O Consello da Xunta autorizou unha trintena de actuacións nas catro provincias, ás que o Goberno galego destinará máis de 440 millóns de euros
Alfonso Rueda detallou que a Comunidade galega conta na actualidade con 4.018 parcelas públicas, das que só están dispoñibles unhas 350
Entre as novidades do novo sistema de acceso ao solo empresarial están a oferta pública permanente, de maneira que os terreos que non se vendan pasarán a estar ofertados todo o ano, e a adxudicación directa
Haberá prioridade para as zonas con demanda real, potencial e capacidade para atraer proxectos tractores vinculados á nova política industrial galega
Para este ano xa está prevista a disposición de novo solo no parque empresarial de Morás (Arteixo), no polígono de As Gándaras (Lugo) e no parque de Xinzo de Limia
No período 2026-2029 comezarán as obras para a ampliación de oferta en polos como Lalín, A Estrada, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Carballo, Palas de Rei, Xove e Poio-Fragamoreira, entre outros
Os técnicos do CIS-Madeira prestarán apoio en elementos moi visibles da Catedral, como a balaustrada do cimborrio, a estrutura de madeira da Torre do Reloxo ou na construción dun novo xugo para a campá da Berenguela
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, ve na conservación do patrimonio histórico unha moi boa oportunidade para visibilizar a versatilidade estética e a durabilidade da madeira empregada na construción
Lembra que o CIS-Madeira, con sede en Tecnópole -no polígono de San Cibrao das Viñas-, tamén está colaborando na rehabilitación do Pazo de Lourizán, en Pontevedra
A directora do Igape, Covadonga Toca, remarcou a solidez da base industrial galega e subliñou o papel das políticas públicas no acompañamento ás empresas e na mellora da súa competitividade
Sinalou como prioridade “industrializar a innovación” para trasladar os avances tecnolóxicos ao conxunto do tecido empresarial, en especial ás pemes
Neste foro estatal de referencia en innovación industrial, a Comunidade galega foi distinguida xunto a outras rexións polo seu papel na última década impulsando unha industria máis intelixente, sostible e conectada
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, compareceu a petición propia no Parlamento de Galicia para anunciar este “paso decisivo” na política mineira da Comunidade
Precisou que as empresas promotoras que se presenten a este concurso, que a Xuta licitará “nas vindeiras semanas”, terán a obriga de presentar un plan social “destinado directamente á cidadanía” e adaptado “á realidade de cada concello”
Lorenzana avanzou que se van incluír dereitos mineiros sobre os que hai probada existencia do recurso, o que permitirá solicitar directamente a concesión de explotación das minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba para a obtención de ouro, volframio e estaño
Estas explotacións da provincia da Coruña poderían poñer en valor recursos naturais por importe de 7.000 millóns de euros, mobilizar uns 200 millóns de investimento e crear máis de 250 empregos directos e 750 indirectos, detallou a conselleira no pleno da Cámara
O concurso tamén incluirá máis de cen dereitos mineiros nas catro provincias galegas para permisos de investigación sobre materias primas clásicas como o caolín, arxila, cuarzo, feldespatos e granito, así como doutras críticas como o litio, niobio e tantalio na zona de Beariz e Beade, ou o cobre en Becerreá
Na clausura do foro `Empresa, Industria e Innovcación´, do programa Conecta Lugo, a conselleira de Economía e Industria anunciou que o vindeiro 18 de maio comezarán os traballos que permitirán activar as bonificacións
María Jesús Lorenzana avanzou que o deseño do plan industrial estenderá os descontos a empresas locais dos tres municipios nos que se asenta o parque: Ribadeo, Trabada e Barreiros
Inaugurou a xornada a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen animou á industria a aproveitar o potencial de recursos, coñecemento e calidade de Galicia, e da Mariña en particular, no ámbito do sector primario
O presidente da Xunta fixo un balance positivo e enxalzou que os directivos chineses de grupos líderes percibiron as vantaxes competitivas de Galicia, entre elas “a solvencia da industria auxiliar e a estabilidade institucional”
A delegación galega mantivo encontros con destacados operadores do país asiático, co obxectivo de reforzar Galicia como destino e de promocionar o Xacobeo 2027, que Rueda sinala que vai ser “un fito histórico”
O peche do programa deparou unha visita á fábrica de baterías para vehículos de nova enerxía do grupo SAIC Motor en Zhengzhou, nun dos complexos industriais máis avanzados do mundo no ámbito da mobilidade eléctrica, con capacidade para producir 300.000 packs de baterías ao ano
Na reunión con representantes da compañía, acompañado pola conselleira María Jesús Lorenzana, presentou a Comunidade galega como “un socio estratéxico que reúne as características necesarias” para a implantación en Europa
Convidou formalmente aos directivos de Goldwind a visitar Galicia para coñecer de primeira man os polos de innovación e para seguir explorando posibles vías de colaboración
O presidente da Xunta citou o Plan de repotenciación como “área de colaboración inmediata” coa compañía chinesa pola súa madurez tecnolóxica
Destacou a posición de Galicia en produción eólica e precisou que a potencia instalada permite que, xunto coa hidráulica, as renovables cubran xa o 84% do mix eléctrico galego