Consellería de Economía e Industria

— Os traballos premiados nesta terceira edición foron un proxecto para o control de bacterias multirresistentes e unha vacina contra a leishmaniosis canina
— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, resalta que os Premios Zendal “fan posible que Galicia cumpra co seu compromiso co benestar social das persoas”
— Sinala como obxectivo facer da Comunidade galega “un lugar de referencia mundial para o desenvolvemento e proba de novas oportunidades científico-tecnolóxicas”
— Conde salientou que Galicia, que é a segunda Comunidade máis bioemprendedora de España, conta coa Estratexia de consolidación do sector biotech, á que se destinan 430 millóns de euros de fondos públicos ata 2025.

— Pasa a formar parte da Estratexia Naval de Galicia 2022-2026, que ten o reto de que a Comunidade sexa líder na asignación de fondos do Perte, e que as empresas galegas leven a termo os seus proxectos de maneira eficiente e sostible
— A nova oficina técnica promoverá o desenvolvemento de iniciativas tractoras para a economía galega que permitan xerar crecemento, emprego e competitividade
— As iniciativas prioritarias para recibir o asesoramento de Conecta Naval serán as relacionadas coa innovación e diversificación de produto –en especial coa descarbonización e as enerxías alternativas-, e coa sustentabilidade produtiva, a competitividade e a aplicación de novas tecnoloxías
— O naval súmase ós outros tres sectores –agroalimentación, saúde e automoción- que xa contan con oficinas técnicas para facilitar o acceso do tecido empresarial aos fondos europeos
— A Xunta agarda que se active canto antes o Perte naval e lembra que o compromiso do Executivo central fixaba a data no mes de novembro
— A Estratexia Naval de Galicia tamén inclúe un programa de axudas a fondo perdido para investimentos produtivos en estaleiros, o primeiro destas características no sector industrial
— No ámbito da formación xa está en marcha un plan específico, en colaboración con Asime e Aclunaga, que formará a máis de 2.000 persoas e que pon o foco nas nove profesións máis demandadas
— A industria naval engloba en Galicia a máis de 320 empresas, que xeran 11.500 empregos directos e un volume de negocio de máis de 2.000 millóns de euros, o equivalente ao 3,4% do PIB galego
— Está dotada con medio millón de euros e ten como obxectivo fortalecer as agrupacións empresariais de recente creación como impulsoras da innovación, da competitividade e do desenvolvemento sostible da industria e dos servizos
— A liña aberta pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación poderá sufragar o 80% dos gastos, cun máximo de 100.000 euros por entidade
— Este programa conecta coa visión dos clústeres como pancas estratéxicas no xurdimento de proxectos innovadores e no proceso da transformación dixital
— A primeira edición, en 2021, permitiu promover iniciativas da Asociación Clúster da Biomasa de Galicia, do Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia e do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular
— Ambas compañías estudan executar un investimento de 500 millóns de euros, cun destacado impacto no sector industrial e no emprego local, ao crear medio cento de postos de traballo indefinidos
— O plan de negocio previsto inclúe ademais unha planta de tratamento de augas residuais, contribuíndo así ao fomento da economía circular
— A declaración enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa, que busca potenciar a captación de investimentos e a xeración de emprego de calidade, mantendo ao mesmo tempo todas as garantías xurídicas durante a tramitación do proxecto
— Un total de 16 iniciativas xa se adheriron a esta figura en Galicia, cunha mobilización global prevista de preto de 1.150 millóns de euros e coa creación de ao redor de 750 empregos

.Alfonso Rueda destaca que a nova planificación contribuirá “a fortalecer a competitividade” da minaría galega, que por dimensión e aportación “non pode quedar ao marxe da transición ecolóxica”
.O presidente da Xunta lembra que a industria das materias primas xoga un “papel clave” como provedora de sectores estratéxicos de Galicia, desde a automoción ou o téxtil ata a construción e a electrónica
.A Axenda xurde dun traballo consensuado co sector e dá resposta ás súas necesidades en materia de dixitalización, formación ou innovación
.Establece incentivos para as pemes en modernización tecnolóxica 4.0 e tamén en sustentabilidade e seguridade, impulsará novos ciclos formativos como o da pedra natural e promoverá a dixitalización administrativa
.Un dos grandes eixes de actuación busca fomentar o acceso de mulleres ao sector das industrias extractivas, así como a incorporación da mocidade
— O plan de empresa conta mobilizar un investimento de 176 millóns de euros e crear 40 empregos directos
— Nun proceso de auténtica economía circular, a planta producirá metanol verde a partir do dióxido de carbono capturado nas actuais instalacións de Forestal del Atlántico e mediante hidróxeno producido por electrólise con enerxía eléctrica de orixe renovable
— Ademais obterase osíxeno verde, que se licuará e almacenará para a súa comercialización
— Está prevista a fabricación de 40.000 toneladas anuais de metanol verde e máis de 60.000 de osíxeno
— Como aspecto innovador da planta salienta o aproveitamento do CO2 e a substitución da materia fósil empregada na fabricación de metanol por materias primas renovables, como o hidróxeno verde
— A iniciativa Triskelion foi un dos 15 proxectos europeos -entre máis de 200- que obtivo financiamento nos Innovation Fund para o programa de asesoramento do Banco Europeo de Investimentos.
— E no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia opta ás axudas do Perte do hidróxeno.
— A aprobación como proxecto industrial estratéxico polo Consello da Xunta enmárcase na filosofía da Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
— Como terceiro proxecto con esa declaración, engádese á dúas iniciativas con foco nas Pontes: a planta de hidróxeno verde e a factoría de Sentury Tire.
Más artículos…
- O PROGRAMA MOVES III DOBRA O ORZAMENTO DE INCENTIVOS Á MOBILIDADE ELÉCTRICA EN GALICIA, Á QUE A XUNTA DESTINARÁ 40,5 MILLÓNS DE EUROS
- A XUNTA BUSCA PROLONGAR O MELLOR CICLO EXPORTADOR DE GALICIA CUN INVESTIMENTO DE 20 MILLÓNS EN 2023 PARA ACCIÓNS COMO DIXITALIZACIÓN E DIVERSIFICACIÓN DE MERCADOS
- A Xunta duplica de 40 a 80 millóns de euros os fondos destinados a aforro e eficiencia enerxética, e reserva 17 millóns para estimular o autoconsumo
- A INICIATIVA DO CAMPUS DE I+D DO GRUPO SANTOS EN BOQUEIXÓN, CON PREVISIÓN DE INVESTIR 26,5 MILLÓNS E CREAR 815 EMPREGOS, OBTÉN A DECLARACIÓN DA XUNTA DE PROXECTO DE INTERESE AUTONÓMICO
Página 53 de 58





























