Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

. A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na inauguración no Centro de Supercomputación de Galicia

. O computador, de 32 cúbits, estará aberto á investigación e á innovación de todos os sectores académicos e empresariais

. Pasa a ser o núcleo do Polo de Tecnoloxías Cuánticas que está a impulsar o Goberno galego co reto de colocar a Galicia nas primeiras posicións e de apoiar o ecosistema innovador e atraer talento investigador

. A infraestrutura supón un investimento de 13,9 millóns de euros, financiados pola Xunta de Galicia con fondos React UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

. María Jesús Lorenzana precisou que o novo computador cuántico do CESGA permitirá ás empresas, centros tecnolóxicos e grupos de investigación mellorar a súa competitividade e produtividade, a través dunha gran variedade de aplicacións transformadoras

. O uso destas tecnoloxías cuánticas impulsará a atracción de empresas, pola innovación que ofrece a todos os sectores, entre os que a conselleira nomeou a medicina, aeronáutica, biotecnoloxías e finanzas

. Para os requirimentos de persoal cualificado, ponse en marcha nas tres universidades galegas a primeira edición do mestrado en cuántica

• Nicolás Vázquez, secretario xeral de Industria, subliñou a importancia da creación de sinerxías na cadea de valor do sector, nun workshop organizado por Asime en colaboración coa Xunta

• É partidario de promover un debate “tranquilo e sosegado” que poña en valor as fortalezas de Galicia, como a capacidade de xeración renovable, o desenvolvemento industrial e loxístico en eólica offshore ou a competitividade do tecido empresarial

• Tamén incidiu na necesidade de consenso nas liñas vermellas da preservación dos ecosistemas mariños e da defensa do sector estratéxico da pesca

• O secretario xeral de Industria lembrou que o Observatorio de Eólica Mariña é o “punto de encontro” para identificar oportunidades e planificar o futuro

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente e co CEO da compañía, que conta con instalacións produtivas en Ponferrada

• Emobi Industries proxecta un investimento en Galicia para fabricar armazóns metálicas para sectores como a eólica mariña e a terrestre, eidos nos que a Comunidade galega ten a oportunidade de posicionarse

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación pechou a viaxe a México cun encontro co embaixador de España no país a cunha visita á empresa coruñesa Antea Group

• Logo de acompañar a unha vintena de empresas que buscan reforzar desde o mercado mexicano o seu posicionamento internacional afirma que o obxectivo “en que sectores industriais compartimos intereses para abrir novas oportunidades”

• Na visita ás instalacións da empresa galega Aludec, a conselleira de Economía, Industria e Innovación precisou que a industria do automóbil é un dos sectores que reúne máis posibilidades para o crecemento das relacións comerciais con México

• A automoción galega mantivo no último lustro un auxe de exportacións con destino ao mercado mexicano, cun valor económico de 102,5 millóns de euros en 2022

• Lorenzana puxo a Aludec como exemplo da aposta do sector por incrementar a fabricación de produtos de alto valor engadido desde a innovación nos procesos industriais

• A conselleira participou na reunión do Consello Consultivo para o Investimento do Estado de Puebla, onde fixo referencia á política da Xunta para a atracción de investimentos e ás oportunidades que xerará a transición enerxética

. A conselleira de Economía, Industria e Innovación foi a encargada de inaugurar o certame, que este ano prolongarase durante un mes na coñecida cadea mexicana de retail

. Nas vindeiras semanas, o produto galego e as empresas galegas que operan no país verán incrementada a súa promoción no mercado mexicano

. María Jesús Lorenzana lembrou na súa intervención que o 30 Aniversario da Quincena de Galicia coincide ademais co 30 aniversario do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

. No fortalecemento dos lazos económicos co exterior salientou iniciativas da Xunta como a de ofrecer seguridade, simplicidade e axilización na tramitación de novos proxectos

. En Cidade de México, a conselleira visitará a empresa Optare Solutions, TIC galega con sede central en Vigo que este mes celebra os dez anos de actividade da súa filial mexicana

 

 

 

- A conselleira de Economía, Industria e Innovación visitou na primeira xornada no país a empresa luguesa A Vida Group e a coruñesa Grupo Ramón García, ambas do sector contract

- Destacou que son dous dos exemplos de innovación e sustentabilidade das máis de 80 firmas galegas que están implantadas actualmente en México

- María Jesús Lorenzana salienta que este mercado que destaca na acción exterior do tecido empresarial galego recibiu en 2022 exportacións de 478 empresas galegas, por un valor de 326 millóns de euros

- A sectores consolidados como a automoción, o téxtil e o agroalimentario, a conselleira engade potencialidades en ámbitos como as infraestruturas, o contract, as telecomunicacións, o sector aeroespacial e o turismo

- A segunda xornada da viaxe a México inclúe unha visita á antena do Igape, a oficina de apoio ás empresas galegas con intereses de negocio no mercado mexicano

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia