaría en proxectos clave de mobilidade, ordenación do territorio e transformación dixital
O nodo Conectivi.gal, iniciativa público-privada, establece tres grupos de traballo que estarán centrados na capacitación e retención de talento dixital, en dinamizar o despregamento no sector privado e na mellora da conectividade nas Administracións públicas
Forman parte do proxecto as tres universidades públicas de Galicia, as operadoras Telefónica, Vodafone e Orange, e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia
A Cidade da Cultura acolleu a primeira comisión de seguimento desta estrutura, que é unha evolución do Nodo de Cooperación 5G
A conselleira de Economía e Industria afirma que nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense atende as demandas do Goberno galego, mentres que en Lugo a rede de transporte de enerxía “non se reforza en ningún punto nin zona para o consumo industrial”
María Jesús Lorenzana advirte que a consecuencia para Lugo será que “durante o tempo que dure esta planificación non se poderá instalar ningunha mediana ou grande industria na provincia”, o que equivale a excluíla “do mapa industrial dos vindeiros anos”
Pero a conselleira xa avanza que “o Goberno de Galicia vai seguir loitando para que Lugo poida ter un futuro económico e industrial”
Lorenzana reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard, e con responsables de Red Eléctrica Española (REE), para abordar a proposta de planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica para o período 2025-2030
A conselleira de Economía e Industria pechou a súa viaxe ao país con encontros na Oficina Comercial de España e na Antena do Igape
María Jesús Lorenzana enxalzou que todo proxecto con interese por instalarse en Galicia “vai atopar ao outro lado unha Administración coa man tendida e disposta a ofrecer solucións e garantías”
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro en Tokio con membros da Japan External Trade Organization (Jetro), o organismo gubernamental que promove o comercio e o investimento no exterior
Tras a visita a Jetro, Lorenzana destacou que “existe un marco de traballo común en torno ao obxectivo de fomentar o investimento estranxeiro directo”, que considera clave para Galicia
Presentou a Oficina Económica como “porta de entrada única” para todos os investidores asiáticos que queiran establecerse na Comunidade coas vantaxes “dun mercado confiable e dun Goberno estable que apoia ás empresas”
A conselleira puxo en valor a presencia en Galicia que xa acreditan compañías niponas da talla de Denso Sistemas Térmicos (Vigo), Toyota (Vigo), NTT Data (A Coruña), Fujitsu (Santiago) e as pesqueiras Europacífico (Vigo), Nissui Corporation e Wadayku Europe (O Porriño), e proxectos de futuro como os de Univergy Solar (Vigo), Resonac (A Coruña) e Sojitz Corporation (A Coruña)
A conselleira de Economía e Industria reclamou desde Xapón ao Goberno de España a convocatoria das poxas de eólica mariña e o reforzo da rede de transporte eléctrico para que a enerxía producida en Galicia poida chegar a fogares e empresas
Resaltou que a parálise á que o Goberno está sometendo ao sector en España “é contraproducente á hora de captar novos proxectos de investimento que poden xerar riqueza na Comunidade”, como o que promove Elawan Energy
María Jesús Lorenzana tamén se reuniu en Tokio con representantes de Fujitsu Limited, compañía que colabora con Galicia no despregamento da computación cuántica e que mostrou interés en coñecer a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo aprobada recentemente polo Goberno galego
Nunha posterior recepción institucional na Embaixada de España en Xapón, a conselleira defendeu seguir fortalecendo as relacións comerciais entre Galicia e o país asiático, mercado ao que cada vez exporta de forma regular unha porcentaxe maior de empresas galegas
No acto na Embaixada española de Tokio participaron empresas galegas con traxectoria no país, como Adolfo Domínguez, Coren ou Trison, e compañías xaponesas con sede en Galicia