A resolución, xa publicada no DOG, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa á Consellería de Economía e Industria para decidir sobre a súa autorización definitiva
A Xunta matiza que a culminación dos trámites ambientais e as correspondentes resolucións favorables non eximen ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que sexan legalmente exixibles
Biofibras de Galicia proxecta situar as súas instalacións no antigo parque de carbóns da central térmica das Pontes, cunha liña de reciclaxe de papel e cartón e outra de fabricación de pasta de celulosa, e co obxectivo de producir 100.000 toneladas/ano
A súa construción permitirá subministrar enerxía verde e competitiva á planta de produción de silicio metálico de Ferroatlántica en Sabón (A Coruña)
Ademais a instalación inclúe un plan de acción, froito da Lei de recursos naturais, que beneficiará a preto de 46.000 habitantes de 17 concellos, con descontos na factura de luz e gas que poden chegar aos 300 euros anuais
Alfonso Rueda lembra que a sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) avala a tramitación dos parques en Galicia e destaca que está “en plena sintonía” coa política enerxética da Xunta de Galicia
A Comunidade conta actualmente con 193 parques eólicos cun total de 4.020,9 MW de potencia instalada, e hai ademais 92 parques autorizados e paralizados xudicialmente, que suman máis de 2.497 MW
A primeira liña está dirixida a pemes que poñan en marcha plans de innovación en procesos e organización, e a segunda é para deseño da innovación e sustentabilidade en todo tipo de empresas
Os apoios cubren ata o 50% dos custos subvencionables, co límite de 125.000 euros para as pemes e de 100.000 para as grandes empresas, e permiten un anticipo de ata o 70% do importe concedido
O Igape Innova recibiu máis dun cento de solicitudes, o que tal e como destaca a Xunta constata o forte interese do tecido empresarial galego por innovar e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e de sustentabilidade
Xunto con iniciativas como a liña IA360 ou o Ticket Innova, este programa contribúe a crear un ecosistema máis sólido, colaborativo e orientado á xeración de valor engadido, fomentando ademais a cooperación entre empresas e centros de coñecemento
Con esta actuación crearanse 886.500 metros cadrados de solo industrial nun recinto esgotado no que tan só hai unha parcela dispoñible
Enmárcase no obxectivo do Goberno galego de acelerar e intensificar a oferta de solo a disposición das empresas en concellos e comarcas con posibilidades de continuar co desenvolvemento económico
A Xunta ten en marcha outras catro actuacións en parques empresariais da provincia de Ourense: as ampliacións en San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz e O Pereiro de Aguiar e as obras de urbanización en Xinzo de Limia
Lembra que a Xunta defende un modelo de desenvolvemento no sector que combine rendemento económico, responsabilidade social e protección ambiental
O presidente da Xunta vinculou a louxa coa Lei de Recursos Naturais, ao igual que a produción hidráulica ou a eólica, no desafío de que os beneficios revertan no territorio e na calidade de vida das persoas
Durante unha visita á mina A Fraguiña, acompañado pola Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, precisou que a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para a investigación sumou un total de 51, dez deles na provincia de Ourense
A conselleira de Economía e Industria fixo este anuncio na visita ás empresas tecnolóxicas Binaria e Sinerxia, en Ames, onde destacou a elevada demanda que está tendo esta novidosa liña de apoios
O DOG publicará nos vindeiros días a ampliación do orzamento, que inicialmente estaba fixado en 10 millóns de euros
María Jesús Lorenzana considera fundamental “apoiar e acompañar ás empresas que aportan solucións tecnolóxicas avanzadas á industria para incrementar a súa competitividade”
Lembrou o compromiso do Goberno galego coa transformación dixital, con iniciativas como a creación no Igape dunha área específica de innovación dotada con máis de 80 millóns de euros
Os avances na Fase IV desta infraestrutura, que permitirá o regreso da oferta de solo empresarial á comarca do Deza, foron analizados pola conselleira de Economía e Industria e o alcalde de Lalín
O proxecto de urbanización foi aprobado polo Concello de Lalín, en setembro está prevista a aprobación do documento final e a ampliación licitarase no cuarto trimestre deste ano
As actuacións que ten en marcha a Xunta para dotar á provincia de Pontevedra de máis solo industrial aumentarán as dotacións actuais en case 3 millóns de metros cadrados