Remarca fortalezas como achegar seguridade xurídica e desburocratizar para acelerar a tramitación de novos proxectos, e reivindica unha política enerxética vinculada ao sector industrial para abaratar o prezo da electricidade
Ao referirse aos fondos europeos, lembra que cada día que pasa sen que o diñeiro estea no tecido produtivo “é un día perdido para a empresa”
Subliña o rol da Oficina Económica de Galicia como “porta de entrada única” para o asesoramento empresarial e o plan de aceleración de proxectos industriais como “vía rápida” para tramitar investimentos, coa Secretaría Xeral de Industria como único interlocutor
A conselleira de Economía, Industria e Innovación participou na presentación do informe `Retos e perspectivas económicas en Galicia para o ano 2024´, elaborado por BDO
O estudo constata o optimismo que se percibe no tecido empresarial galego, a pesar do contexto macroeconómico e internacional
O presidente galego mantivo unha xuntanza cos CEOs de Amper e de EKS Hitachi Energy, que confirmaron o proxecto de fabricación de equipos de electrónica de potencia para enerxías renovables e para almacenamento de enerxía en sistema de baterías
Rueda agradeceu á compañía tecnolóxica que reforce a súa aposta por Galicia e que contribúa a consolidar a Comunidade como referente en renovables e, en particular, na eólica mariña
A presenza do grupo Amper xa inclúe a súa división Nervión Naval Offshore para fabricar a plataforma flotante de eólica mariña no Porto Exterior de Ferrol e unha planta de velas ríxidas nas Somozas
A primeira edición do Foro, que se enmarca no Programa de Talento da Xunta, terá lugar en Bruxelas os vindeiros 8 e 9 de marzo
Como obxectivos destacan fomentar a relación e intercambio de ideas entre o persoal investigador galego afincado no estranxeiro e o de Galicia e visibilizar oportunidades de retorno de talento á Comunidade galega
Na xuntanza coa rede InvestiGal, que conta con máis de 540 asociados, a directora de Gain presentoulle ao colectivo o texto definitivo do decreto que regula a carreira investigadora na Administración pública galega e que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 11 de xaneiro
• A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, coñeceu os detalles da inversión nunha reunión de traballo con directivos do grupo especializado en torres para o sector eólico e xa presente en Galicia desde 2008 cunha factoría no Carballiño
• Lorenzana informou á empresa de ferramentas da Xunta como a Oficina Económica de Galicia ou os plans de dinamización industrial para acompañar e asesorar ás industrias nos seus proxectos de expansión
• A conselleira enxalzou que poida manterse a actividade industrial na factoría de Ponteareas da man dunha compañía que acumula máis de 15 anos de experiencia no sector eólico
• A liña está orientada á posta en marcha de sistemas ou procesos entre un líder industrial cara ás empresas da súa cadea de valor ou á introdución de proxectos individuais vencellados á dixitalización e conectividade das pemes
• A intensidade media de axuda supera o 40% dos gastos e dos investimentos necesarios para cada iniciativa de transformación dixital
• O programa forma parte da aposta da Xunta de Galicia pola dixitalización e pola mellora de competitividade do tecido produtivo galego
• O Igape tamén ten activos outros programas que priorizan a innovación e dixitalización das pemes, como o ReAcciona, que abrirá o prazo de solicitude de axudas o vindeiro 1 de abril
• Nun encontro empresarial ao que asistiu o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, sinalou como grandes prioridades do Goberno galego desburocratizar, facilitar o acceso a solo industrial e a financiamento, e impulsar as renovables
• Lembrou o papel dinamizador da “xanela única” da Oficina Económica de Galicia e referiuse á posta en marcha dun plan autonómico de aceleración de proxectos industriais
• Afondou en que a Lei de aproveitamento dos recursos naturais e a nova sociedade Recursos Naturais de Galicia vincularán o desenvolvemento industrial na Comunidade ao despregamento das renovables
• A convocatoria, dotada con 3 millóns de euros, está dirixida a particulares, autónomos e empresas
• As axudas oscilarán entre 3.000 e 4.000 euros segundo o tipo de vehículo, cun incremento adicional do 20% para as familias numerosas
• O prazo de solicitudes estará vixente entre o 17 de xaneiro e o 30 de setembro, ou ata o esgotamento do crédito
• O programa Renova o teu vehículo aposta por fomentar a transición cara a unha mobilidade eficiente, así como por dinamizar o sector e modernizar o parque automobilístico galego