Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

Lorenzana destaca que o novo Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Applus en Sada contribuirá a fortalecer a cadea de valor da automoción galega

  • O proxecto cifra o investimento en 6,8 millóns de euros, creará unha vintena de postos de traballo e prevé a apertura para finais de 2026
  • A conselleira de Economía e Industria enxalzou esta iniciativa da concesionaria das ITV en Galicia, ao coincidir “cun momento no que estamos apostando, insistindo e poñendo todos os esforzos nunha política industrial que atraia proxectos empresariais verdes que consoliden unha industria de alto valor tecnolóxico”
  • Considera unha “moi boa noticia” constatar que o sector empresarial percibe a Xunta “como unha Administración facilitadora e amigable para o investimento”
  • Lorenzana asegura que as actividades de I+D+i no sector son clave para afrontar os retos da electrificación, a condución autónoma e a nova mobilidade

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, salientou que o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Applus en Galicia, que se construirá no concello de Sada (A Coruña), vai contribuír a fortalecer a cadea de valor do sector da automoción. Lorenzana participou na presentación deste proxecto que, segundo detallou a empresa, supón 6,8 millóns de euros de investimento, a creación dunha vintena de postos de traballo e a súa entrada en funcionamento no último trimestre de 2026.

“Nun momento en que estamos apostando, insistindo e poñendo todos os nosos esforzos nunha política industrial que atraia proxectos empresariais verdes que consoliden unha industria de alto valor tecnolóxico, para a Xunta de Galicia é moi importante que poidamos presentar unha iniciativa coma esta”, subliñou a conselleira de Economía e Industria. Durante a súa intervención, considerou “unha moi boa noticia ver que se nos percibe como una Administración facilitadora e amigable para o investimento”, para destacar o papel que tamén desempeñan os concellos á hora de canalizar a demanda empresarial: “Somos unha comunidade autónoma que proxecta estabilidade e confianza aos empresarios”, asegurou.

María Jesús Lorenzana explicou que este proxecto nace no marco da concesión que a empresa ten para a xestión das ITV en Galicia e vai achegar o que máis necesita esta industria neste momento, que é I+D+i para afrontar os retos da electrificación, a condución autónoma e a nova mobilidade con solucións innovadoras para a inspección técnica de vehículos.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia