Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

.Na entrega do `XVIII Premio Familia Empresaria de Galicia´, concedido a Hierros Añón, o presidente da Xunta precisou que este tipo de compañías representan o 92% do tecido produtivo galego e xeran o 85% de emprego

.Salientou a aposta do Goberno galego para atraer investimentos estratéxicos e apoiar “aos que moven o país e xeran riqueza”

.Enumerou iniciativas como a simplificación administrativa e o asesoramento personalizado na Oficina Económica de Galicia, a oferta de solo industrial a custo cero nos primeiros 8 anos e o uso da IA nas oficinas de emprego para casar oferta e demanda

.Alfonso Rueda indicou que compañías como a galardoada Hierros Añón son un exemplo de que “é posible medrar sen esquecer as orixes e a esencia”

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, destacou no Centro de Innovación da FP Eduardo Barreiros o compromiso do Goberno galego coa creación de oportunidades para emprendedores e pemes

  • Enxalzou o rol da rede galega de bussines factories, coas aceleradoras verticais no sector da automoción, aeroespacial e alimentación ou coa nova aceleradora no ámbito da economía circular e das solucións ambientais

  • No foro Modiña Lab puxo en valor a Oficina Económica de Galicia como punto de contacto de información e entrada para as iniciativas empresariais, e como nova forma de relacionarse co tecido empresarial galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no Modiña Lab, un evento centrado no mundo da moda e na súa relación co impulso da innovación e o emprendemento en Galicia e que tivo lugar no Centro da Innovación da Formación Profesional, Eduardo Barreiros, en Ourense. Este foro reúne aos principais axentes do ecosistema galego de innovación para abordar estratexias de modernización e apoio á industria, especialmente na área téxtil. Un marco no que Toca Carús puxo en valor a importancia de seguir promovendo a innovación e a colaboración público-privada para impulsar a competitividade e novas oportunidades de negocio en Galicia.

Neste contexto, a directora do Igape resaltou o papel da nova Oficina Económica de Galicia como canle única destinada a reducir a burocracia administrativa, e que actúa como punto de contacto de información e entrada para as iniciativas empresariais e proxectos industriais, facilitando información, asesoramento, acompañamento, apoio e acceso a financiamento; contando con persoal especializado de todas as áreas, entre elas a industrial.

Esta Oficina, que suma máis de 10.000 consultas atendidas desde a súa posta en marcha, ofrece así unha nova forma de relacionarse co tecido empresarial galego, permitindo reducir os tempos de tramitación tanto dos expedientes administrativos como dos pagos.

Así mesmo, durante a súa intervención, Toca Carús fixo fincapé no compromiso do Goberno galego coa creación de oportunidades para emprendedores e pemes, enxalzando a importancia da rede galega de bussines factories na que destacan as aceleradoras verticais no sector da automoción (BFAuto), aeroespacial (BFAero), no sector da alimentación (BFFood) ou a nova aceleradora no ámbito da economía circular e as solucións ambientais (BFClima Tech); e tamén VíaGalicia, emprendemento innovador multisectorial, especialmente no ámbito das TIC, agroalimetario ou téxtil, en colaboración co Consorcio da Zona Franca de Vigo.

  • Na clausura do X Encontro para Directivos/as Líderes `100 Consellos Santander´, situou como prioridades da Xunta para 2025 o respaldo ao tecido empresarial galego e o fomento de proxectos de colaboración público-privada para potenciar o desenvolvemento económico da comunidade

  • Remarcou a iniciativa da Administración autonómica consistente en ofrecer máis de 500.000 metros cadrados de solo empresarial sen custo durante os primeiros oito anos, para fomentar o establecemento de novos proxectos e fortalecer a economía

  • O presidente da Xunta reafirmou a demanda do Corredor Atlántico de Mercadorías, a mellora do transporte público de viaxeiros e a conexión por alta velocidade con Portugal

  • Tamén incidiu na importancia de “non quedarse atrás” nas grandes oportunidades que ofrecen as enerxías renovables

  • Covadonga Toca presentou no Parlamento as contas do Instituto para o vindeiro ano, que permitirán “avanzar cara a unha Galicia máis competitiva, sostible e preparada para os desafíos globais”

  • Remarcou que os orzamentos reforzan as liñas de apoio á transformación dixital e tecnolóxica, o financiamento empresarial e a atracción de investimentos

  • Con máis de 10.000 consultas atendidas e unha dotación que sobe a 6,2M€, a Oficina Económica de Galicia configúrase como unha nova forma “máis áxil, máis próxima e máis sinxela” de relacionarse co tecido produtivo

  • O Igape asigna máis de 33 M€ a programas para fomento da competitividade empresarial, entre eles 12 M€ para a segunda edición do Atracción de Empresas e 10 M€ para proxectos de pemes galegas

  • Continuará o apoio á dobre transformación dixital e sostible, cun investimento de case 5M€, mentres que a liña específica de apoio ás startups galegas estará dotada con 1,5M€

  • No ámbito da innovación, créanse as novas liñas “Tickets Innova 25” e “Igape Innova”, e xurde unha con 10 M€ que estará centrada na implantación de tecnoloxías de Intelixencia Artificial (IA) no tecido produtivo

  • A financiamento empresarial o Igape destinará 152 M€, un 45,4% máis que no exercicio anterior, para poñer en marcha novos instrumentos financeiros en coordinación con fondos de Xesgalicia, mobilizando o gasto empresarial e impulsando o crecemento económico de Galicia

  • María Jesús Lorenzana lembrou que no 2025 o Executivo central debería ter convocado e adxudicado o concurso para o nó de transición xusta das Pontes, e nin sequera está construída a subestación

  • No transcurso dunha intervención no Parlamento, preguntou ao Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico onde están os 1.400MW de evacuación do nó das Pontes

  • Rexeita que o Goberno de España decretase o peche das centrais térmicas sen acompasar os prazos de implantación das infraestruturas e proxectos, e sen garantir “unha transición xusta, ordenada e simplificada” para os traballadores e os territorios afectados

  • Como contrapunto, Lorenzana explicou que a Xunta xa presentou propostas ao Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021-2026 e reforzou esas peticións con reunións e comunicacións escritas ao Goberno central

  • A conselleira de Economía e Industria avanzou no Parlamento que esa medida vai garantir que a metade da enerxía xerada permaneza en Galicia e que quede fóra das flutuacións do prezo do gas

  • Ademais salientou o papel que vai desempeñar RDG Comercializadora Galega de Enerxía á hora de democratizar a figura dos contratos de compravenda de enerxía a longo prazo para as pemes e de ofertar electricidade máis barata aos veciños próximos aos parques nos que participe a sociedade Recursos de Galicia (RDG)

  • María Jesús Lorenzana tamén anunciou a aprobación dun novo Plan sectorial eólico de Galicia, logo de 20 anos de vixencia, e abordou a repotenciación dos parques que contan con aeroxeradores máis antigos, de xeito que en oito anos se reduza nun 80% o número de muíños na Comunidade

  • Engadiu que a a Xunta vai reformular o canon eólico e que esa actualización terá en conta tanto o número de aeroxeradores como a altura de cada un deles

  • Nesa mesma comparecencia no Pleno do Parlamento a conselleira enxalzou a previsión de convocar a finais de ano 60 dereitos mineiros (permisos de investigación) entre as catro provincias galegas, priorizando as materias primas críticas e os minerais estratéxicos

  • As representantes galegas no TOP 101 Recoñecementos ao Emprendemento con Impacto en España foron H2Dron Energy, Uarx Space, Muutech Monitoring, 10 Mets e Innogando

  • Covadonga Toca, directora do Igape, puxo en valor a importancia do emprendemento innovador como “chave do futuro económico de Galicia”

  • As cinco empresas galegas que pasan a contar co selo TOP101 Spain Up Nation beneficiáronse no encontro estatal dunha completa axenda de networking, sesións B2B con investidores e formación específica para o desenvolvemento empresarial.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia