Rueda destaca que o obxectivo “é protexer do xeito máis eficaz ás nosas empresas fronte ás repercusións económicas” da situación actual na rexión e das políticas comerciais de Estados Unidos
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, detallou que a Xunta está en contacto permanente cos clústeres e asociacións empresariais “para coñecer de primeira man o posible impacto destes acontecementos no tecido produtivo”
A Antena do Igape en Emiratos Árabes segue plenamente operativa e facilita información sobre a evolución da situación en Oriente Medio
Lorenzana sinala como principais obxectivos da Mesa de apoio loxístico “compartir datos, analizar as consecuencias económicas do conflito e a posible implantación de medidas de apoio”
En 2025, Galicia exportou á rexión por preto de 400 millóns de euros e importou por un valor de 213 millóns, en mercados como Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Qatar, Kuwait, Omán ou Bahréin
Mentres, as exportacións galegas a Estados Unidos representan arredor do 1,8% do total, logo de acurtarse en 2025 nun 32% sobre todo polo endurecemento de determinados aranceis e pola evolución do tipo de cambio
A conselleira de Economía e Industria presentou en Santiago o Programa Executivo en Industria de Defensa en Galicia, cofinanciado pola Xunta e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI)
No acto asegurou que “Galicia ten que estar aí, entre as empresas que demandan máis traballadores, que xeran máis economía e emprego industrial” nun sector no que “non é unha utopía pensar que podemos lograr un desenvolvemento industrial importante”
No acto inaugural, a conselleira de Economía e Industria destacou que o Plan Renova da Xunta contribuíu a que Galicia lidere o incremento de matriculacións en España
Lorenzana detallou que en febreiro os concesionarios galegos venderon máis de 2.800 vehículos -31% de subida interanual- e no que vai de ano xa superan as 5.000 unidades
Na apertura do Salón vigués considerou fundamental que a regulación dos cambios que está a vivir o sector achegue máis flexibilidade “para que todo este proceso sexa máis gradual para quen fabrica e para quen compra”
O Índice de Produción Industrial pechou 2025 cunha subida interanual do 6,5% na Comunidade, case catro puntos porcentuais por encima do estatal (2,8%)
Alfonso Rueda asegura que “os datos avalan o éxito das políticas da Xunta” e indican que Galicia estase a converter no principal polo de atracción industrial do norte peninsular
Un informe sobre as políticas industriais no período 2023-2025 recolle que a industria galega xerou o ano pasado un 5% de emprego neto e que xa concentra o 16,4% da poboación ocupada en Galicia, fronte á medida estatal do 13,5%
Ademais, o Valor Engadido Bruto (VAB) industrial rexistrou un incremento do 5,2% e tamén alcanza cifras récord, ao tempo que se reforza o peso estrutural do sector na economía galega
O presidente da Xunta subliña que os nove plans directores, o Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, e un amplo abano de axudas, favorecen a atracción de empresas e a mellora da competitividade do tecido empresarial galego
Rueda avanza que para o vindeiro trimestre está prevista a aprobación dos plans directores de forestal-madeira e das TIC, que se sumarán aos xa en vigor da automoción e o naval
Na clausura do Congreso Maritime Trends Summit precisou que a Iniciativa Estratexia en Seguridade, Defensa e Aeroespazo con horizonte 2030 aprobada pola Xunta vai mobilizar 900 millóns, a partir dun investimento público de 183 millóns
Tamén puxo en valor o novo Plan director do Naval, dotado con case 63 millóns, que busca apoiar “un eido estratéxico para a economía galega” no proceso de modernización, dixitalización e mellora da competitividade
A Xunta acaba de convocar a primeira liña de axudas ao abeiro da Estratexia de Seguridade e Defensa, por importe de 1,5 millóns, dirixida ás empresas galegas que teñan interese en posicionarse como subministradoras do sector
Alfonso Rueda pide ao Goberno central que Galicia poida participar na primeira puxa pública de eólica mariña de España e que lle permita á Xunta habilitar unha nova plataforma experimental en Punta Langosteira
A directora do Igape, Covadonga Toca, destacou na entrega do `XIX Premio Victoriano Reinoso´ a importancia de “recoñecer as traxectorias profesionais que representan a excelencia galega máis aló das nosas fronteiras”
En alusión á Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, enxalzou o seu labor de cohesión e afirmou que “o que facedes non é só crear rede profesional; creades Comunidade”
Ao referirse á figura do doutor Leyes, referente mundial en cirurxía de xeonllo no deporte de elite, enxalzou que o seu éxito “recórdanos algo que en Galicia sabemos ben: que o talento que nace na nosa terra pode competir ao máximo nivel en calquera lugar do mundo”
Tamén se rexistraron 58 peticións de empresas, modalidade de axudas para as que aínda hai unha parte de crédito dispoñible
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, considera que o Goberno central debería replicar o plan autonómico porque “facilita a compra á cidadanía” e por ser “menos burocrático, máis áxil e máis eficaz”
A provincia da Coruña concentrou o maior número de solicitudes, con 657, seguida de Pontevedra (523), Ourense (192) e Lugo (115)