Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, demandou un enfoque integral sobre as emisións de CO2 para impulsar a renovación do parque automobilístico e evitar a deslocalización da cadea de valor
  • Incidiu na flexibilización dos requisitos para os distintos segmentos de vehículos e usos, en especial nos de pequeno tamaño e nos comerciais lixeiros
  • A Xunta reitera o seu compromiso coa descarbonización da industria automobilística e reclama un marco regulatorio europeo adaptado á realidade do mercado

  • En 2024 permitiu que máis de 1.100 empresas galegas puidesen poñer en marcha novos proxectos ou consolidar os seus plans de negocio
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, salienta novidades desta edición como a flexibilización dos requisitos de xustificación, a rebaixa do tipo máximo de xuro ou a inclusión de operacións con tipo de interese fixo
  • Lorenzana enxalzou o apoio da Xunta a microempresas, pemes e autónomos durante unha visita á explotación O Castelo, en Cualedro, beneficiaria do Igape-Pemes en 2024

  • Alfonso Rueda, acompañado por membros do Goberno galego, reuniuse con alcaldes e alcaldesas de concellos que sufriron a vaga de lumes
  • O conselleiro Diego Calvo lembrou que os apoios están abertos desde o 1 de setembro e expresou o compromiso da Xunta para que “se reduza a burocracia na tramitación” e se axilicen os pagos
  • As axudas do Goberno galego están exentas de tributación e os beneficiarios poden solicitar na maioría das liñas anticipos do 100% do importe

  • As indemnizacións aprobadas no Consello extraordinario da Xunta celebrado en Ourense teñen prazo vixente desde o 1 de setembro
  • Galicia conta con 16 oficinas de atención aos afectados, nas que traballan 50 empregados públicos
  • As axudas por danos persoais a consecuencia dos incendios serán de 87.500 euros por falecemento
  • O paquete de medidas para impulsar a reconstrución das zonas afectadas pola vaga de lumes establece ata 132.000 euros para a rehabilitación de vivendas habituais e 66.000 para segundas residencias
  • A Xunta activou oito liñas de apoio dirixidas aos titulares de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais
  • Nas empresas con instalacións afectadas, as subvencións permitirán cubrir ata o 100% dos danos producidos, según a valoración do informe de taxación, cun límite de 600.000 euros por beneficiario
  • Só durante o mes de agosto, Galicia rexistrou 666 focos en 62 concellos, o que provocou a evacuación dunhas 400 persoas e o confinamento doutras 2.200

  • Despois de máis de 20 anos de vixencia do plan actual, Galicia poderá contar no prazo de tres anos cunha planificación sectorial adaptada ás tecnoloxías, ao potencial actual e ás modificacións lexislativas europeas
  • A Xunta eloxia “o procedemento transparente e aberto” para lexislar o sector eólico nos vindeiros anos, así como unha maior garantía ambiental para a cidadanía e para os promotores
  • Está prevista a constitución dunha mesa de traballo coas entidades máis representativas da eólica galega e dun grupo de traballo dependente da Mesa da Industria

  • Resultaron beneficiarias entidades representativas de sectores estratéxicos e emerxentes como a automoción, acuicultura, madeira, biotecnoloxía, audiovisual, economía circular, deporte, comunicación, sector TIC, naval, metal, téxtil e biomasa
  • As axudas, que foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva, poden alcanzar ata o 70% do custo subvencionable, cun límite máximo por proxecto de 400.000 euros
  • A través deste programa do Igape, a Xunta xa apoiou preto de 70 iniciativas de clústeres desde o lanzamento da liña, cunha achega pública que supera os 12 millóns de euros e un investimento mobilizado superior aos 20 millóns

  • A Xunta destina a esta liña de apoios 8,3 millóns de euros en 2025 e ata o momento leva recibidas máis de 200 solicitudes
  • Nunha visita ás instalacións do Grupo Internaco, en Ordes (A Coruña), a conselleira de Economía e Industria subliñou que o obxectivo do Goberno galego é “seguir impulsando a internacionalización da economía, mellorar a competitividade das empresas e xerar riqueza”
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia