Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

 

  • Na inauguración da nova fábrica de Cafersa en Carballeda de Valdeorras, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas matizou que “a aposta da Xunta polas novas materias primas críticas non diminúe nin substitúe a importancia dos recursos naturais tradicionais”

  • Pablo Fernández Vila defendeu que a lousa galega continúa sendo “unha referencia mundial” e que para a Xunta representa “unha actividade esencial, tanto polo seu impacto económico como polo seu peso social e territorial”

  • Avanzou que o futuro do sector dependerá da capacidade para atraer talento e para incorporar coñecemento, cualificación e innovación aos procesos produtivos

  • Por provincias, Lugo concentra o maior número de parcelas (44), seguida da Coruña (32), Ourense (11) e Pontevedra (3)

  • É o primeiro concurso resolto tras a incorporación das novas medidas de axilización e antiacaparamento, como que as empresas solicitantes teñan capacidade de implantación efectiva a curto prazo ou a exclusión de solicitudes destinadas ao alugueiro a terceiros

  • En paralelo, continuará a tramitación da oferta pública permanente, un procedemento pioneiro implantado por primeira vez en 2026 e diferenciado do concurso agora resolto

 

 

  • Logo dunha reunión de traballo co secretario de Estado de Enerxía, Joan Groizard, a conselleira detalla que o proxecto recolle parte das alegacións presentadas pola Xunta, pero deixa outras actuacións pendentes, como a da zona da Plisan e o centro da provincia de Lugo

  • Está previsto que a nova planificación eléctrica quede aprobada a finais de ano e a Xunta agarda que as peticións agora desatendidas sexan recollidas “nesta ou nas seguintes modificacións”

  • María Jesús Lorenzana pide axilidade na tramitación e na execución das obras, e “que se acompase todo ese reforzo da rede ao desenvolvemento de solo industrial que se está rexistrando en Galicia”

  • No acto de conmemoración do 140 aniversario da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, o presidente da Xunta citou como retos combater o absentismo laboral, cubrir vacantes, dar formación en liña co mercado de traballo e axilizar trámites
  • Felicitou ao presidente da entidade cameral pontevedresa, José García Costas, pola imposición da Medalla de Ouro da Cámara de Comercio de España, logo de máis de sete décadas de dedicación profesional e de 25 ao fronte da institución
  • Na súa intervención, Rueda enxalzou o compromiso da Xunta de actuar como unha “Administración facilitadora” do emprego de calidade e do investimento, desenvolvendo máis solo empresarial e apoiando a internacionalización e o I+G+i

  • A conselleira de Economía e Industria asegura que esta industria é un dos sectores con maior complexidade tecnolóxica e maior capacidade de arrastre sobre o conxunto da economía
  • Afirma que xunto coa xestión dos recursos naturais, a política industrial da Xunta “xira neste momento en torno á estreita relación que existe entre a innovación e o sector da defensa”
  • María Jesús Lorenzana participou no encontro das cámaras de comercio españolas incluido nos actos do 140 aniversario da entidade cameral de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
  • Na súa intervención avanzou que “a innovación tecnolóxica vai ser o pasaporte para entrar e estar na nova política industrial europea”

  • Alfonso Rueda e María Jesús Lorenzana reuníronse cunha delegación do conglomerado asiático, que opera en sectores como os servizos financeiros, as tecnoloxías industriais, os materiais avanzados, as telecomunicacións ou as infraestruturas de nova xeración
  • O presidente da Xunta ofreceu vantaxes como a estabilidade institucional e a seguridade xurídica, a posición xeográfica estratéxica e “o apoio decidido” da Administración autonómica para facilitar e axilizar a implantación de proxectos de calado
  • A reunión encádrase nunha serie de contactos previos co grupo empresarial chinés, iniciada en maio de 2025 coa xuntanza entre Rueda e o presidente de Citic
  • China International Trust and Investiment Corporation (Citic) produce no Porriño, na factoría de Gándara Censa, grandes compoñentes para sectores como a minaría, o petróleo ou as enerxías renovables

  • Precisou que o concurso inclúe 126 permisos de investigación e 27 concesións de explotación, cun prazo de dous meses para presentar as solicitudes desde a publicación da convocatoria no BOE
  • A superficie conxunta alcanza as 200.000 hectáreas, o que supón dez veces máis que a extensión licitada o ano pasado
  • Ademais saen a concurso dereitos para proxectos de investigación de novos recursos e para o aproveitamento de xacementos con reservas xa acreditadas
  • O presidente da Xunta lembrou que “Galicia conta con 18 das 34 materias primas cualificadas como críticas pola UE”, entre elas o litio e o volframio
  • Nas concesións de explotación, os criterios socioeconómicos e ambientais terán un peso do 65% na valoración das propostas, moi superior ao dos criterios exclusivamente mineiros
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia