O balance en Galicia das tres edicións que se levan convocado é dun orzamento de 54 millóns e de 13.743 solicitudes por un importe conxunto de 73,8 millóns
A conselleira de Economía e Industria lamenta que o Goberno non atenda as peticións das comunidades autónomas e do sector consistentes nun plan “que corrixa as deficiencias do actual modelo”
En contraposición ao MOVES, enxalzou o programa de axudas convocado pola Xunta con fondos propios, o plan Renova o teu vehículo, xa que implica un desconto directo na factura de compra, ao ser aplicado polo concesionario dentro da operación
Na entrega de diplomas aos 250 beneficiarios da convocatoria 2024-2025 referiuse a esta iniciativa da Xunta como eixo do modelo galego de retorno ordenado e de atracción de talento novo
Afirmou que os datos avalan o éxito do programa, con preto do 80% dos bolseiros instalándose en Galicia e con máis do 60% atopando emprego na Comunidade
O presidente da Xunta precisou que as BEME forman parte dunha estratexia máis ampla, o plan Galicia Retorna, que inclúe máis de 100 medidas para facilitar o regreso e a integración dos retornados
A convocatoria do vindeiro curso ofrecerá outras 250 prazas nas tres universidades públicas galegas para alumnado de orixe galega, que poderá optar a máis de 80 mestrados diferentes
Desde 2017, o número de beneficiarios só no referido aos posgraos xa supera os 1.500, procedentes dun total de 41 países
Covadonga Toca, directora do Igape, subliñou na apertura do Mindtech Startup Event a aposta en Galicia polo talento innovador, con medidas de apoio que abarcan desde as fases iniciais ata a expansión internacional
Lembrou a liña de axudas, dotada con 1,5 millóns de euros, que permite cubrir o 100% dos gastos das startups galegas no seu arranque, con achegas de ata 20.000 euros por proxecto
No evento de Mindtech, a feira industrial de Vigo, Toca Carús eloxiou o bo momento do sector metalúrxico galego, que sostén máis de 60.000 empregos e que en 2024 medrou un 3%, cunha ocupación produtiva superior ao 90%
Alfonso Rueda precisou que o prazo pode chegar aos 12 anos e a carencia a catro, o dobre do habitual no financiamento empresarial
O presidente da Xunta estima que o volume de préstamos para paliar os efectos da política arancelaria dos Estados Unidos acade os 10 millóns de euros neste exercicio
A nova liña está dirixida a empresas que acrediten un volume mínimo de exportacións ao mercado estadounidense por importe de 100.000 euros ou que representen máis do 10% das súas vendas
María Jesús Lorenzana avanzou a posta en marcha dun novo servizo de consultoría especializada, dentro do programa Reacciona, para acompañar ás empresas galegas na estratexia de diversificación comercial
A conselleira de Economía e Industria lembrou que desde abril a Xunta mantén encontros e “interlocución directa” cos sectores máis expostos á política arancelaria, como o naval, agroalimentación, biotecnoloxía, loxística, metalmecánica e materiais de construción
A conselleira de Economía e Industria explicou no Parlamento que esta iniciativa forma parte da Estratexia Galega do Aeroespazo, Seguridade e Defensa, que busca a entrada de sectores estratéxicos como a automoción, naval, metalurxia e as TIC
No primeiro ano de funcionamento, a Oficina Económica de Galicia leva atendidas máis de 22.600 consultas, o 85% delas resoltas no acto
Como medida fronte á política arancelaria dos Estados Unidos, está a dar apoio á antena do Igape en Miami para axudar ás empresas a fixar novas estratexias de exportación
Nunha xornada do Inega sobre repotenciación eólica, a conselleira de Economía e Industria matizou que si O Goberno implanta redes de transporte e distribución axeitadas aumentaría a produción eólica ata un 124%, o equivalente a 70 parques
Con esas infraestruturas de rede, reduciríase ata un 76% o número de aeroxeradores na paisaxe galega, e sen ampliar a ocupación de terreos
María Jesús Lorenzana resalta que en Galicia hai dez proxectos industriais pendentes só de que se reforce a rede de transporte eléctrico e lembra que “son 1.200 MW que non están atendidos na planificación actual nin na súa modificación”
O presidente da Xunta non recuncia a chegar a acordos en vivenda, sempre que se cumpra con que a achega autonómica se dedique ás prioridades establecidas por cada Comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos
Solicitou ao presidente do Goberno que ceda á Xunta todas as vivendas da Sareb habitables, en situación legal e en zonas con demanda para convertelas en vivendas públicas, e que corrixa as “medidas contraproducentes” para activar o mercado, protexendo aos inquilinos e reducindo a presión fiscal
En financiamento autonómico, Rueda plantexou que as Comunidades reciban as entregas a conta e o pago dos correspondentes intereses, ao tempo que reiterou a petición dun cambio de modelo
No cumio de presidentes autonómicos celebrado en Barcelona, o titular da Xunta demandou o cofinanciamento ao 50% -entre a Administración autonómica e a estatal- dos servizos e prestacións da dependencia
En materia de Sanidade incidiu nas competencias do Goberno central e salientou a importancia de que se aumente a capacidade das Comunidades de contar con máis profesionais de atención primaria, aumentar a idade de xubilación en especialidades deficitarias e desbloquear a homologación de títulos estranxeiros
No tocante ás infraestruturas enerxéticas, pediu cambiar a súa planificación para impedir que haxa “proxectos industriais cuxo principal problema sexa a subministración eléctrica” e para evitar dificultades para instalarse nos territorios