Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Esta medida para facer fronte ao despoboamento do rural é posible grazas a un convenio entre a Consellería de Economía e Industria, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes)
  • Nesta lexislatura está prevista a adhesión duns 200 establecementos, a metade dos que forman parte deste colectivo empresarial
  • Abanca dotará ás gasolineiras de terminais de puntos de venda (TPV) de última xeración para pequenas retiradas gratuítas aos clientes de tarxetas bancarias emitidas pola entidade
  • A sinatura do convenio acompáñase dunha orde de axudas da Xunta que fixa 800.000 euros para a modernización das gasolineiras e que abarca a mellora dos sistemas de pagamento, seguridade e instalación de grupos electróxenos

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarca que a chinesa Sungrow converte a Galicia en referente en solucións de almacenamento de última xeración
  • As instalacións de Bess Sanxenxo no polígono de Nantes xa estarán operativas este verán, cunha potencia instalada e de funcionamento de 5 megavatios
  • Lorenzana incidiu en que a Xunta seguirá insistindo no carácter prioritario destas tecnoloxías, á espera da Orde do Goberno central para a creación dun mercado de capacidade no sistema eléctrico español

  • Os apoios, que poden chegar a 9.000 euros en función do tipo de solicitante, modelo e uso, abarcan eléctricos puros, híbridos enchufables, eléctricos de autonomía estendida e de pila de combustible
  • A liña para implantación de infraestruturas de recarga establece axudas de entre o 20% e o 80% do custo subvencionable
  • Con esta nova convocatoria, a Xunta prevé mobilizar case 100 millóns de euros, favorecer un aforro anual de 2,8 millóns nos custos de combustible e lograr unha redución de CO2 equivalente a plantar 186.000 árbores
  • O ourensán Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Minas, avanzou as características do Moves III-2025 nunha visita a Cibrao Motor, un dos 295 puntos de venda adheridos ao programa da Xunta

 

  • Na clausura das Xornadas do Encontro Mundial de Galegos, organizadas por Aegama na illa da Toxa, sinalou que a Comunidade vive un momento “especialmente atractivo, bo para o emprendemento e cunhas cifras de paro que seguen mellorando”
  • Resaltou que Galicia achega estabilidade, seguridade e “brazos abertos” a quen queira vir a investir, e precisou que a Xunta ten unhas “prioridades claras” para axudarlles a solucionar problemas como as vacantes de difícil cobertura ou o absentismo laboral
  • A Xunta facilita o retorno das novas xeracións de galegos, con medidas como a Estratexia Galicia Retorna ata 2026, as bolsas BEME para estudos de mestrado ou o apoio a redes empresariais

  • O presidente da Xunta liderou a delegación española no Comité das Rexións
  • Matizou que a busca da simplificación non debe supoñer unha recentralización da xestión dos fondos e asegurou que a política de cohesión foi un dos grandes motores do progreso europeo
  • Destacou que a integración europea de España e Portugal significou un dos grandes fitos recentes, que deu comezo a catro décadas “de gran prosperidade para ambos países”
  • No debate sobre o financiamento para a transición cara unha enerxía limpa, sostivo que as renovables son o xeito de xeración máis sostible e que constitúen unha aposta de futuro na que as rexións deben ter un papel protagonista

  • A conselleira de Economía e Industria precisa que as actividades turísticas son o motor do 11% do total de ocupados na Comunidade
  • Afirma que as empresas do sector turístico están a contribuír á internacionalización da economía galega e á proxección exterior do territorio
  • María Jesús Lorenzana participou en Santiago na inauguración do proxecto Casas do Sarela, que converteu unha antiga fábrica de curtidos nun novo establecemento cun diseño arquitectónico que conxuga tradición e vangarda

  • Agradeceu ao alcalde Rui Moreira esta distinción que definiu como “expresión do vínculo histórico, cultural e institucional” entre ambos territorios
  • O presidente da Xunta matizou que a entrega das Chaves da Cidade de Porto non é un recoñecemento persoal, senón “unha expresión de confianza”, e subliñou que “Porto tamén é un símbolo de carácter, identidade, modernidade e orgullo para os galegos”
  • Na súa intervención puxo especial énfase na nova petición ao Goberno central de avanzar con decisión na conexión de alta velocidade entre Vigo e Porto, “a prioridade máis evidente” no ámbito das infraestruturas
  • Lembrou que o obxectivo é que estea operativa a máis tardar en 2030, e que se desenvolva en coordinación cos aliados portugueses e coa implicación do tecido económico e social de ambos lados da fronteira
  • Rueda defendeu a inclusión da conexión Vigo-Porto na Rede Básica Europea de Transportes e precisou que Galicia e Portugal acuden esta semana a Bruxelas, ao Foro do Corredor Atlántico, “con reivindicacións parellas e demanda compatida”
  • No eido cultural, reafirmou o apoio da Xunta á candidatura do Camiño Portugués a Santiago como Patrimonio Inmaterial da Humanidade
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia