A conselleira de Economía e Industria pechou a súa viaxe ao país con encontros na Oficina Comercial de España e na Antena do Igape
María Jesús Lorenzana enxalzou que todo proxecto con interese por instalarse en Galicia “vai atopar ao outro lado unha Administración coa man tendida e disposta a ofrecer solucións e garantías”
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro en Tokio con membros da Japan External Trade Organization (Jetro), o organismo gubernamental que promove o comercio e o investimento no exterior
Tras a visita a Jetro, Lorenzana destacou que “existe un marco de traballo común en torno ao obxectivo de fomentar o investimento estranxeiro directo”, que considera clave para Galicia
Presentou a Oficina Económica como “porta de entrada única” para todos os investidores asiáticos que queiran establecerse na Comunidade coas vantaxes “dun mercado confiable e dun Goberno estable que apoia ás empresas”
A conselleira puxo en valor a presencia en Galicia que xa acreditan compañías niponas da talla de Denso Sistemas Térmicos (Vigo), Toyota (Vigo), NTT Data (A Coruña), Fujitsu (Santiago) e as pesqueiras Europacífico (Vigo), Nissui Corporation e Wadayku Europe (O Porriño), e proxectos de futuro como os de Univergy Solar (Vigo), Resonac (A Coruña) e Sojitz Corporation (A Coruña)
A conselleira de Economía e Industria reclamou desde Xapón ao Goberno de España a convocatoria das poxas de eólica mariña e o reforzo da rede de transporte eléctrico para que a enerxía producida en Galicia poida chegar a fogares e empresas
Resaltou que a parálise á que o Goberno está sometendo ao sector en España “é contraproducente á hora de captar novos proxectos de investimento que poden xerar riqueza na Comunidade”, como o que promove Elawan Energy
María Jesús Lorenzana tamén se reuniu en Tokio con representantes de Fujitsu Limited, compañía que colabora con Galicia no despregamento da computación cuántica e que mostrou interés en coñecer a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo aprobada recentemente polo Goberno galego
Nunha posterior recepción institucional na Embaixada de España en Xapón, a conselleira defendeu seguir fortalecendo as relacións comerciais entre Galicia e o país asiático, mercado ao que cada vez exporta de forma regular unha porcentaxe maior de empresas galegas
No acto na Embaixada española de Tokio participaron empresas galegas con traxectoria no país, como Adolfo Domínguez, Coren ou Trison, e compañías xaponesas con sede en Galicia
A conselleira de Economía e Industria asegurou no inicio da súa xira ao Xapón que “a estabilidade e a eficiencia” constitúen o mellor aval do Goberno galego para atraer investimentos
Confía no fortalecemento das relacións comerciais entre ambas economías, creando en Xapón un marco de expansión para as empresas galegas e en Galicia de atracción de proxectos promovidos desde o país asiático
En plena semana de Galicia na Expo de Osaka, María Jesús Lorenzana tamén visitará Tokio para manter varios encontros empresariais
A titular de Economía e Industria da Xunta subliñou na súa intervención no Día de Honra de Galicia o incremento de turistas e de peregrinos xaponeses que fan o Camiño de Santiago, preto de 1.500 en 2024 e 1.144 no que vai de ano
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reunirase con representantes de Fujitsu Limited, Orix Corporation e Inaba Foods, compañías de alto interese para a economía galega
Manterá un encontro con directivos da Japan External Trade Organization (Jetro), organización gubernamental dedicada a promover o comercio internacional con Xapón así como o investimento
Tamén está previsto un acto organizado pola Embaixada de España con empresas galegas establecidas no país asiático e con grupos xaponeses con instalacións en Galicia
Turismo de Galicia promocionará a Comunidade coa organización de actividades culturais e gastronómicas durante toda a semana
A directora do Igape, Covadonga Toca, expuxo no Parlamento que esta “xanela única de atención centralizada” está a ser un referente nos obxectivos de desburocratizar, simplificar e acompañar ás empresas en tempo real
Precisou que no primeiro ano de funcionamento, a Oficina Económica atendeu máis de 26.800 consultas, das que o 84% se resolveron no acto, levou a cabo preto de 1.300 reunións de asesoramento e está a acompañar máis de 330 proxectos de especial relevancia
Covadonga Toca indicou a próxima apertura dun punto permanente de atención en Madrid, na Casa de Galicia, orientado a empresas galegas que operan na capital e a investidores interesados en proxectos no territorio galego
A Oficina vén de reforzar a conexión coa rede internacional de antenas do Igape en Estados Unidos, China, México, Emiratos Árabes Unidos, Xapón ou Marrocos, mercados de especial relevancia para Galicia
Como novidades, a directora do Igape citou a incorporación de novos servizos especializados, como o climate proofing, e os Grupos de Traballo con Empresas, pioneiros para coordinar proxectos de gran envergadura
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, defende que no camiño cara á descarbonización da economía, a implantación deste modelo de cooperación e fomento do autoconsumo con fontes renovables pode resultar fundamental
Enfatiza que as comunidades enerxéticas locais son “un piar fundamental para paliar as desigualdades da poboación no camiño cara á transición e na loita contra a pobreza enerxética”
Pero lembra que as Administracións deben por a disposición da cidadanía as ferramentas necesarias para afrontar esa transición e fomentar a aposta por solucións innovadoras
Fernández Vila detallou que o Goberno galego dispón de varias liñas de axuda para favorecer o aforro enerxético e reducir a pegada de carbono, como a de mellora da planificación dos concellos e comunidades locais ou o programa para a mobilidade eléctrica MOVES III