Alfonso Rueda cualifica de “inxusta, contraproducente e prexudicial” a paralización dos plans galegos de repotenciación da enerxía eólica e de axilización da dependencia e da discapacidade
O presidente da Xunta argumenta que o Executivo central suspende o modelo galego de simplificación dos trámites da discapacidade e da dependencia, que pretende copiar a nivel estatal, feito que “só se explica por un afán recadatorio”, ao deixar de recibir 114 millóns de euros no 2025 en Galicia
Lembrou que “máis de 12.600 galegos con dependencia” obtiveron nos últimos doce meses o seu recoñecemento sen necesidade de someterse a unha nova valoración
O recurso do Goberno central contra varios preceptos da Lei de acompañamento aos Orzamentos de Galicia de 2025 tamén impide que os 16 parques eólicos susceptibles de seren repotenciados pasen de ter 572 a 112 muíños, un 80% menos
A conselleira de Economía e Industria precisou que o prazo de solicitude estará vixente do 13 de febreiro ao 13 de maio, e que o importe máximo a percibir será de 75.000 euros
As axudas cobren desde a inscrición inicial no Rexistro Xeral de Armamento e Materiais ata a preparación técnica e ensaios en laboratorios acreditados
Forman parte da Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo, dotada con 183 millóns de euros de investimento público directo
A conselleira de Economía e Industria participou xunto co titular de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, na inauguración do VII Congreso Nacional Empresa 360°
Lorenzana enxalzou que, ademais da industria, da sustentabilidade e do coñecemento, “hai un elemento transversal imprescindible: a seguridade xurídica”
Precisou que o sector industrial representa en Galicia en torno ao 17% do PIB, dous puntos por encima da media estatal, e que xera máis de 200.000 empregos na Comunidade
Na inauguración do Congreso afirmou que o liderado galego en enerxías renovables, con máis do 60% da electricidade producida a partir destas fontes, supón “unha vantaxe estratéxica para atraer proxectos industriais intensivos en consumo enerxético”
O Conselleiro de Facenda e Administración Pública puxo en valor que Galicia sexa a primeira rexión europea en aprobar unha Lei que regula o uso da IA na Administración, promovendo a súa implantación en todos os ámbitos
Miguel Corgos salienta que a Estratexia Galicia Dixital 2030 constitúe “a folla de ruta para poñer as tecnoloxías dixitais ao servizo do benestar das persoas e da creación de riqueza”
María Jesús Lorenzana detalla que esta liña de financiamento ofrece préstamos bonificados de 3 a 15 anos para investimentos produtivos ou circulante
Os apoios, que oscilan entre 3.000 e un millón de euros, poden destinarse a investimentos como terreos, instalacións, equipos, investigación, propiedade intelectual ou capital corrente, entre outros
A conselleira de Economía e Industria e a directora do Igape visitaron en Bergondo a Panificadora Mencer, un Centro Especial de Emprego no que traballan máis de 30 persoas
A conselleira de Economía e Industria detallou que o programa Xera-tecno estará dotado con 11 millóns, o Xera-valor con 4,5 millóns e o Xera-savia con 500.000 euros
Os apoios abarcan desde a compra de maquinaria, acondicionamento de instalacións, tecnoloxías e equipamento para deseño e fabricación ata certificacións e actividades formativas ou divulgativas
Nunha visita ao serradoiro de Maderas Hermanos García Rocha, en Oza-Cesuras, María Jesús Lorenzana lembrou que a Xunta está elaborando un plan director, con medidas e actuacións “para fortalecer a competitividade dun sector clave en Galicia”
O presidente da Xunta remarca que a Comunidade encabeza o número de centros produtivos, de empresas especializadas e de emprego, cuns 5.000 postos de traballo vinculados á enerxía do vento
Precisou que nos últimos meses foron presentadas sete novas solicitudes de repotenciación de parques, que se suman ás nove que se tramitaron entre 2024 e 2025
Rueda participou xunto coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o presidente de Siemens Gamesa en España, Kerman Gabiola, na inauguración dun banco de probas na planta de reparación de compoñentes eólicos de Sigüeiro
Alfonso Rueda anunciou a posta en marcha dun paquete de medidas, a curto e medio prazo, para “dar certezas e estabilidade ao sector agrícola” ante o novo escenario do acordo UE-Mercosur
Avanza que en Galicia haberá controis das importacións para vixiar “a presenza de substancias non permitidas, as condicións sanitarias dos produtos ou a súa correcta etiquetaxe e trazabilidade”
O obxectivo é garantir “que calquera produto que entre en Galicia cumpre cos mesmos requisitos” que os que se elaboran na Comunidade, defende Rueda
O Goberno galego solicitará ao central e á Comisión Europea que non poñan en marcha de xeito provisional o acordo “mentres non queden blindadas as garantías para agricultores e gandeiros contempladas no Regulamento de salvagardas”, pendente de aprobación
A Xunta reforzará a estratexia de promoción dos produtos galegos, de cadea de distribución curta e de proximidade, fomentará as exportacións para aproveitar as oportunidades nos novos mercados e fará campañas de sensibilización entre os consumidores
Outras demandas son un maior reforzo dos controis de fronteira e a inclusión de máis denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas dentro do acordo UE-Mercosur
Galicia impulsará unha fronte común con organizacións profesionais agrarias e con Comunidades autónomas ante a futura PAC, en defensa do sector primario