Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A presentación de resultados, que tivo lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, incluíu un evento de intermediación sobre tecnoloxías emerxentes
  • A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, destacou que a Xunta vén de lanzar unha convocatoria de axudas por importe de 1,5 millóns para incentivar que as empresas galegas operen nas industrias da defensa e da seguridade
  • Precisou que esta convocatoria constitúe a primeira liña de axudas que se lanza no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazon (Iasde)

  • Tamén demanda unha regulación harmonizada en España e sinala que a Xunta está a traballar para que os Certificados de Aforro Enerxético sexan un mecanismo “sinxelo, accesible e útil”
  • Avanza que a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os orzamentos de 2026, que previsiblemente se aprobará no Parlamento a vindeira semana, inclúe modificacións lexislativas que favorecen a monetización de actuacións de eficiencia enerxética no sector público autonómico
  • A conselleira de Economía e Industria lamenta que o novo sistema se concibise sen partida orzamentaria para as Comunidades autónomas, excepto para crear unha plataforma que segue sen estar operativa

  • Na inauguración da cátedra de internacionalización `Luis Fernández Somoza´ da Universidade da Coruña, plantexou que o reto compartido co tecido produtivo “é transmitir, explicar e facer que a cidadanía perciba cada proxecto como propio”
  • Avogou pola colaboración e o traballo coordinado entre empresas e Administración: “Non pode existir unha parcela pública e outra privada; o mundo xa non funciona así”
  • A conselleira de Economía e Industria remarcou a relevancia de crear seguridade xurídica, política e social para non disuadir o investimento empresarial

  • Alfonso Rueda e María Jesús Lorenzana participaron en Santiago no acto de celebración do centenario da Cámara Oficial de Minaría de Galicia
  • O presidente da Xunta destaca a aposta do Goberno autonómico por un sector mineiro “moderno, sostible e estratéxico”, que ganará peso coa Lei de recursos naturais e coa Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia
  • Fai fincapé no potencial da Comunidade na explotación dos minerais críticos, que son básicos para sectores tan puxantes como a tecnoloxía, as ferramentas dixitais, a automoción ou as enerxías renovables
  • Dentro da Estratexia de seguridade industrial, a Xunta aplicará o vindeiro ano un Plan de inspección mineira que regulará visitas ás instalacións produtivas para avaliar o seu estado respecto ao proxecto inicial

  • Nun encontro en Betanzos con novos traballadores de Gadisa beneficiarios desta iniciativa da Xunta, destacou a importancia da colaboración público-privada para “mellorar as oportunidades” dos retornados e “garantir a súa integración”
  • No marco do Retorna Cualifica Emprego, a Administración galega facilita o regreso de menores de 55 anos, ofrecéndolles un posto de traballo estable, axudas para o acceso temporal ao alugueiro, así como facilidades e acompañamento ao longo de todo o proceso
  • Na segunda edición, agora culminada, foron seleccionadas 200 persoas cunha idade media de 35 anos, distribuídas en 46 concellos e incorporadas a 71 empresas
  • Ao grupo de traballadores beneficiarios hai que sumar as preto de 160 persoas acompañantes, xa que unha alta porcentaxe dos participantes regresa coa súa familia, o que eleva a dimensión social e integradora do programa
  • O Retorna Cualifica Emprego forma parte da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, que conta cun orzamento de 450 millóns de euros, co obxectivo de facilitar o regreso de 30.000 galegos nese período de tres anos

  • Nun encontro organizado en Santiago por Women in a Legal World (WLW), advertiu que “estamos nun momento en que está en risco a separación de poderes consagrada na Constitución”
  • A conselleira de Economía e Industria remarcou que “as políticas públicas teñen que nacer da seguridade xurídica, dunha boa planificación, da transparencia e dun profundo respecto pola legalidade e polos dereitos das persoas”

  • Alerta que en Galicia “existe un problema coa rede de transporte para consumo e, tamén, para evacuación”, ata o punto de paralizar parques eólicos porque non poden evacuar a enerxía eólica que están a producir
  • A conselleira de Economía e Industria avoga por que se modifique a Lei do sector eléctrico para que a rede funcione como un sistema dinámico e o seu reforzo se faga en función da demanda industrial
  • A nova planificación eléctrica presentada polo Goberno, “en Galicia solventaría unha parte do investimento industrial previsto se estivese mañá, pero o sistema exixe unhas tramitacións e ata dentro de cinco, seis, sete ou oito anos non imos ver esas subestacións e eses reforzos”, advertiu
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia