Rueda sinalou que outros retos son ampliar ata 200 as entidades e empresas que operan en Galicia, incrementar nun 30% a facturación anual e duplicar o investimento privado
Na presentación da nova Estratexia de Biotecnoloxía, o presidente da Xunta asegurou que Galicia xa conta cun sector sólido e maduro e que, con esta folla de ruta, búscase converter á Comunidade nunha biorrexión referente en Europa
Actualmente o sector engloba en Galicia 162 empresas -das que máis de 60 son 100% biotecnolóxicas-, 5.600 traballadores e unha facturación anual de 2.000 millóns de euros
A Estratexia 2026-2030 conta cun orzamento de 805 millóns de euros e inclúe axudas directas para proxectos de I+D+i en biotecnoloxía, unha aceleradora de empresas e o Biopolo da Sionlla, en Santiago
O presidente galego referiuse a Inditex como “un referente que leva a moda galega por todo o mundo” e lembrou que Galicia xera a terceira parte das exportacións nacionais do sector
O novo edificio situado no complexo de Inditex en Arteixo alberga os equipos de deseño, patronaxe e perfís comerciais da marca, nun centro de 170.000 metros cadrados conectado coa sustentabilidade e a eficiencia
Na inauguración da nova sede da empresa na Coruña, o presidente da Xunta enxalzou á compañía por converterse “nunha parte moi importante” da identidade galega
Alfonso Rueda citou medidas de impulso no eido empresarial e industrial, como o apoio a novos proxectos e tecnoloxías, os programas de axudas ou iniciativas en materia de cualificación, como as microformacións ou a FP Dual
Recordou ademais que a Xunta xa iniciou proxectos para crear 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial ata o 2030, cifra que equivale ao total de superficie empresarial posta en marcha desde os anos 80
Esta liña contará cun orzamento de 300.000 euros e contribuirá a fomentar a descarbonización, avanzar na implantación das renovables e impulsar a eficiencia e aforro, consumindo e compartindo enerxía limpa de xeito local
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou no acto de presentación do inicio dos traballos da comunidade enerxética Romarigo, en Cangas de Morrazo, que dará servizo a 37 socios e xerará un aforro anual superior aos 15.000 euros
No V Foro La Galicia que viene, na cidade da Coruña, destacou que a elección galega do grupo automobilístico para fixar a súa base en Europa representa “un gran logro colectivo e un síntoma de que aquí se están a facer as cousas ben”
O presidente da Xunta remarcou que detrás deste investimento hai un traballo moi intenso que só é posible grazas aos esforzos previos dun territorio que ofrece “estabilidade institucional e bo clima entre Administracións”
Tamén reflexionou sobre o potencial de Galicia na transición enerxética: “Temos fontes de enerxía que serán o petróleo do futuro, como a auga, o vento, os minerais...”
En relación ao Xacobeo 2027, avanzou que será un acontecemento histórico e “o gran escaparate de Galicia cara o mundo”
O presidente da Xunta define o rol da sede ourensá como “ferramenta de enorme calado estratéxico para dinamizar as relacións económicas, culturais e de arraigo entre ambos os territorios”
Rueda gabou a emigración galega por ser un “piar indispensable para comprender a identidade, o pasado e o presente de Galicia”, e destacou o “lugar preferente” que ocupa México
Felicitou ao novo cónsul honorario, Alfonso Pereira, de quen dixo que asume “a valente responsabilidade de converterse no rostro de México na Comunidade galega, servindo de soporte directo á cidadanía mexicana residente en Galicia”
Destacou que a Xunta está a fomentar o regreso dos galegos e descendentes na diáspora a través da Estratexia Galicia Retorna, que xa facilitou o retorno dunhas 50.000 persoas vinculadas coa Comunidade desde a súa posta en marcha en 2018
Rueda puxo en valor que máis da metade dos retornados son menores de 45 anos, o que contribúe ao rexuvenecemento demográfico de Galicia, ao reforzo do mercado de traballo e á creación de novos fogares
Anticipou excelentes perspectivas para o Xacobeo 2027 e detallou que o pasado ano chegaron a Santiago máis de 12.000 peregrinos procedentes de México, principal país emisor de camiñantes americanos de fala hispana
A conselleira de Economía e Industria detalla que este paquete de apoios consta de apoios para o sector agrícola primario, para instalacións de uso térmico, para enerxía fotovoltaica en empresas e para melloras de eficiencia enerxética en pemes ou por parte de autónomos
A liña para pemes e profesionais, dotada cun orzamento de 7,5 millóns, manterá aberto ata o 15 de setembro o prazo para a presentación de solicitudes
María Jesús Lorenzana visitou en Santiago `Ferrexpo 2026´, a feira sectorial que é o punto de encontro entre pemes, fabricantes, distribuidores, instaladores e provedores de referencia