Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

 

  •  O encontro `Accións de promoción para o sector da pedra natural no 2025: a visión da Xunta´ analizou a competencia dos materiais artificiais e os custes de produción na actual coxuntura económica

  • Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Minas, precisou que o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas para 2025, que acaba de entrar no Parlamento, reforza a figura do Consello da Minería de Galicia

  • A iniciativa de crear este conglomerado de empresas galegas xerará “sinerxías entre deseño, industria e tecnoloxía, impulsará a sustentabilidade e promoverá a innovación en deseño de espazos e experiencias”, avanza a conselleira de Economía e Industria
  • Matizou que esta aposta pola colaboración público-privada, que agrupa a máis dun cento de empresas, vai permitir “o desenvolvemento de importantes proxectos de I+D que manteñen ao sector á vangarda da innovación”
  • María Jesús Lorenzana visitou, no marco da Semana Internacional do Contract organizada polo Igape, as instalacións de Aluman en Arteixo, empresa que definiu como “exemplo de diversificación e internacionalización”

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que Xunta e empresas impulsarán o Clúster Contract de Galicia que reunirá a toda a cadea de valor do sector e reforzará o seu liderado a nivel global. No marco da Semana Internacional do Contract que organiza cada ano o Igape, Lorenzana visitou as instalacións en Arteixo da empresa Aluman, á que puxo como “exemplo de diversificación e internacionalización”.

Durante a visita, explicou que a creación do Clúster Contract de Galicia permitirá “seguir creando sinerxías entre deseño, industria e tecnoloxía; impulsar a sustentabilidade; e promover a innovación en deseño de espazos e experiencias”.

Neste sentido, a titular de Economía e Industria apuntou que o contract galego, do que forman parte máis dun cento de empresas, destaca pola súa calidade, diferenciación e competitividade, unhas características “que son froito dun esforzo constante en innovación”, asegurou. Ademais, tamén puxo en valor o espírito de cooperación desta agrupación ou conglomerado de sociedades de referencia, pois “as empresas do sector non traballan soas, colaboran entre si e con nós, coa Administración, a través dos distintos clústers e centros tecnolóxicos”, subliñou.

Finalmente, María Jesús Lorenzana explicou que esta aposta pola colaboración público-privada, na que se enmarca a creación do novo clúster do contract, permite o desenvolvemento de importantes proxectos de I+D que manteñen ao sector á vangarda da innovación.

 

  • Nunha xornada informativa co sector empresarial, a conselleira de Economía e Industria puxo en valor o rol e a boa acollida deste novo instrumento para desburocratizar os procedementos administrativos
  • Lorenzana salientou que a Oficina Económica de Galicia xa leva concertado 430 reunións de asesoramento, nas que se abordaron 164 proxectos de especial relevancia para a Comunidade
  • Tamén remarcou a axilidade e eficacia na xestión das consultas, e precisou que “case un 80% foron resoltas no acto”
  • A conselleira lembrou que o obxectivo é “desburocratizar os procedementos administrativos”, simplificar, facer da Administración un aliado da empresa e situala no centro das políticas económicas
  • Neste encontro, destacou que os orzamentos do Igape para 2025 medrarán un 20% e farán unha aposta decidida polo apoio empresarial

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, puxo en valor a boa acollida que está a ter a Oficina Económica de Galicia que, desde que entrou en funcionamento en abril, leva atendidas ata o de agora 9.464 consultas, un milleiro delas nas últimas tres semanas, e case un 80% foron resoltas no acto.

Nunha xornada informativa na que participaron algunhas das empresas que se levan beneficiado dos servizos desta entidade, a conselleira avanzou que tamén se teñen concertado 430 reunións de asesoramento empresarial entre outros asuntos, para abordar 164 proxectos de especial relevancia.

“O que pretendemos é desburocratizar os procedementos administrativos”, dixo Lorenzana, que avogou por facer da Administración un aliado da empresa. “Traballamos con vós, tentando facer o proxecto noso para que exista un promotor público” desa iniciativa. “Tratamos de falar o voso mesmo idioma”, remarcou.

Xunto con isto, tamén mencionou que, ao longo destes meses, se realizaron máis dunha decena de accións en colaboración con Xesgalicia, con outros departamentos da Xunta e con axentes externos ao Igape como o Ministerio de Industria, SEPIDES (Empresa pública de Financiamento Empresarial), ENISA (Empresa Nacional de Innovación), BEI (Banco Europeo de Investimentos), ICEX, Cesce (Compañía de Xestión Integral do Crédito Comercial), e confederacións de empresarios, universidades e centros tecnolóxicos.

“O obxectivo que temos con este proxecto, simplificar, está encadrado dentro de toda a estratexia económica da Xunta de Galicia. Estamos tentando poñer a empresa no centro das políticas económicas que estamos facendo. Temos que tratar de que a empresa poida crecer sen que a Administración estorbe”, resaltou.

DINAMISMO ECONÓMICO

A conselleira cualificou o contexto económico de Galicia como moderadamente bo, tal e como demostra o índice de confianza empresarial, que sitúa a comunidade como a segunda con maior crecemento; a boa marcha das exportacións, cun incremento no que vai de ano do 2,9% (20.093,2 millóns de euros), que contrasta co descenso do 0,5% na media de comunidades; ou a cifra de negocios da industria, onde Galicia é a cuarta autonomía con maior crecemento anual.

Lorenzana concluíu aludindo aos orzamentos do Instituto Económico de Galicia (Igape) para 2025 que, segundo dixo, medran un 20% respecto ao ano anterior, cunha aposta decidida polo apoio empresarial.

  • A conselleira de Economía e Industria participou  no Parlamento no debate final do texto, desenvolvido en liña cos obxectivos do informe Dragui sobre o futuro da competitividade europea

  • María Jesús Lorenzana enxalzou que a nova Lei sitúa a Galicia "ao carón das primeiras economías", ao tempo que permitirá progresar na descarbonización e no autoabastecemento"

  • Avanzou que vai xerar "un crecemento industrial e enerxético importantísimo" na actual lexislatura e nas seguintes

  • A Consellería de Economía e Industria destina máis de 3 millóns de euros a esta convocatoria, que permanecerá aberta ata o 22 de xullo e que está dirixida a menores de 35 anos

  • Esta iniciativa contribúe á capacitación profesional de novos titulados na internacionalización de empresas, á mellora da súa empregabilidade e ao desenvolvemento de proxectos de comercio exterior nas pemes galegas

  • O programa xa ten beneficiado a 400 profesionais, que colaboran na proxección internacional das empresas galegas desde mercados como Estados Unidos, Canadá, China, Australia, Corea do Sur, Filipinas e Emiratos Árabes

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 21 de xuño unha nova convocatoria do programa de bolseiros de internacionalización, que permite aos participantes adquirir competencias profesionais en mercados exteriores na procura de seguir a mellorar as vendas internacionais do tecido empresarial galego. Desta volta, a iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape, destina máis de 3 millóns de euros para fortalecer a especialización en comercio exterior de 50 mozas e mozos galegos.

A convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de xullo, vai dirixida a persoas menores de 35 anos, con titulación universitaria superior. O obxectivo é achegar formación práctica en internacionalización que se poderá levar a cabo no estranxeiro e/ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial.

Os países nos que os seleccionados completarán a súa formación no estranxeiro inclúen novos mercados internacionais, algúns deles de interese estratéxico para o tecido empresarial galego. Así, os bolseiros terán como posibles destinos, entre outros, Bogotá, Casablanca, Chicago, Dubai, Dusseldorf, Johannesburgo, Kuala Lumpur, Lima, México, Miami, Montevideo, Oslo, Ottawa, Roma, Seúl, Singapur, Tokio, Varsovia ou Yakarta.

Deste xeito, a iniciativa contribúe á capacitación profesional de novos titulados na internacionalización de empresas, á mellora da súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral e ao desenvolvemento de proxectos de internacionalización das pemes galegas nos que colaborarán os bolseiros achegando os seus coñecementos ao tempo que reforzan a súa formación práctica.

A programación das bolsas abrangue o estudo dos sectores máis importantes dos mercados estranxeiros, a análise das oportunidades e debilidades dos sectores estratéxicos galegos en relación coa súa internacionalización e o estudo das formas de introdución das empresas nos mercados internacionais, contando para a aprendizaxe co apoio de titores tanto nas estadías no estranxeiro como en Galicia.

Este programa facilitou desde a súa posta en marcha a capacitación de 400 novos titulados galegos, que se especializaron en comercio exterior mentres colaboraron coa internacionalización das empresas de Galicia desde mercados tan dispares como Filipinas, Canadá, Estados Unidos, China, Australia, Corea do Sur ou Emiratos Árabe, entre outros.

A iniciativa inclúese na Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2021-2025 que está a promover a Xunta para contribuír ao incremento da competitividade exterior das empresas galegas, que durante o ano pasado acadaron rexistros históricos en exportacións, ao superar a barreira dos 30.000 millóns, e que este ano se manteñen en números similares durante o primeiro trimestre.

  • A conselleira de Economía e Industria participou na presentación do proxecto ‘Facendo Plus’, liderado por Stellantis Vigo e integrado no programa de axudas da Xunta ‘Fábrica Intelixente e Sustentable’, dotado con 24 millóns de euros

  • Considera fundamental evitar a deslocalización de investimentos, e reitera o compromiso autonómico co sector con medidas como o plan director da automoción e a liña de axudas de 18 M€ para a industria de compoñentes

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, apelou ao traballo conxunto entre a Administración autonómica e toda a cadea de valor do sector da automoción en Galicia para que esta industria saia fortalecida fronte aos retos que está afrontando. “A automoción ten, a día de hoxe, moitas dificultades desde o punto de vista regulatorio, da electrificación, a competencia con economías con custos laborais e medioambientais máis laxos, e necesitamos, sen dúbida, facelo moi ben, primeiro de todo, os gobernos”, dixo.

Acompañada da directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Carmen Cotelo, e do secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, Lorenzana asistiu á presentación do proxecto ‘Facendo Plus’, liderado por Stellantis Vigo en colaboración co CTAG, Gradiant, Aimen, EnergyLab, a Universidade de Vigo e as empresas Unimate Robótica, SFC Solutions, Probotec e Itera Técnica. Un proxecto que se enmarca na última convocatoria do programa de axudas da Xunta ‘Fábrica Intelixente e Sustentable’, dotado con 24 M€, e que, desde 2016 e nas súas cinco edicións convocadas, prestou apoio a 24 iniciativas de innovación industrial que mobilizaron 271 M€ en investimentos.

AUTOMOCIÓN GALEGA DE RÉCORD

Na súa intervención, a conselleira de Economía e Industria puxo en valor como cada ano a automoción en Galicia consolida cifras récord. En facturación, un 12% máis en 2023, ata acadar os 13.000 M€. En exportacións, en 2023 marcou o seu mellor dato histórico, con 9.400 M€, o que supón un incremento do 14% con respecto a 2022 e equivale ao 31,3% do total de exportacións de Galicia. En capital humano, a cifra de persoas traballadoras creceu un 7% e contabiliza neste momento 24.800 empregos directos. Tamén as vendas de compoñentes ao exterior creceron un 18% en 2023, alcanzando os 2.050 M€. E en produción nacional, a factoría de Balaídos fabricou o pasado ano o 22% dos vehículos producidos en España, polo que volve a ser a máis produtiva.

María Jesús Lorenzana considerou, non obstante, que o fundamental neste momento é evitar a deslocalización de investimentos. Ao respecto, reiterou o compromiso da Xunta co sector, que se pon de manifesto con medidas como o plan director da automoción que se vai presentar este mes e que inclúe a liña de axudas de 18 M€ de fondos propios para apoiar a competitividade, a eficiencia enerxética e os investimentos da industria de compoñentes que acompañan a Stellantis en todo o seu proceso produtivo. E tamén apuntou que a Xunta está traballando en novas liñas dentro dos fondos FEDER asignados a Galicia destinadas ao sector, sabendo que as pequenas e medianas empresas auxiliares xeran máis de 18.000 empregos.

Unha vez máis, a conselleira volveu lembrar que hai máis de 33.000 M€ de fondos en Pertes industriais e o 50% aínda está sen convocar, polo cal considerou que “aínda hai marxe para que eses fondos poidan chegar ao tecido produtivo e a esas rexións que somos líderes en produción e que temos que seguir séndoo”.

Lorenzana concluíu facendo referencia aos tres piares en que se basea a política económica da Xunta: a desburocratización, coa Oficina Económica do Igape en marcha desde abril; a aceleración de proxectos industriais con máis de 800.000 euros de investimento; e unha planificación enerxética adaptada á planificación de solo industrial a través do mapa industrial no que se está a traballar. Xunto con isto, tamén mencionou o impulso á innovación industrial, cunha nova área de innovación no Igape coordinada coa Axencia Galega de Innovación (Gain), agora dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia