O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que esta iniciativa busca “avanzar no proceso de descarbonización, aforrar custos enerxéticos para as empresas e fomentar o autoconsumo para blindar a seguridade eléctrica”
A auditoría da que resultou adxudicataria a firma Ghenova Ingeniería Group, con delegacións en Vigo e Ferrol, iniciarase en xuño e precisará 12 meses de traballo
De cara a identificar as mellores oportunidades de autoconsumo, incluirá un estudo dos recursos dispoñibles por cada parque empresarial e peirao en solar, eólica, biomasa, xeotermia e enerxías mariñas
As 3.000 industrias que presentan un maior consumo enerxético serán a base sobre a que pivote a auditoría, que incorporará ademais un exame de mobilidade e frotas en Galicia para deseñar solucións máis sustentables e eficientes
Alfonso Rueda avanzou que se vai despregar “unha plataforma dixital avanzada” que facilitará ás empresas e entidades situadas nos 193 polígonos industriais e 122 portos “plans personalizados para minorar a factura eléctrica a través dun servizo de asesoramento gratuíto”
O presidente da Xunta precisou que este ambicioso proxecto combinará a innovación tecnolóxica, a intelixencia artificial e a participación activa do tecido empresarial
En resposta a unha interpelación no pleno do Parlamento de Galicia, avanzou que o 26 de maio haberá unha segunda reunión cos sectores máis afectados para trasladarlles as bases dunha convocatoria de préstamos ao circulante de ata 1 millón de euros
A conselleira de Economía e Industria precisou que a Xunta vén mantendo reunións mensuais de seguimento co Ministerio de Economía, no Pleno Interterritorial de Internacionalización e tamén co ICEX e coa Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos
Ademais puxo en valor o “magnífico” ciclo exportador de Galicia, que en 2024 fixou un novo teito de vendas ao exterior por importe superior aos 31.000 millóns de euros
María Jesús Lorenzana detallou que as exportacións galegas con destino aos Estados Unidos, o undécimo mercado exterior para Galicia, rexistraron en marzo un incremento interanual do 41%
O grupo estatal chinés é o propietario da planta CITIC Censa do Porriño, referente internacional en caldeirería pesada e compañía con 60 anos de traxectoria
As conselleiras de Economía e Industria e de Medio Ambiente e Cambio Climático, María Jesús Lorenzana e Ángeles Vázquez, deron continuidade ao encontro do día anterior entre Alfonso Rueda e Xi Guohua, presidente de CITIC Group
Nas dúas recepcións á cúpula do grupo chinés abordáronse as oportunidades que se abren en sectores clave como a industria de alta tecnoloxía, o desenvolvemento de novos materiais, o urbanismo sustentable e os servizos financeiros
Alfonso Rueda enxalzou que Galicia ofrece seguridade xurídica e as máximas facilidades para estimular novas iniciativas empresariais a través de medidas como a Oficina Económica de Galicia ou as ZAPES (Zonas de Aceleración de Proxectos Empresariais e Só Industrial)
No Foro Axenda Atlántica, en Bilbao, no que participou xunto co lehendakari, Imanol Pradales, defendeu “un modelo de cogobernanza multilateral de igualdade” para todas as Comunidades, sen renunciar á corresponsabilidade en eidos como o do financiamento autonómico
O presidente da Xunta afondou en que o Eixo Atlántico precisa políticas activas que corrixan os desequilibrios históricos en materia de infraestruturas e servizos que en ocasións impiden o desenvolvemento industrial
Incidiu en que o Goberno galego está a estudar a solicitude de competencias en materia de permisos de traballo para persoas estranxeiras
Covadonga Toca expuxo no Parlamento de Galicia as actuacións do primeiro trimestre e salientou que “nunca antes se puxera tanto, tan pronto e con tanto foco a disposicións das empresas galegas”
O novo modelo financeiro activado polo Igape combina préstamos directos, liñas avaladas e subvencións de xuros, con máis de 115 millóns de euros mobilizados en recursos públicos
Galicia reforza a competitividade empresarial con programas que suman máis de 46 millóns, entre os que destacan a liña para atraer novos investimentos produtivos (12 millóns de euros) e a de apoio a startups (1,5 millóns), orientada a empresas emerxentes
A directora do Igape enxalzou as liñas pioneiras en innovación estratéxica, cun importe superior aos 15 millóns, dos que 10,2 millóns corresponden ao novidoso IA360 para a introdución da intelixencia artificial nas pemes
Tamén subliñou os 12,5 millóns destinados á internacionalización a través de programas como o Galicia Exporta Empresas ou o Foexga, aos que se suma a rede de Antenas empresariais do Igape, que este ano abrirá nova oficina en Brasil
Toca Carús lembrou a contribución de Xesgalicia, que no 2025 inxectará 22 millóns en investimentos, e precisou que a Oficina Económica de Galicia atendeu no seu primeiro ano -desde abril de 2024- 21.000 consultas e asesorou máis de 200 proxectos estratéxicos
Compromete o mantemento de apoios por tratarse dunha “industria fundamental” da economía galega e da fixación de poboación no medio rural
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou en Ourense a xornada `Arquitectura, construción e pizarra en Valdeorras´
Eloxiou o esforzo da industria mineira por incorporar as novas tecnoloxías, mellorar as condicións de seguridade e implicarse na restauración do entorno
A xornada foi inaugurada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid, quen animou a seguir traballando por unha industria estratéxica que representa o 27% das exportacións ourensás
Foi aprobada polo Consello da Xunta e permitirá “a nova creación ou a transformación substancial” dun cento de empresas, avanzou Alfonso Rueda
A Iniciativa Estratéxica de Aeroespazo, Seguridade e Defensa apoiarase en tres grandes programas de investimento e en 21 actuacións específicas, cunha dotación de 183 millóns de euros a cargo da Xunta
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destaca que a nova estratexia representa “unha extraordinaria oportunidade para xerar nova actividade económica e emprego de calidade” en Galicia
Está previsto impulsar catro novos contratos da Xunta con socios estratéxicos e tecnolóxicos con capacidade de tracción e cadeas de valor atractivas para o ecosistema galego
Outra medida, dotada con 84 millóns, aspira a promover cinco consorcios para a participación en proxectos de grande envergadura, con apoio a través da Oficina Económica do Igape ou mediante a concesión de axudas
Entre os retos da futura estratexia están impulsar o crecemento empresarial, materializar investimentos industriais en Galicia, fortalecer as capacidades produtivas galegas e liderar as novas políticas industriais neste eido en España