Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O proxecto de Compra Pública de Innovación (CPI) Innomar permitirá monitorizar o mar e evacuar a enerxía xerada polas ondas na segunda mellor zona experimental do mundo
  • Empregará unha solución tecnolóxica consistente nun multiconector flotante sensorizado, para a conexión de múltiples prototipos de xeración eléctrica a partir de renovables mariñas e para a evacuación da enerxía producida
  • Ademais servirá para monitorizar en tempo real as condicións atmosféricas e mariñas, como o vento, ondada, correntes e mareas, e para o estudo de factores ambientais e de biodiversidade do medio mariño

  • Os apoios poden chegar ata o 70% do gasto subvencionable e cobren o uso de produtos en madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de naves, establecementos e vivendas unifamiliares
  • A conselleira de Economía e Industria lembrou que esta liña de axudas da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) leva concedidos desde o ano 2020 un total de 9 millóns de euros a preto de 600 beneficiarios
  • Lorenzana avoga por seguir dando impulso á construción industrializada neste material orgánico e natural, tendo en conta que Galicia concentra case a metade da produción de madeira de España e que ten capacidade para exportar sistemas construtivos e solucións completas

  • Neste programa financiado polo Igape e que se desenvolve no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), levan participado un total de 111 empresas en catro convocatorias
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destaca que a aceleradora contribúe a ampliar a base exportadora da economía galega e a que cada vez máis pemes cheguen ao mercado internacional

  • María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria: “Estamos totalmente a favor dela e da loita contra o cambio climático, pero non pode levar a que unha parte da poboación non poida chegar a fin de mes ou unha parte das empresas non poidan sufragar os custos enerxéticos”
  • Ademais censura a “oposición sistemática” a todo proxecto industrial que avance na descarbonización, e a que se fale de sensibilización “mentres se alimenta a desinformación”
  • Compromete que a Xunta seguirá traballando “para atraer máis proxectos industriais a Galicia, especialmente nas zonas máis afectadas polos procesos de transición enerxética”
  • Lorenzana lembra que o Goberno galego leva destinado a esas comarcas máis de 100 millóns de euros en axudas para descarbonización e en préstamos parcialmente reembolsables
  • O Inega investiu case 300 millóns de euros nos últimos catro anos en fomentar a transición enerxética, en ámbitos como a promoción das renovables e autoconsumo, o fomento da eficiencia enerxética ou o paso a unha mobilidade máis eficiente

  • Alfonso Rueda avanza que o vindeiro Consello aprobará un plan de axudas por importe de máis de 150 millóns para dar cobertura aos sectores afectados
  • Adianta medidas como facilitar circulante ás empresas con intereses en Oriente Medio, resolver de forma urxente axudas de inclusión social e apoiar “con celeridade” aos sectores agrícola e marítimo

  • Na presentación do sexto `Atlas galego da empresa comprometida´ citou como claves para “crecer ben”: ter un tecido económico comprometido co medio ambiente, o bo goberno e impulsar as novas tecnoloxías
  • Avanzou que a Xunta está a elaborar o seu propio abano de iniciativas para apoiar os sectores máis afectados polo conflicto en Oriente Medio, para atender os problemas das empresas co capital circulante e cos investimentos xa realizados
  • Alfonso Rueda precisou que, como as medidas do Goberno central pivotan sobre impostos cedidos total ou parcialmente ás Comunidades, Galicia terá que aportar “máis de 120 millóns de euros nestes tres meses”
  • O presidente da Xunta salientou a boa marcha da economía galega, que medrou un 2,6% o ano pasado, co paro “na cifra máis baixa desde 2007” e cun volume exportador que rozou en 2025 os 31.000 millóns de euros
  • Na súa intervención, afirmou que “cada vez máis, confíase en Galicia para investir”, grazas á estabilidade da Comunidade e ás políticas de apoio ás empresas

  • Este proxecto estratéxico de acuicultura sostible estará ubicado nunha parcela de preto de 20.000 metros cadrados no porto de Burela (Lugo) e creará en torno a cen empregos
  • O investimento supera os 100 millóns de euros e permitirá situar en Galicia unha planta avanzada de acuicultura moderna, con emprego de tecnoloxías de recirculación de auga que optimizan o consumo, melloran a bioseguridade e reducen o impacto ambiental
  • A Xunta achega 33,5 millóns de euros, 25 millóns cofinanciados co Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura (Fempa), 5 millóns financiados polo Igape e 3,5 por Xesgalicia
  • No acordo de financiamento de Seafood Legacy Spain participan a Xunta de Galicia, a través do Igape e XesGalicia, o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Banco Santander e Abanca
  • Con este proxecto, o Goberno galego reforza o seu compromiso co impulso de sectores estratéxicos como a acuicultura, promovendo iniciativas que combinan innovación, sustentabilidade e xeración de emprego, e contribuíndo a consolidar Galicia como referente europeo na economía do mar
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia