Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Nun almorzo empresarial organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), a conselleira de Economía e Industria matizou que non dar facilidades “é elixir que esa oportunidade marche a outro lugar. E Galicia non pode permitirse iso"
  • Asegurou que na actualidade España “non está preparada para atender o numerosísimo grupo de proxectos industriais súper consumidores de enerxía que están querendo instalarse no noso territorio”
  • E engadiu como mal maior que a rede de transporte “non estea capacitada para evacuar toda a enerxía que imos ser quen de producir coas renovables”
  • Lorenzana detallou que a Xunta conta xa con 15 Proxectos Industriais Estratéxicos (PIE) en tramitación, en ámbitos como o hidróxeno verde, descarbonización, economía circular, centros de datos, automoción e defensa, con case 1.500 millóns de investimento potencial e máis de 1.400 empregos

  • O director de Xera, Alfredo Fernández, destaca as posibilidades que se abren tanto en obra nova como en rehabilitación cun elemento “que vai xogar un papel fundamental para axudar no proceso de descarbonización da edificación”
  • O convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia formou en rehabilitación de estruturas de maderia a máis de 160 profesionais do sector

  • O `Informe da cadea forestal madeira 2025´, elaborado por Xera en colaboración coa Escola de Enxeñería Forestal da Uvigo, detecta actividade no 95% dos concellos galegos
  • En 2025, Galicia aproveitou case 11 millóns de metros cúbicos de madeira, o que supón máis do 50% do volume total aproveitado en España
  • Alfredo Fernández, director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), asegurou na presentación do Informe que Galicia é “unha das rexións europeas máis avanzadas en mecanización de corta e extracción”
  • Precisou que nalgúns municipios da Comunidade esta actividade chega a representar ata o 50% do emprego industrial, “reforzando o seu papel no reequilibrio territorial”
  • O director de Xera lembrou que entre 2018 e 2026 o Goberno galego destinou 110,5 millóns de euros para axudas ó sector, cun investimento inducido de 200 millóns

  • Na clausura da Asociación Galega de Empresa Familiar, agradeceu a estas compañías o seu compromiso co territorio e con trasmitir valores que identifican aos galegos: “A confianza, a estabilidade, a prudencia, a cultura do esforzo e a responsabilidade”
  • Lembrou que nove de cada dez empresas galegas teñen base familiar, representan o 86% do PIB autonómico e xeran 600.000 postos de traballo en toda a Comunidade
  • O presidente da Xunta apelou á necesidade de conseguir a competencia para outorgar permisos de traballo vinculados á residencia, xa que “fará que todo sexa máis entendible, máis aceptable e máis beneficioso para todos”
  • O Goberno galego vén de constituír a Mesa do Diálogo Social para afrontar retos como o absentismo laboral, a cobertura de vacantes ou a remuda xeracional

  • Business Factory BioTrack (BF BioTrack), Business Factory Energy (BFE) e Business Factory Health&Care (BFHC) nacen co obxectivo de acelerar empresas con alto potencial de crecemento en ámbitos estratéxicos
  • Enmárcanse na primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028, que mobilizará máis de 400 millóns de euros
  • Coa súa incorporación, Galicia reforza unha rede pioneira de Business Factory impulsada pola Xunta que xa integra sete aceleradoras moi consolidadas: BFAuto, BFAero, BFFood, BFClimaTech, BFSport, ViaGalicia e Galicia Avanza
  • Alfonso Rueda destaca que a rede de aceleradoras consolida a Galicia como a sexta Comunidade con máis empresas innovadoras de España, ao contar con 264 startups, 29 scaleups e 229 pemes, máis de 5.700 empregos xerados e unha facturación anual superior aos 556 millóns de euros

  • A conselleira de Economía e Industria subliñou que Ourene ten en tramitación, urbanización ou execución máis de 2,7 millóns de metros cadrados en polígonos industriais, cun investimento de 126 millóns de euros
  • Lorenzana precisou que as obras para ampliar nun 40% a superficie do polígono de Xinzo de Limia xa están rematadas e só pendentes de recepción por parte do Concello
  • Tamén detallou os avances para o desenvolvemento do Polígono de San Cibrao das Viñas, coa adxudicación das obras de urbanización esta semana, e para a ampliación do parque de Pereiro de Aguiar, que xa conta coa licitación do contrato de expropiación dos terreos

  • Covadonga Toca: “As empresas galegas exportan cada vez con máis valor engadido, máis capacidade tecnolóxica e maior diversificación de mercados”
  • A directora do Igape enxalza que a Antena activa en Xapón leva xestionadas preto de trinta solicitudes de servizo de empresas galegas interesadas no mercado nipón
  • En dous anos impulsou accións vinculadas a feiras internacionais como Foodex Japan, Mindtech, Stonegal ou Conxemar, así como misións inversas e encontros con entidades como Asime e Clusaga ou co sector vitivinícola
  • Toca Carús detallou que Galicia pechou 2025 cun total de 253 empresas galegas que exportaron a Xapón por valor de 151,6 millóns de euros, un 25% máis que no ano anterior
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia