Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Os conselleiros de Emprego, Comercio e Emigración e de Economía e Industria participaron en Santiago no foro empresarial `Oportunidades de cooperación e investimento entre empresas galegas e chinesas´
  • José González salientou que Galicia actúa como “Administración facilitadora para o seu tecido empresarial, comprometida coa simplificación de trámites e acompañando ás empresas nos seus retos”
  • María Jesús Lorenzana puxo en valor a previsibilidade da economía galega, o equilibrio e a estabilidade financeira “grazas a un tecido empresarial resiliente” formado por máis de 190 firmas con presencia constante no mercado chinés
  • A conselleira precisou ademais que a porcentaxe de empresas galegas que son exportadoras regulares a China creceu ata chegar xa ao 43% do total das que realizan transaccións no xigante asiático

  • Alfonso Rueda e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitaron ás instalacións que promove en Curtis a compañía In Proteins for All
  • A nova planta, que creará 55 empregos directos, producirá proteínas a partir de legumes como fabas, garavanzos, lentellas ou chícharo mediante procesos de biotecnoloxía e química sostible
  • O investimento cifrouse en preto de 19 millóns de euros, cunha achega da Xunta que superou os 9,5 millóns
  • Rueda puxo en valor que esta infraestrutura supón un salto cualitativo para a industria agroalimentaria galega e posiciona a Curtis “como referente nacional na produción de proteínas”

 

  • O presidente da Xunta participou en Vigo nun encontro organizado por Ageinco, a Asociación Clúster de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia
  • Remarcou que Galicia non pode permitirse atrasos en obras básicas para vertebrar o territorio e garantir a igualdade de oportunidades, e avanzou que en 2025 xa se investiron 329 millóns en obra pública, case un 40% máis que no exercicio anterior
  • O titular da Xunta enxalzou a importancia de contar coa enxeñaría desde as fases iniciais dos proxectos para evitar riscos e atrasos, mellorar a redacción técnica e acadar mellores resultados cos mesmos recursos
  • Precisou que a Administración autonómica garante a participación da enxeñaría en proxectos clave de mobilidade, ordenación do territorio e transformación dixital

  • O nodo Conectivi.gal, iniciativa público-privada, establece tres grupos de traballo que estarán centrados na capacitación e retención de talento dixital, en dinamizar o despregamento no sector privado e na mellora da conectividade nas Administracións públicas
  • Forman parte do proxecto as tres universidades públicas de Galicia, as operadoras Telefónica, Vodafone e Orange, e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia
  • A Cidade da Cultura acolleu a primeira comisión de seguimento desta estrutura, que é unha evolución do Nodo de Cooperación 5G

  • A conselleira de Economía e Industria afirma que nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense atende as demandas do Goberno galego, mentres que en Lugo a rede de transporte de enerxía “non se reforza en ningún punto nin zona para o consumo industrial”
  • María Jesús Lorenzana advirte que a consecuencia para Lugo será que “durante o tempo que dure esta planificación non se poderá instalar ningunha mediana ou grande industria na provincia”, o que equivale a excluíla “do mapa industrial dos vindeiros anos”
  • Pero a conselleira xa avanza que “o Goberno de Galicia vai seguir loitando para que Lugo poida ter un futuro económico e industrial”
  • Lorenzana reuniuse en Madrid co secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard, e con responsables de Red Eléctrica Española (REE), para abordar a proposta de planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica para o período 2025-2030

  • A conselleira de Economía e Industria pechou a súa viaxe ao país con encontros na Oficina Comercial de España e na Antena do Igape
  • María Jesús Lorenzana enxalzou que todo proxecto con interese por instalarse en Galicia “vai atopar ao outro lado unha Administración coa man tendida e disposta a ofrecer solucións e garantías”

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro en Tokio con membros da Japan External Trade Organization (Jetro), o organismo gubernamental que promove o comercio e o investimento no exterior
  • Tras a visita a Jetro, Lorenzana destacou que “existe un marco de traballo común en torno ao obxectivo de fomentar o investimento estranxeiro directo”, que considera clave para Galicia
  • Presentou a Oficina Económica como “porta de entrada única” para todos os investidores asiáticos que queiran establecerse na Comunidade coas vantaxes “dun mercado confiable e dun Goberno estable que apoia ás empresas”
  • A conselleira puxo en valor a presencia en Galicia que xa acreditan compañías niponas da talla de Denso Sistemas Térmicos (Vigo), Toyota (Vigo), NTT Data (A Coruña), Fujitsu (Santiago) e as pesqueiras Europacífico (Vigo), Nissui Corporation e Wadayku Europe (O Porriño), e proxectos de futuro como os de Univergy Solar (Vigo), Resonac (A Coruña) e Sojitz Corporation (A Coruña)
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia