Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Na súa intervención no acto de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2026 que concede Aega-Cat, puxo en valor o galeguismo “aberto e integrador” e rexeitou calquera trato discriminatorio con respecto a outras Comunidades
  • O presidente da Xunta eloxiou que Galicia teña pasado de ser “unha terra de emigración a unha de acollida” e a protagonizar investimentos de líderes mundiais, en referencia ao xigante chinés da automoción SAIC
  • Nesta edición, a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña distinguiu ao traumatólogo ourensán Manuel Leyes, á escritora Espido Freire, ao xornalista Javier Casqueiro, ao empresario José Luis Blanco, á piragüista Teresa Portela e á Fundación Barrié

  • Por primeira vez, o encontro con potenciais investidores celebrouse fóra de Galicia, na sede madrileña da Oficina Económica de Galicia
  • Aos participantes da sétima edición de BFAero sumáronse startups xurdidas de convocatorias anteriores, entre elas Kreios, Aguia e Vig-Sec Drone
  • A conselleira de Economía e Industria destacou a organización do Investor´s Day na capital de España: “É fundamental que poidamos utilizar a nosa Oficina Económica como escaparate de todo o que se fai en Galicia para atraer investimento”
  • María Jesús Lorenzana relatou que no ámbito do aeroespazo, Galicia iniciou un sistema de compra pública innovadora no que é pioneira en España e que, xunto con BFAero, “nos vindeiros anos pode darnos grandes alegrías”
  • Ademais avanzou que os grandes acordos marco da Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo priorizarán, como destacada novidade, a fabricación na Comunidade galega

  • Na presentación do Plan director 2026-2028 fixou como obxectivos “facer crecer e conseguir empresas de maiores dimensións para que a industria TIC mellore a empresa non tecnolóxica en Galicia”
  • A conselleira de Economía e Industria tamén citou como retos incentivar proxectos de colaboración de I+D+i en tecnoloxías cuánticas e en intelixencia artificial, e elaborar unha estratexia do dato no sector público autonómico
  • A nova planificación sectorial da Xunta destina 62 millóns de euros en axudas ata o ano 2028 e contén 77 medidas de impulso
  • O ecosistema TIC galego creceu un 21% desde 2020 e as 3.100 empresas con actividade en Galicia xeran preto de 23.500 empregos

  • Na clausura da xornada `Galicia: territorio estratéxico para unha minería de vangarda´, asegurou que os concursos representan “unha aposta polo coñecemento e a ordenación do territorio”
  • A conselleira de Economía e Industria vinculou a nova estratexia industrial da Xunta coa Lei de recursos naturais, unha norma “profundamente galega, que entende ben que é Galicia e o que queren os galegos”
  • “O que perseguimos é sempre o mesmo: máis industria, máis innovación, máis emprego e máis oportunidades. E iso tamén explica a importancia de ámbitos como San Finx, Corcoesto ou Santa Comba”, argumentou.

  • Rueda sinalou que outros retos son ampliar ata 200 as entidades e empresas que operan en Galicia, incrementar nun 30% a facturación anual e duplicar o investimento privado
  • Na presentación da nova Estratexia de Biotecnoloxía, o presidente da Xunta asegurou que Galicia xa conta cun sector sólido e maduro e que, con esta folla de ruta, búscase converter á Comunidade nunha biorrexión referente en Europa
  • Actualmente o sector engloba en Galicia 162 empresas -das que máis de 60 son 100% biotecnolóxicas-, 5.600 traballadores e unha facturación anual de 2.000 millóns de euros
  • A Estratexia 2026-2030 conta cun orzamento de 805 millóns de euros e inclúe axudas directas para proxectos de I+D+i en biotecnoloxía, unha aceleradora de empresas e o Biopolo da Sionlla, en Santiago

  • O presidente galego referiuse a Inditex como “un referente que leva a moda galega por todo o mundo” e lembrou que Galicia xera a terceira parte das exportacións nacionais do sector

  • O novo edificio situado no complexo de Inditex en Arteixo alberga os equipos de deseño, patronaxe e perfís comerciais da marca, nun centro de 170.000 metros cadrados conectado coa sustentabilidade e a eficiencia

  • Na inauguración da nova sede da empresa na Coruña, o presidente da Xunta enxalzou á compañía por converterse “nunha parte moi importante” da identidade galega
  • Alfonso Rueda citou medidas de impulso no eido empresarial e industrial, como o apoio a novos proxectos e tecnoloxías, os programas de axudas ou iniciativas en materia de cualificación, como as microformacións ou a FP Dual
  • Recordou ademais que a Xunta xa iniciou proxectos para crear 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial ata o 2030, cifra que equivale ao total de superficie empresarial posta en marcha desde os anos 80
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia