Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A aceleradora da agroalimentación galega busca captar proxectos novedosos que dean resposta aos actuais retos da economía global
  • Covadonga Toca, directora do Igape, destacou na apertura da BFFood que esta lanzadeira de empresas “forma parte dunha estratexia máis ampla da Xunta” que inclúe a BFAuto (automoción), BFAero (aeronáutica) e a BF ClimaTech (economía circular)
  • Remarcou a aposta do Goberno galego por campos como a agricultura de precisión, a dixitalización da cadea alimentaria ou a produción de alimentos intelixentes

  • Logra da Xunta de Galicia esta distinción que vai supoñer que o concello e as pizarreiras reciban unha puntuación superior nas convocatorias públicas ligadas á minería
  • Ademais Carballeda de Valdeorras terá prioridade nas colaboracións para o desenvolvemento do sector e a posta en valor do patrimonio mineiro
  • A conselleira de Economía e Industria mantivo unha xornada de traballo co Clúster da Pizarra e visitou as instalacións de Pizarras del Valle e Vazfer
  • María Jesús Lorenzana avanzou que desde o 9 de abril xa se poderán solicitar as axudas para fomentar a sustentabilidade na actividade industrial dos recursos naturais, cun orzamento de 2,4 M€
  • A metade das explotacións de lousa ornamental existentes en España están en Galicia, así como máis da metade dos postos de traballo que xera esta actividade

  • O orzamento para o período 2025-2026 é de 10 millóns de euros, con apoios que oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros para serradoiros e rematantes
  • Desde que se puxeron en marcha no ano 2018, a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) concedeu 624 axudas por importe de 56,6 millóns de euros, máis do 75% nas provincias de Lugo e A Coruña
  • O programa actual inclúe como novidade unha liña para a medición e trazabilidade do inventario forestal de Galicia e da madeira aproveitable
  • A conselleira de Economía e Industria, que se reuniu con representantes de cinco dos maiores serradoiros de piñeiros, destaca que son axudas necesarias para a competitividade dun sector que abrangue máis de 3.000 empresas e que afronta “retos como o peche de ciclos ou a extensión dos novos usos da madeira”

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo con representantes da embaixada e das economías de Ohio, Virginia, Carolina do Norte, Carolina do Sur, Texas, Indiana e Pensilvania
  • Tamén participaron membros da Asociación de Industrias do Metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime), entidade que promoveu a visita da delegación procedente de Estados Unidos
  • Na xuntanza transcendeu o potencial investidor existente en sectores como a construción, as enerxías renovables, o aeroespacial e a industria alimentaria
  • Lorenzana destacou a recente posta en marcha dun observatorio de vixilancia das políticas comerciais, a través da antena do Igape en Estados Unidos, para asesorar ás empresas galegas e ofrecer apoio técnico e información estratéxica
  • Galicia é a quinta Comunidade por volume de exportacións ao mercado estadounidense, con 800 millóns de euros en 2024

 

  • No acto de aniversario desta “canle privilexiada e rápida”, Alfonso Rueda afirmou que “supuxo un salto cualitativo” na redución da tramitación burocrática de proxectos e investimentos
  • A Oficina Económica do Igape asesorou no seu primeiro ano preto de 200 proxectos de especial relevancia, atendeu case 19.000 consultas e mantivo 865 reunións con empresas
  • Rueda lembrou que a Xunta ten en marcha dúas liñas para a redución de trámites: a de dixitalización dos procesos e a de axudas directas a emprendedores, autónomos e pemes

  • A conselleira de Economía e Industria solicitou o respaldo de todos os grupos políticos para presentar emendas ao Proxecto de Lei aprobado no mes de decembro
  • Asegura que o texto non garante que os proxectos industriais de Galicia -e do resto do Estado- teñan a interconexión eléctrica necesaria, xa que a Lei non contempla que as redes de transporte e distribución actuais son insuficientes para evacuar a electricidade prevista nos obxectivos de cara a 2030
  • María Jesús Lorenzana matiza que tampouco está garantido o apoio á industria electrointensiva e que a participación das comunidades autónomas “queda rebaixada á minima expresión”
  • Destaca que a Xunta leva aprobado un proxecto industrial estratéxico, o de Forestal del Atlántico en Mugardos, e que outros 13 están en diferentes fases de tramitación, cun investimento conxunto de 2.200 millóns de euros
  • A conselleira remarca que os das Pontes e Ferrol están esperando a construción de dúas subestacións, mentres que para os de Meirama, Curtis ou A Coruña “actualmente non hai previsión ningunha na planificación da rede de transporte”

  • Cando supere esa condición poderá ter acceso a axudas públicas e a outras vías de financiamento, e “comezará a funcionar no mercado económico con normalidade”, afirma a conselleira de Economía e Industria
  • María Jesús Lorenzana participou en Madrid nunha nova reunión do comité de seguimento de Alcoa, a primeira tras a sinatura do memorando entre Xunta, Goberno central, Alcoa e Ignis
  • A conselleira salienta o “compromiso absoluto” coa planta de San Cibrao e cos máis de 1.000 traballadores e as súas familias
  • Lembra que aínda quedan “fitos por cumprir”, como o desbloqueo por parte do Goberno central dos parques eólicos que lle van garantir á factoría unha subministración de enerxía a prezos máis baixos
  • “É clave conseguir abaratar os custos fixos que ten a compañía, e traballar para que a fábrica poida continuar desenvolvendo a súa actividade”, advirte Lorenzana
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia