Nesta edición, o programa de axudas da Adminsitración galega eleva o seu orzamento ata os 3,5 millóns, para contribuír á venda de 1.600 automóbiles eficientes nos concesionarios galegos
En comparación co programa estatal Moves, o da Xunta “é menos burocrático porque a Administración autonómica fai o pagamento da axuda directamente ao establecemento de venda, sen que o beneficiario teña que desembolsala previamente”, matizou María Jesús Lorenzana
Subvenciónase a adquisición de vehículos novos -turismos ou furgonetas- con determinadas características de emisións e cun custo inferior ou igual a 42.000 euros, contía ampliable a 47.000 para eléctricos con autonomía superior a 30 kilómetros
As axudas poden chegar ata os 4.000 euros, e no caso das familias numerosas ata os 4.600
A conselleira de Economía e Industria presentou en Pontevedra o plan `Renova o teu Vehículo´ xunto a representantes de Faconauto
Trátase dun dos maiores paquetes de apoio empresarial anticipado -dispoñible desde comezos de ano- postos en marcha pola Administración autonómica
Inclúe a liña de préstamos directos, que é a de maior dotación orzamentaria (62 millóns de euros) e que estará dispoñible desde o 26 de xaneiro
As primeiras axudas que abren o prazo de solicitude, xa o 17 de xaneiro, son o novidoso programa Industria Innova (30 millóns de euros), o IA 360 (10 millóns) e o Igape Innova (4 millóns)
A conselleira de Economía e Industria informou sobre este histórico paquete de apoio empresarial anticipado durante unha visita ás instalacións da conserveira Orbe, en Ponte Caldelas
María Jesús Lorenzana explicou que, por segunda vez, a Xunta publica a inicios de ano a maior parte do catálogo de axudas do Igape “para que o empresariado saiba con que poderá contar e poida organizar os seus investimentos e actividades” de xeito acompasado cos apoios da Xunta
Na inauguración do ‘Startup Day Incubación’, a directora do Igape enxalzou que Galicia vive “un momento especialmente favorable para a innovación”, cun ecosistema “diverso, equilibrado e en crecemento”
Precisou que o investimento galego en I+D ronda o 1,3% do PIB, co que a Comunidade se consolida como o sexto ecosistema máis dinámico de España, con máis de 400 empresas tecnolóxicas, case 3.000 empregos xerados e 290 millóns de euros de facturación
A Business Factory Sport intégrase na rede galega de aceleradoras sectoriais, un modelo baseado na colaboración público-privada que xa leva impulsado máis de 830 proxectos innovadores e xerado 1.400 empregos cualificados
O presidente da Xunta participou coa conselleira de Economía e Industria no acto simbólico de colocación da primeira pedra da futura fábrica
Rueda define a central de carbón vexetal como “exemplo da Galicia industrial, sostible e competitiva que promove o Executivo autonómico”
O proxecto, no que Xallas Electricidad y Aleaciones e Energo-Pro prevén investir 23 millóns, foi declarada pola Xunta como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) para simplificar e axilizar os trámites administrativos
Na Comunidade xa hai un total de 17 iniciativas que contan coa declaración de PIE, cun investimento conxunto de case 3.000 millóns e coa previsión de crear máis de 4.700 empregos
A sociedade mixta Recursos de Galicia, participada pola Xunta, está a poñer en marcha unha comercializadora galega con prezos reducidos para particulares e empresas nas zonas onde se instalen novos parques eólicos
A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, activará unha nova liña de axudas para fixar investimentos vinculados á descarbonización e á transformación do tecido produtivo
Alfonso Rueda precisou que os apoios van dirixidos a operacións que impliquen un investimento mínimo de 10 millóns e que xeren emprego estable e de calidade no territorio
A Xunta tamén pon en marcha unha nova edición de préstamos parcialmente reembolsables, cunha dotación de 22 millóns de euros, para pemes da provincia da Coruña
Esta liña apoiará a creación de novos establecementos, a amp
liación da capacidade produtiva e a diversificación da produción ou a transformación dos procesos produtivos existentes
En total a Xunta de Galicia mobiliza no inicio do ano un total de 102 millóns no marco do programa dos fondos de transición xusta
A Xunta de Galicia investiu máis de 7,5 millóns de euros nunha actuación que define como moi necesaria, ao estar ocupadas as 90 parcelas actuais e non haber oferta dispoñible de solo empresarial
A estratexia de impulsar solo nas grandes áreas industriais de Galicia e nas comarcas do interior para fomentar o reequilibrio territorial aumentará en 2,6 millóns de metros cadrados a superficie nos polígonos e parques ourensáns
Na actualidade está en tramitación a redacción do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial dos parques de Carballiño-Maside, Paderne de Allariz e Pereiro de Aguiar, e xa se licitaron as obras de ampliación do Polígono de San Cibrao
O programa Renova o teu Vehículo contará este ano cun orzamento de 3,5 millóns de euros e prevé impulsar a venda duns 1.600 automóbiles eficientes, con axudas de ata 4.000 e 4.600 euros
Estes apoios subvencionan a adquisición de turismos ou furgonetas cun custo inferior ou igual a 47.000 euros se se trata dun automóbil eléctrico
Para lograr as axudas é preciso acreditar a baixa definitiva de circulación dun vehículo a achatarrar cunha antigüidade de, polo menos, dez anos no caso dun turismo ou de 5 no dunha furgoneta