
Consellería de Economía e Industria

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salienta que no complexo escenario que estamos a vivir “é máis importante que nunca integrar, sumar o esforzo de todas as administracións e institucións, o tecido produtivo e a sociedade para acadar o obxectivo da recuperación e o crecemento sustentable”.
— Na cerimonia de entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2022, outorgados pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (Aega-Cat), eloxiou o labor dos diferentes profesionais e entidades “que contribúen a levar o nome de Galicia polo mundo”.
— Conde destaca o traballo de Aega-Cat por “saber fusionar o talento, a capacidade para emprender e a visión de negocio coas oportunidades que Cataluña ofrece”.
— Os Títulos de Excelencia Galega desta edición recaeron no presidente do Grupo Coren, nas investigadoras María de la Fuente Freire e Ana María Freire Veiga, en Cogami, no fotógrafo Manuel Outomuro, no ex ciclista Álvaro Pino e no director xeral da CRTVG, mentres que o Título Extraordinario de Excelencia Galega rendeu homenaxe ao finado conselleiro Valeriano Martínez.

— Francisco Conde salienta que a Marca Galicia transmite o esforzo que está a facer o tecido produtivo galego “por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable”.
— O programa de axudas DeseñaPeme, que xa recibiu máis de 90 propostas e está en fase de resolución, conta cun orzamento de 1,5 millóns e xerará 3 millóns de investimento.
— A iniciativa `Diferenza´ fomenta a cultura do deseño e a innovación nas pemes galegas como valor engadido para a apertura de novos mercados.

— Os dous primeiros son antigas explotacións de lousa situadas en Carballeda de Valdeorras, ás que se destinan 1,5 millóns de euros de fondos europeos para a súa reintegración ambiental.
— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, subliña que un dos principais obxectivos da Axenda de Impulso da Minería Sostible é “facer do sector un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor da industria galega”.
— Detalla que a recuperación de espazos mineiros e a valorización dos recursos xeolóxicos “son clave” para fomentar a sustentabilidade na minería galega.
— Galicia anticípase no planeamento da minería sostible e na súa modernización, en consenso co sector.
— O 8% da produción mineira de España ten a súa orixe en Galicia, cun volume económico de 246 millóns de euros en 2020.
— No caso concreto da industria da lousa, o peso das exportacións galegas equivale ao 70% do total nacional.

? Os programas de apoio ás empresas suman 135,5 millóns e contemplan investimentos directos e a concesión de préstamos e garantías.
? As tres liñas de actuación son o reforzo do capital e os fondos propios, o acceso a instrumentos de débeda e a oferta de garantías para facilitar a obtención de crédito.
? O programa de Transformación Empresarial combinará financiamento e consultoría estratéxica para o impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade.
? A Axenda Financeira engade ademais préstamos para investimentos estratéxicos como a creación de novas instalacións, a mellora das ya existentes ou o incremento da capacidade produtiva.
? Tamén se incorporan préstamos para financiar ás industrias afectadas pola alza do prezo das materias primas e subministracións como consecuencia da invasión rusa en Ucraína e créase unha liña de avais e outra de reavais que son específicas para as empresas afectadas pola guerra.

- A contribución das enerxías renovables crecerá dez puntos porcentuais nunha década en xeración e 12 puntos en consumo final, ao tempo que recortará ao 39% a dependencia enerxética do exterior.
- A vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación está a avanzar na Axenda Enerxética de Galicia 2030 cos diferentes axentes do sector
- O investimento público previsto ata 2024 supera os 630 millóns de euros, para dispoñer de máis fontes renovables e para impulsar a eficiencia enerxética, o autoconsumo e a economía circular.
- Un dos grandes desafíos é o de converter a Galicia nunha rexión neutra en carbono no ano 2050.
- Francisco Conde salienta que a nova Axenda Enerxética “busca avanzar cara unha transición enerxética que permita o desenvolvemento das diferentes renovables e ao mesmo tempo garantir o mix enerxético que nos faga competitivos desde o punto de vista industrial e eficientes desde o punto de vista do impacto nas familias e nas pemes”.

- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destaca que o ensaio clínico Sigma4Covid “contribúe a dar solución a unha das máis graves emerxencias sanitarias, e faino desde a colaboración”.
- Salienta o papel da ciencia e da innovación e aboga por impulsar un ecosistema conectado con retos como a medicina, a transición ecolóxica, o cambio climático ou o envellecemento activo.
- A Xunta agarda que a biotecnoloxía galega ocupe un lugar prioritario no Perte de Saúde de Vangarda anunciado polo Goberno central.
Más artículos…
- Galicia está entre as comunidades que lideran a captación e retención de talento científico
- Pesca, biotecnoloxía e sector TIC son tres dos eidos con potencial para as relacións comerciais de Galicia e Miami-Dade
- A Xunta fortalece o sector exterior galego cunha nova convocatoria do programa Bolseiros de internacionalización
- Máis do 65% dos provedores da fábrica de fibras téxtiles serán pemes, nun proxecto tractor e transformador da economía e infraestruturas de Galicia
Página 49 de 51


























