Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

A XUNTA ACTIVA A TRAVÉS DO IGAPE UNHA nova CONVOCATORIA DO PROGRAMA QUE FOMENTA A COLABORACIÓN ENTRE EMPRESAS NO ÁMBITO da dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada

Obradoiros do Igape

• Cun orzamento de 650.000 euros, os obradoiros do Igape están orientados a crear espazos de cooperación empresarial para o desenvolvemento de proxectos avanzados cara os grandes retos da economía

• Os apoios, en réxime de concorrencia competitiva, cobren o 100% dos gastos subvencionables ata un máximo de 25.000 euros por iniciativa e de 75.000 por entidade beneficiaria Nas seis convocatorias anteriores, o programa promoveu en total 125 obradoiros de dixitalización, cunha axuda global de máis de 2,1 millóns de euros e 1.250 participantes

A Consellería de Economía, Industria e Innovación, vén de activar a través do Igape unha nova convocatoria dos obradoiros de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada co obxectivo de crear espazos de colaboración entre as empresas galegas na preparación de proxectos máis avanzados e de maior significación cara aos retos principais da economía. Estes obradoiros, que acadan a súa sétima convocatoria, configúranse como espazos multidisciplinares que reforzan o compromiso da Xunta de Galicia coa transformación dixital e sustentable dentro do desenvolvemento integral do tecido produtivo.

Cun orzamento de 650.000 euros, poden ser beneficiarios destes obradoiros os organismos intermedios de carácter empresarial e outros axentes con capacidade de albergar o proceso de concienciación e reflexión conxunta para a xeración de proxectos, como é o caso das asociacións e clústeres empresariais, dos hubs de innovación dixital ou dos centros tecnolóxicos.

O obxectivo é que os obradoiros actúen como xeradores de proxectos que, máis tarde, poidan presentarse a convocatorias de axudas. A través deles, as empresas exploran solucións tecnolóxicas e vías de colaboración na posta en marcha de ferramentas dixitais, na procura de desenvolver e implantar procesos ou produtos máis sustentables ou melloras a prol dunha función loxística máis avanzada, así como oportunidades de hibridación intersectorial.

PRAZO DE SOLICITUDE DESDE O 2 DE XANEIRO

Os apoios concédense en réxime de concorrencia competitiva e ascenden ao 100% dos gastos subvencionables ata un máximo de 25.000 euros por iniciativa, cun límite total por entidade beneficiaria de 75.000 euros. De cara a facilitar a planificación e preparación dos proxectos por parte dos organismos intermedios, o prazo de presentación de solicitudes abrirá o próximo 2 de xaneiro de 2024 e será dun mes, ata o 2 de febreiro.

Esta é a sétima convocatoria dun programa que promoveu ata o de agora 125 obradoiros de dixitalización, cun importe total de axuda de máis de 2,1 millóns de euros e contando con máis de 1.250 asistentes, contribuíndo así a impulsar a reactivación do tecido empresarial de Galicia a través da transformación tecnolóxica e o impulso aos procesos de dixitalización.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia