A conselleira de Economía e Industria participou na presentación da cátedra en sistemas aéreos autónomos que Indra vai impartir na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense
Esta iniciativa ligada á especialización académica contribuirá ao obxectivo de aproximar a formación universitaria ao mundo profesional e a facer visibles novas posibilidades laborais en ámbitos de alto valor engadido
A nova cátedra achegará o alumnado aos desafíos reais aos que se enfrontan estes sectores tecnolóxicos e fará de ponte entre investigadores, startups tecnolóxicas, pemes galegas e empresas tractoras
A directora do Igape, Covadonga Toca, puxo en valor a evolución das relacións comerciais de Galicia con este destino de Oriente Medio que xa conta con preto de 300 firmas exportadoras galegas
No 2025 asinaron exportacións por un valor económico de 79,6 millóns de euros, cun crecemento acumulado do 40% en seis anos
Salientou o papel da Antena do Igape en Emiratos Árabes Unidos como ferramenta para facilitar a entrada das compañías galegas na rexión, en sectores como a alimentación, o téxtil, a saúde, as TIC, a industria, a enxeñaría ou a defensa
Covadonga Toca avanzou que a rede de Antenas, establecida xa en seis mercados internacionais, está a piques de ser ampliado con novas aperturas en Brasil e Arxentina
Na apertura da XXVII edición da Feira Internacional de produtos do mar conxelados salientou que esta gran cita sectorial consolida a Vigo “como o verdadeiro porto base dos negocios globais, vencellados ao mar, nos cinco continentes”
Lembrou que Galicia é líder ao concentrar o 34% das empresas de transformación de produtos pesqueiros de España e o 48% da facturación total
Reiterou o compromiso da Xunta cun “sector clave” para a economía galega: “Sempre imos remar a favor dos nosos produtos pesqueiros. Aquí está gran parte do noso futuro e da nosa economía”
O Goberno galego exixe medidas a nivel europeo para garantir a futuro a viabilidade e sostenibilidade da pesca no continente e para manter a soberanía e seguridade alimentaria en Europa
O presidente da Xunta mantivo un encontro con Alex Ellis no marco do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, no que destacou a solidez dos intercambios bilaterais e a fortaleza dos lazos comerciais, turísticos e culturais entre ambos territorios
Abordaron as oportunidades de cooperación económica e industrial existentes en sectores estratéxicos como a automoción e compoñentes, agroalimentación, industria naval, enerxías renovables e biotecnoloxía
Alfonso Rueda convidou ao embaixador a aproveitar o Xacobeo 2027 para seguir estreitando vínculos e acollendo a miles de visitantes procedentes das illas británicas, sexto lugar de procedencia de peregrinos, con máis de 13.000 compostelas no que vai de ano
Na mesa de diálogo con Imanol Pradales e con Salvador Illa, dentro do VIII Foro La Toja-Vínculo Atlántico, Rueda reivindicou a aposta do Goberno galego por construír máis vivenda pública e desenvolver solo para novos inmobles
Precisou que Galicia terá nesta lexislatura 4.000 vivendas públicas máis, todas elas en marcha, e que xa se está desenvolvendo solo para a construción de 20.000 fogares máis a prezo social
En referencia ao Goberno central, rexeitou que se poñan en marcha medidas que xa teñen demostrado ser ineficaces, e que ademais xeran inseguridade xurídica no mercado
O presidente galego incidiu en que sen un financiamento xusto non haberá cohesión territorial: “Non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco poderiamos admitir ser menos, e iso é cohesión”
Reivindicou “a vixencia e a necesidade do Estado autonómico e a descentralización ben plantexada”, e incidiu en que manter un nivel de servizos públicos de calidade require de financiamento
A conselleira de Economía e Industria advertiu que as tensións xeopolíticas e os problemas nas cadeas de subministración reforzan a necesidade de dispoñer de capacidades industriais propias
“A industria que logre integrar sustentabilidade, tecnoloxía e innovación será a mellor preparada para crecer, atraer investimento e xerar emprego de calidade no futuro”, argumentou Lorenzana na presentación do Plan director sectorial
Na fase de ampliación sumará preto de 231.000 metros cadrados, co que pasará a contar cun total de 832.000 no ano 2028
O contrato do proxecto de expropiación ten un prazo de execución de 18 meses e inclúe toda a tramitación necesaria para a adquisición das fincas
A ampliación do Parque de Pereiro conta cun orzamento de 19,8 millóns e está enmarcada na aposta da Xunta por aumentar o solo empresarial da provincia, onde ten en marcha actuacións por 126 millóns de euros para crear máis de 2,8 millóns de metros cadrados de superficie industrial ata 2030