Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A primeira liña, con axudas de entre 700 e 9.000 euros, incentiva a adquisición de eléctricos puros, híbridos enchufables, eléctricos de autonomía estendida ou de pila de combustible
  • A segunda liña está orientada á implantación de infraestruturas de recarga, con apoios de entre o 20% e o 80% do custo subvencionable según o tipo de solicitante, potencia dos puntos de recarga ou localización en concellos de menos de 5.000 habitantes
  • Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación enerxética e Minas, lembrou que desde o inicio do Moves III, en 2021, concedéronse máis de 11.500 axudas, cun importe superior aos 49 millóns de euros
  • Na actual edición están adheridas 916 entidades colaboradoras, das que 295 son puntos de venda de vehículos e 621 instaladores de baixa tensión

  • Durante unha visita ás instalacións de Delta Vigo Aeroestructuras, en Nigrán, a conselleira de Economía e Industria sinalou o obxectivo de coñecer de primeira man “as necesidades reais das empresas a curto, medio e longo prazo para definir a colaboración público-privada”
  • O proceso de diálogo estratéxico iniciado o pasado 22 de xullo derivará a finais de 2025 na primeira convocatoria que definirá as empresas e centros tecnolóxicos que traballarán en programas conxuntos de investimento nos vindeiros cinco anos
  • María Jesús Lorenzana avanzou que se van destinar 183 millóns de euros ata 2030, coa previsión de mobilizar 900 millóns, e co obxectivo de atraer cara a estes segmentos de actividade empresas doutros ámbitos estratéxicos e materializar novos investimentos industriais

  • A resolución, xa publicada no DOG, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa á Consellería de Economía e Industria para decidir sobre a súa autorización definitiva
  • A Xunta matiza que a culminación dos trámites ambientais e as correspondentes resolucións favorables non eximen ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que sexan legalmente exixibles
  • Biofibras de Galicia proxecta situar as súas instalacións no antigo parque de carbóns da central térmica das Pontes, cunha liña de reciclaxe de papel e cartón e outra de fabricación de pasta de celulosa, e co obxectivo de producir 100.000 toneladas/ano

  • A súa construción permitirá subministrar enerxía verde e competitiva á planta de produción de silicio metálico de Ferroatlántica en Sabón (A Coruña)
  • Ademais a instalación inclúe un plan de acción, froito da Lei de recursos naturais, que beneficiará a preto de 46.000 habitantes de 17 concellos, con descontos na factura de luz e gas que poden chegar aos 300 euros anuais
  • Alfonso Rueda lembra que a sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) avala a tramitación dos parques en Galicia e destaca que está “en plena sintonía” coa política enerxética da Xunta de Galicia
  • A Comunidade conta actualmente con 193 parques eólicos cun total de 4.020,9 MW de potencia instalada, e hai ademais 92 parques autorizados e paralizados xudicialmente, que suman máis de 2.497 MW

  • A primeira liña está dirixida a pemes que poñan en marcha plans de innovación en procesos e organización, e a segunda é para deseño da innovación e sustentabilidade en todo tipo de empresas
  • Os apoios cubren ata o 50% dos custos subvencionables, co límite de 125.000 euros para as pemes e de 100.000 para as grandes empresas, e permiten un anticipo de ata o 70% do importe concedido
  • O Igape Innova recibiu máis dun cento de solicitudes, o que tal e como destaca a Xunta constata o forte interese do tecido empresarial galego por innovar e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e de sustentabilidade
  • Xunto con iniciativas como a liña IA360 ou o Ticket Innova, este programa contribúe a crear un ecosistema máis sólido, colaborativo e orientado á xeración de valor engadido, fomentando ademais a cooperación entre empresas e centros de coñecemento

  • Con esta actuación crearanse 886.500 metros cadrados de solo industrial nun recinto esgotado no que tan só hai unha parcela dispoñible
  • Enmárcase no obxectivo do Goberno galego de acelerar e intensificar a oferta de solo a disposición das empresas en concellos e comarcas con posibilidades de continuar co desenvolvemento económico
  • A Xunta ten en marcha outras catro actuacións en parques empresariais da provincia de Ourense: as ampliacións en San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz e O Pereiro de Aguiar e as obras de urbanización en Xinzo de Limia

  • Lembra que a Xunta defende un modelo de desenvolvemento no sector que combine rendemento económico, responsabilidade social e protección ambiental
  • O presidente da Xunta vinculou a louxa coa Lei de Recursos Naturais, ao igual que a produción hidráulica ou a eólica, no desafío de que os beneficios revertan no territorio e na calidade de vida das persoas
  • Durante unha visita á mina A Fraguiña, acompañado pola Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, precisou que a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para a investigación sumou un total de 51, dez deles na provincia de Ourense
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia