Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A resolución do anterior concurso sairá publicada no DOG e no BOE os vindeiros días e ten rexistradas 20 solicitudes, 18 para a provincia da Coruña e 2 para a de Ourense
  • A conselleira de Economía e Industria detallou que a Xunta xa está a traballar nun segundo concurso que compatibilizará materias primas clásicas como o caolín, a arxila ou os feldespatos, con materias primas críticas
  • Ademais adiantou que a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña os Orzamentos de 2026 contará cun Plan de inspección mineira que regulará visitas totais ou parciais ás instalacións para levantar acta do seu estado con respecto ao proxecto inicial
  • Lorenzana presidiu en Santiago a primeira reunión do Consello da Minería de Galicia, que agora comeza a constituír os grupos de traballo

  • Alfonso Rueda destaca cinco grandes eixos de actuación “para seguir dotando aos cidadáns das mellores comunicacións”
  • A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, salienta que estas actuacións refrendan o compromiso da Xunta “con vertebrar Galicia, dinamizar o rural e comunicar o interior con Portugal”
  • O Consello da Xunta autorizou a contratación, por 6 millóns de euros, das obras de mellora da OU-540 entre Celanova e Bande, como inicio dunha actuación que está previsto desenvolver na seguinte fase ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa.
  • O reforzo da seguridade viaria na propia OU-540, na Manchica (A Merca), que suporá un investimento autonómico de case 800.000 euros, inclúe unha nova glorieta e a mellora do acceso á autovía AG-31
  • O Goberno galego tamén avaliou o informe de redacción do proxecto de trazado para o acondicionamento da estrada OU-533 entre A Gudiña e Viana do Bolo, cun investimento superior aos 15,2 millóns de euros
  • O Diario Oficial de Galicia xa recolle a aprobación definitiva do proxecto de trazado da Ronda Leste de Ourense, entre Bemposta e a estrada N-525, intervención que impulsará a conectividade coa autovía A-52
  • O Executivo acordou ademais a aprobación da licitación, por importe de 1,5 millóns de euros, das obras da nova senda peonil da estrada autonómica OU-402 en Reza, no concello de Ourense

  • Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Economía e Industria participaron no `Foro Ourense Industrial. O futuro do transporte de mercadorías´
  • Diego Calvo reclamou concrecións sobre o Plan Director do Corredor Atlántico de Mercadorías e lembrou que a Comunidade segue sumando retrasos nas infraestruturas pendentes e incidencias nos servizos ferroviarios
  • Esixiu ao Goberno central avances na conexión da provincia ourensá, entre os que citou a modernización das liñas Ourense–Monforte–Lugo, Vigo–Redondela–Guillarei–Ourense polo Miño ou a que une Ourense con Zamora
  • Resaltou que a Xunta avoga por apostar por trens longos e locomotoras con maior capacidade de arrastre, así como por impulsar as autoestradas ferroviarias e as terminais
  • María Jesús Lorenzana ratificou o compromiso da Xunta co proxecto da estación de mercadorías ferroviarias de San Cibrao das Viñas e avanzou que o Goberno galego vai modificar o proxecto sectorial da Cidade do Transporte para ampliar a súa superficie
  • A conselleira de Economía e Industria puxo en valor que Ourense é unha das provincias con máis solo industrial en tramitación, tres millóns de metros cadrados, e asegurou que é un territorio “con futuro industrial”

 

  • A conselleira de Economía e Industria aseverou na clausura do MIG2025-Mobility Innovation Galicia, organizado por Ceaga, que o regulamento “debería estar xa aprobado e en aplicación”
  • Defendeu o fomento da produción local na UE para evitar a deslocalización das cadeas de valor, dando apoio aos grandes fabricantes pero tamén a toda a industria auxiliar
  • Matizou que este plantexamento inspira o Plan Director aprobado pola Xunta con 230 millóns de euros de investimento ata 2027, aposta económica “que vai continuar, con apoios o máis útiles posible e acompasados ás decisións que Europa vaia tomando”

  • A conselleira de Economía e Industria asinou o memorando de cooperación coa asociación público-privada europea Sesar JU, con sede en Bruxelas
  • Galicia convértese na segunda rexión europea en impulsar o programa de `Ceo Dixital´, xunto con Campania (Italia)
  • Os desafíos son acelerar a transformación dixital do sector, unificar o espazo aéreo europeo e aumentar a súa capacidade para manexar o tráfico futuro
  • Forman parte da Empresa Común Sesar JU a Unión Europea, Eurocontrol e máis de 50 organizacións que abranguen toda a cadea de valor da aviación: aeroportos, provedores de servizos, operadores de drons, industria e comunidade científica
  • María Jesús Lorenzana afirma que “este novo fito” reafirma “as capacidades industriais e de investigación que Galicia ten no ámbito do aeroespazo e que queremos seguir impulsado coa nova Estratexia de Seguridade, Defensa e Aerospazo 2025-2030”

  • Considera “lóxico e xusto” pedir un investimento superior ao 6%, fronte ao 2,5% recollido na proposta de planificación de redes de transporte de enerxía eléctrica ata 2030
  • A conselleira de Economía e Industria ve “dificilmente comprensible” que con 13.000 millóns de euros “o Goberno central non sexa quen de prever un investimento na provincia de Lugo” que reforzaría as súas posibilidades de desenvolvemento industrial
  • Reitera a preocupación da Xunta por que a provincia de Lugo quede sen reforzo en toda a zona central e limítrofe coa da Coruña e avanza que se van presentar alegacións
  • María Jesús Lorenzana participou, acompañada do director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, na clausura da XII Xornada Eólica Wind Galicia 2025 organizada polo Clúster de Enerxías Renovables (Cluergal)

  • Na inauguración de `Conexión Maker Faire Galicia´, a directora do Igape salientou que a Comunidade conta cun ecosistema de innovación e emprendemento cada vez máis vivo, dotado de sinerxías que multiplican o impacto sobre a economía e a sociedade
  • Ao destacar a contribución da rede galega de aceleradoras especializadas, Covadonga Toca avanzou que se engadirán novas iniciativas centradas en saúde e enerxías renovables
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia