Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A conselleira de Economía e Industria fixo este anuncio na visita ás empresas tecnolóxicas Binaria e Sinerxia, en Ames, onde destacou a elevada demanda que está tendo esta novidosa liña de apoios
  • O DOG publicará nos vindeiros días a ampliación do orzamento, que inicialmente estaba fixado en 10 millóns de euros
  • María Jesús Lorenzana considera fundamental “apoiar e acompañar ás empresas que aportan solucións tecnolóxicas avanzadas á industria para incrementar a súa competitividade”
  • Lembrou o compromiso do Goberno galego coa transformación dixital, con iniciativas como a creación no Igape dunha área específica de innovación dotada con máis de 80 millóns de euros

  • Os avances na Fase IV desta infraestrutura, que permitirá o regreso da oferta de solo empresarial á comarca do Deza, foron analizados pola conselleira de Economía e Industria e o alcalde de Lalín
  • O proxecto de urbanización foi aprobado polo Concello de Lalín, en setembro está prevista a aprobación do documento final e a ampliación licitarase no cuarto trimestre deste ano
  • As actuacións que ten en marcha a Xunta para dotar á provincia de Pontevedra de máis solo industrial aumentarán as dotacións actuais en case 3 millóns de metros cadrados

  • Na presentación do diálogo estratéxico cos tres sectores, María Jesús Lorenzana resaltou como obxectivo mobilizar todo o potencial industrial e tecnolóxico de Galicia no campo da defensa e as tecnoloxías de aplicación dual e xerar unha forte demanda de produtos, sistemas e servizos
  • A conselleira de Economía e Industria asegurou que as análises previas indican que a Comunidade ten capacidade alta para a fabricación do 75% das tipoloxías de compoñentes e servizos que se requiren, “o cal dá unha idea das oportunidades que terán as nosas empresas”, avanzou
  • Tras detallar as liñas da colaboración público-privada neste campo, concluíu que “Galicia está realmente posicionada para poder ser obxectivo de atracción de investimentos neste sector”
  • Nos vindeiros cinco anos vanse destinar 183 millóns de euros coa previsión de mobilizar ata 900 millóns, e co obxectivo de atraer empresas de especialización estratéxica como o naval, a automoción, o metal ou as TIC

  • O proxecto cifra o investimento en 6,8 millóns de euros, creará unha vintena de postos de traballo e prevé a apertura para finais de 2026
  • A conselleira de Economía e Industria enxalzou esta iniciativa da concesionaria das ITV en Galicia, ao coincidir “cun momento no que estamos apostando, insistindo e poñendo todos os esforzos nunha política industrial que atraia proxectos empresariais verdes que consoliden unha industria de alto valor tecnolóxico”
  • Considera unha “moi boa noticia” constatar que o sector empresarial percibe a Xunta “como unha Administración facilitadora e amigable para o investimento”
  • Lorenzana asegura que as actividades de I+D+i no sector son clave para afrontar os retos da electrificación, a condución autónoma e a nova mobilidade

  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou na Estrada a firma Tec-Model, unha das beneficiarias do programa de axudas para a valorización de produtos en madeira
  • A convocatoria de apoios deste ano ten un orzamento de 4,4 millóns de euros e o prazo para a solicitude das axudas rematará o 1 de agosto
  • Fernández Ríos enxalza a importancia da trazabilidade de orixe na industria da madeira e lembra que a convocatoria actual contempla unha liña para dixitalización e outra para certificar a calidade e xestión ambiental

  • Participou en Barcelona na vixésima edición da Cea de AEGA-CAT, na que foron premiados Iago Aspas e o Real Club Celta de Vigo, Juan Enrique Domínguez-Muñoz, Amancio Prada, Antonio Parente, María Rey e Francisco Botas
  • Alfonso Rueda defendeu a aposta da Xunta por unha Galicia moderna, aberta ao mundo e con políticas activas para reter, recuperar e atraer talento
  • Ademais reivindicou o xeito galego de traballar como exemplo de desenvolvemento baseado na autenticidade, no impacto positivo e na procura da excelencia
  • O presidente da Xunta anunciou que o Goberno galego xa traballa na nova Estratexia de Internacionalización 2026-2030, orientada a seguir diversificando mercados, mitigar riscos e impulsar a presenza exterior do tecido empresarial galego

  • Covadonga Toca, directora do Igape, participou nun encontro de traballo coas startups que forman parte da sexta convocatoria do programa Business Factory Aero (BFAero)
  • Trasladoulles as vantaxes da Oficina Económica de Galicia e as principais liñas de axudas activadas este ano polo Igape, entre elas os programas dirixidos a startups
  • Desde que se puxo en marcha en 2018, BFAero apoiou 46 proxectos, impulsou 11 tecnolóxicas, mobilizou máis de 7,5 millóns en investimento e facilitou a creación de máis de 220 empregos cualificados

 

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou nun encontro de traballo coas startups seleccionadas na sexta edición da Business Factory Aero (BFAero), o programa impulsado pola Xunta de Galicia para apoiar o emprendemento no sector aeroespacial, aeronáutico e de vehículos non tripulados. Na reunión, celebrada na Cidade da Cultura, participaron tamén representantes de empresas tractoras e de entidades colaboradoras do ecosistema aeroespacial galego. O obxectivo do encontro foi establecer un diálogo directo entre a Administración e os proxectos incubados e acelerados, co fin de detectar as súas necesidades máis urxentes e de abrir novas vías de colaboración.

Durante a súa intervención, Covadonga Toca presentou os servizos da Oficina Económica de Galicia, un punto de contacto áxil e personalizado que ofrece atención técnica especializada, apoio operativo e acompañamento estratéxico nunha contorna de proximidade e confianza, especialmente útil para sectores de alta innovación como o aeroespacial.

LIÑAS DE AXUDA ACTIVADAS

Así mesmo, a directora do Igape explicou as principais liñas de axuda activadas este ano polo Igape, destacando os programas dirixidos a startups, os préstamos directos a proxectos estratéxicos, os apoios á transformación dixital ou as novas ferramentas para impulsar a saída ao exterior das empresas galegas.

A xornada concluíu cun espazo de networking no que os representantes das startups, entre elas Kreios Space, Slimop Space, BirdStrikeDrone, Arzeos Aircraft ou Dronomy, puideron compartir en primeira persoa as súas propostas e inquietudes con responsables do Igape e doutros organismos asistentes, como NTT Data, Airbus, Avincis ou a Fundación CEL.

A BFAero ten demostrado nestes anos un forte impacto tanto económico como industrial en Galicia. Desde a súa posta en marcha no ano 2018, apoiou 46 proxectos, contribuíndo á creación de 11 novas empresas tecnolóxicas, mobilizando máis de 7,5 millóns de euros en investimento, e facilitando a creación de máis de 220 empregos cualificados. A sexta edición pechou a convocatoria cun récord de 110 iniciativas inscritas, das que un 57% proceden de emprendedores nacionais e internacionais.

Galicia consolídase así como un dos principais polos de innovación no sector aeroespacial en España, cun ecosistema dinámico que integra máis de 55 entidades públicas e privadas, todas elas unidas para impulsar solucións tecnolóxicas que respondan aos retos da industria e da sociedade.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia