Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

Grupo Ramón García

• A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou as instalacións da compañía en Ordes e enxalzou que o contract galego esté presente en máis de 100 países acompañando a empresas galegas que teñen impulsado diferentes proxectos construtivos

• Detallou que o Grupo Ramón García confirma a forte internacionalización do sector, ao operar en 70 países e contar desde hai unha década cunha instalación produtiva en México

• “As compañías galegas que traballan na canle contract teñen adquirido experiencia e habilidades, ofrecendo os seus servizos a todo o mundo, e convertendo Galicia nun referente internacional”, destacou a directora do Igape

Renovables en Galicia

• Por primeira vez, Galicia conta con apoios específicos para iniciativas que teñen como finalidade a produción de hidróxeno de orixe renovable e de biogás e biometano

• O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 21 de febreiro, nunha convocatoria que aspira a mobilizar ao redor de 15 millóns de euros

• As axudas, de concorrencia competitiva, están dirixidas a empresas e autónomos, cunha cuantía máxima por proxecto de 2,5 millóns de euros no caso do hidróxeno renovable e de 2 millóns para biogás e biometano

• Como requisito común, as iniciativas presentadas deberán destinar unha parte do gas renovable ao autoconsumo enerxético

• Esta nova liña de axudas enmárcase na Axenda Enerxética de Galicia e contribuirá a seguir avanzando na transición enerxética e na loita contra o cambio climático grazas á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro

MARÍA JESÚS LORENZANA

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación visitou na Coruña este centro, o único laboratorio oficial público de Consumo en toda España que conta coa acreditación ENAC

• En 2023 analizou arredor de 600 mostras e detectou 91 artigos inseguros que foron comunicados á Rede de alerta nacional, entre eles 19 punteiros láser e 18 xoguetes

• A campaña de Nadal centrouse en analizar produtos como xoguetes para menores de 3 anos, xogos con proxectís e grilandas, entre outros

•  Pola súa banda, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, a través da Escola Galega de Consumo, está a desenvolver o programa Infonadal, no que máis de 1.400 persoas participan en preto dun cento de actividades

Transporte público

• Matizou que a medida prodúcese “con independencia” de que o Goberno central manteña ou non o desconto estatal no vindeiro ano e recriminou que a estas alturas os usuarios descoñezan se van poder desfrutar das bonificacións estatais do transporte por estrada, urbano e interurbano

• “Con independencia de que o Goberno central axude ou non axude, a xente non pode seguir esperando”, remarcou o presidente da Xunta

• Engadiu que grazas á “estabilidade e eficacia” de ter xa aprobados os Orzamentos autonómicos, a Xunta pode “suplir as lagoas” do Goberno central e prorrogar o desconto do 50% que vén aplicando desde setembro de 2022

• Estas bonificacións téñense estendido a 23 millóns de viaxes, cunha estimación de 27 millóns a 31 de decembro, beneficiando a máis do 77% dos viaxeiros do transporte público de Galicia

• Alfonso Rueda adianta que no vindeiro Consello da Xunta será aprobado o Proxecto de lei de recursos naturais de Galicia

Orzamentos Galicia

• O teito orzamentario máis alto na historia da Comunidade garante o crecemento estable, consolida todas as rebaixas de impostos en vigor, con novos incentivos fiscais, e reforza o gasto social e os investimentos

• Ademais, os presupostos do vindeiro exercicio non xeran débeda, ao non recorrer ao endebedamento por primeira vez en 16 anos

• Inclúen o maior gasto social da historia de Galicia, cunha dotación económica que se achega aos 10.000 millóns de euros

• Potencian o investimento produtivo, ao destinar máis de 2.800 millóns de euros, un 2,4% máis que no 2023 • Galicia é a Comunidade con menor incremento da débeda desde o ano 2008 e destaca entre as de menor necesidade de esforzo para a consolidación fiscal

Empregados públicos

• Participou no acto de entrega da quinta edición dos `Premios ao empregado/a público/a innovador´, acompañado polos conselleiros de Facenda e de Economía, Industria e Innovación

• Definiu a Xunta, con máis de 100.000 empregados públicos, como a organización de Galicia “máis potente” por número e impacto da prestación de servizo público

• Nesta edición dos premios, á que se presentaron 24 solicitudes de 10 consellerías, houbo distincións para un mapa térmico das cidades galegas apoiado no uso de drons e para unha iniciativa de control da avespa velutina

Galicia Calidade

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, precisou na presentación do Balance de Galicia Calidade 2023 que nos últimos 12 anos se multiplicou por 5 o número de entidades certificadas e por 6 o de produtos e servizos ofrecidos baixo este selo distintivo

• Salientou que as empresas que levan esta marca conseguiron superar en tan só dous anos os efectos da crise da Covid-19 e mellorar os resultados prepandemia, con incrementos de ingresos e de xeración de emprego

• Entre 2019 e 2022 crearon 3.000 novos postos de traballo e contan xa cunha plantilla media formada por 70 empregados

• Ao peche de 2022, Galicia Calidade englobaba 168 entidades adheridas e un total de 855 produtos ou servizos certificados

• No exercicio pasado alcanzaron unha facturación de 5.360 millóns de euros, un 27,3% máis en comparación con 2019 e un 21% máis que en 2020

• Lorenzana salientou que preto do 80% das sociedades certificadas teñen actividade exportadora, en máis de 65 países, onde obteñen de media o 15% da súa cifra de negocio total

• De feito, as exportacións das empresas que empregan o selo distintivo Galicia Calidade creceron un 72% entre 2020 e 2022, a máis do dobre de velocidade que o conxunto das empresas exportadoras da Comunidade (32,2% de incremento)

• A conselleira afirmou que o estudo constata a consolidación de Galicia Calidade como marca de garantía da economía galega, e ademais con ampliación do ámbito de certificación a sectores como a hostalería, os viveiros, as instalacións náuticas, a xeotermia e a outras actividades industriais O balance anual adianta que o 80% das firmas certificadas prevé pechar o 2023 con crecementos positivos en vendas e emprego, e que o 92,5% espera facelo tamén en 2024

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia