Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Entre todas apoiarán a internacionalización das empresas galegas nun mercado conxunto formado por máis de 2.000 millóns de potenciais consumidores

  • A rede de Antenas do Igape ofrece servizos individualizados e gratuítos a sociedades, asociacións empresariais e institucións galegas, desde o acompañamento e asesoramento inicial ata a expansión comercial en destino

  • Nunha xornada sobre o potencial de Marrocos, Covadonga Toca salientou que máis de 600 empresas galegas operan neste país, que ocupa o sétimo posto no ránking de exportacións

  • As expedicións galegas rumbo ao mercado marroquí superaron no último ano os 1.260 millóns de euros de valor, grazas á demanda de sectores como o téxtil (695 millóns), a automoción (114 millóns) e os produtos minerais (112 millóns)

Durante a inauguración da xornada “Marrocos: Economía e oportunidades de negocio en África para as empresas galegas”, celebrada con motivo da renovación dos servizos que ofrece a Antena do Igape instalada no país, Covadonga Toca precisou que a Xunta realizará este ano aperturas en Xapón e Emiratos Árabes, países que se suman ás antenas xa en plena actividade en Marrocos, México, Estados Unidos e China. “Con estas oficinas, o Igape apoia ás empresas galegas nun mercado conxunto de máis de 2.000 millóns de potenciais consumidores”, afondou a directora do Igape, que lembrou que, entre os principais servizos que presta este rede de Antenas, atópase o acompañamento e asesoramento inicial, o apoio á implantación en destino, a elaboración de axendas comerciais ou o apoio á expansión comercial en destino.

“Deste xeito, ofrécense servizos individualizados e gratuítos para as empresas, as asociacións empresariais e as institucións galegas, actuando como unha ponte que una á empresa co seu mercado de destino, permitindo a súa internacionalización de forma adecuada”, salientou Covadonga na xornada sobre o potencial económico de Marrocos para as empresas galegas.

Así mesmo, a directora do Igape aludiu tamén a outros programas e actuacións en materia de internacionalización que desenvolve a Consellería de Economía e Industria, entre os que destacou os bolseiros e xestores de internacionalización, as liñas Galicia Exporta Empresas, Galicia Exporta Organismos Intermedios e Galicia Exporta Dixital, ou o Plan Foexga en colaboración coas Cámaras de Comercio. “E este ano sumamos tamén unha nova liña de préstamos directos para financiar a implantación das empresas galegas no exterior”, detallou.

Para rematar a súa intervención, Covadonga Toca enxalzou que o fomento da cooperación público-privada “permitiranos manter e reforzar a colaboración co tecido produtivo galego, cooperación necesaria para axudar ás empresas a superar os obstáculos que enfrontan ao exportar e expandirse a mercados internacionais”, relatou.

APOIO A 600 EMPRESAS EN MARROCOS

A Antena do Igape en Marrocos, do mesmo xeito que o resto destas oficinas, ten por obxectivo facilitar o camiño das empresas galegas en destino, procurando achegar información e acompañar ás pemes nos seus proxectos de internacionalización e configurando así un mercado de potenciais consumidores na busca de novas oportunidades de negocio. Neste sentido, facilita o labor comercial das máis de 600 compañías galegas que operan neste momento nun país que se sitúa no sétimo lugar no que ao global das exportacións galegas se refire.

Así, durante o último ano, as exportacións galegas a Marrocos superaron os 1.260 millóns de euros, destacando sectores como o téxtil (695M€), a automoción (114M€), os produtos minerais (112M€), o metalmecánico (86,5M€) ou o agroalimentario (79,3M€).

  • O prazo de presentación das solicitudes rematará o 30 de maio, dentro dunha convocatoria na que son subvencionables as actuacións que se executen en zonas rurais e que fixen un investimento mínimo de 5.000 euros

  • Estes apoios permitirán mobilizar 4,3 millóns de euros e lograr un aforro de enerxía anual equivalente a 264.000 litros de gasóleo, cun impacto na redución de CO2 comparable á plantación de 36.000 árbores

  • As axudas están orientadas á promoción de enerxía renovable eléctrica mediante xeración fotovoltaica ou miniéloica, e a proxectos de mellora da eficiencia enerxética, con contías que oscilan entre o 30 e o 50% do custo

  • Na selección dos proxectos valoraranse as características técnicas e haberá prioridade para solicitudes procedentes de explotacións inscritas no Reaga (Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia)

 

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), ten en marcha unha nova convocatoria de axudas dotada con 1,27 millóns de euros co obxectivo de que empresas e autónomos do ámbito agrícola primario poidan optimizar o seu consumo enerxético e desenvolver proxectos de enerxías renovables eléctricas.

Os apoios, que poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio, favorecerán a mobilización de 4,3 millóns de euros e un aforro de enerxía anual equivalente a 264.000 litros de gasóleo. Neste sentido, os beneficiarios aforrarán uns 400.000 euros ao ano no abastecemento enerxético grazas a estes apoios, mentres que o impacto na redución de CO2 é o equivalente a plantar 36.000 árbores. En concreto, apoiarase a promoción de enerxía renovable eléctrica mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólica, e actuacións de mellora da eficiencia enerxética.

Mediante esta convocatoria, en concorrencia competitiva e financiada con fondos FEADER, serán subvencionables actuacións que se executen en zonas rurais e teñan un investimento mínimo de 5.000 euros por solicitude (IVE non incluído). A contía da axuda é do 30% do custo elixible no caso de grandes empresas, do 40% para medianas e do 50% para pequenas empresas, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo no que se establece unha axuda máxima de 500.000 euros por proxecto e por empresa.

MELLORA SOCIOECONÓMICA DAS ÁREAS RURAIS

Con esta convocatoria búscase reducir os custos enerxéticos e a factura de enerxía das empresas e autónomos do sector agrícola primario galego para mellorar a súa competitividade, diminuír o consumo de enerxías convencionais para reducir a dependencia enerxética dos derivados de petróleo, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible, e propiciar unha mellora socioeconómica das áreas rurais e a súa protección ambiental.

Á hora de seleccionar os proxectos, ademais de valorar as características técnicas dos mesmos, primaranse as explotacións inscritas na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Tamén se outorgarán puntos en función da renda dispoñible bruta por habitante do concello no que se desenvolvan, priorizando os que se ubiquen en zonas economicamente menos favorecidas.

 

  • O presidente da Xunta salientou na clausura da asemblea de Ceaga que “aínda estamos a tempo de cambiar o sistema de distribución deses miles de millóns de euros en PERTES industriais que seguen na casa de saída”

  • Garante o apoio do Goberno galego “para que este sector tan global siga aumentando a súa competitividade e a creación de emprego”

  • Enxalzou o avance de Galicia nos últimos anos á hora de impartir a formación sectorial dun xeito máis rápido e flexible, para que o persoal poida asumir novos métodos de traballo

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia