Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • A conselleira de Economía e Industria pechou a súa viaxe ao país con encontros na Oficina Comercial de España e na Antena do Igape
  • María Jesús Lorenzana enxalzou que todo proxecto con interese por instalarse en Galicia “vai atopar ao outro lado unha Administración coa man tendida e disposta a ofrecer solucións e garantías”

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro en Tokio con membros da Japan External Trade Organization (Jetro), o organismo gubernamental que promove o comercio e o investimento no exterior
  • Tras a visita a Jetro, Lorenzana destacou que “existe un marco de traballo común en torno ao obxectivo de fomentar o investimento estranxeiro directo”, que considera clave para Galicia
  • Presentou a Oficina Económica como “porta de entrada única” para todos os investidores asiáticos que queiran establecerse na Comunidade coas vantaxes “dun mercado confiable e dun Goberno estable que apoia ás empresas”
  • A conselleira puxo en valor a presencia en Galicia que xa acreditan compañías niponas da talla de Denso Sistemas Térmicos (Vigo), Toyota (Vigo), NTT Data (A Coruña), Fujitsu (Santiago) e as pesqueiras Europacífico (Vigo), Nissui Corporation e Wadayku Europe (O Porriño), e proxectos de futuro como os de Univergy Solar (Vigo), Resonac (A Coruña) e Sojitz Corporation (A Coruña)

 

  • A conselleira de Economía e Industria reclamou desde Xapón ao Goberno de España a convocatoria das poxas de eólica mariña e o reforzo da rede de transporte eléctrico para que a enerxía producida en Galicia poida chegar a fogares e empresas
  • Resaltou que a parálise á que o Goberno está sometendo ao sector en España “é contraproducente á hora de captar novos proxectos de investimento que poden xerar riqueza na Comunidade”, como o que promove Elawan Energy
  • María Jesús Lorenzana tamén se reuniu en Tokio con representantes de Fujitsu Limited, compañía que colabora con Galicia no despregamento da computación cuántica e que mostrou interés en coñecer a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo aprobada recentemente polo Goberno galego
  • Nunha posterior recepción institucional na Embaixada de España en Xapón, a conselleira defendeu seguir fortalecendo as relacións comerciais entre Galicia e o país asiático, mercado ao que cada vez exporta de forma regular unha porcentaxe maior de empresas galegas
  • No acto na Embaixada española de Tokio participaron empresas galegas con traxectoria no país, como Adolfo Domínguez, Coren ou Trison, e compañías xaponesas con sede en Galicia

  • A conselleira de Economía e Industria asegurou no inicio da súa xira ao Xapón que “a estabilidade e a eficiencia” constitúen o mellor aval do Goberno galego para atraer investimentos
  • Confía no fortalecemento das relacións comerciais entre ambas economías, creando en Xapón un marco de expansión para as empresas galegas e en Galicia de atracción de proxectos promovidos desde o país asiático
  • En plena semana de Galicia na Expo de Osaka, María Jesús Lorenzana tamén visitará Tokio para manter varios encontros empresariais
  • A titular de Economía e Industria da Xunta subliñou na súa intervención no Día de Honra de Galicia o incremento de turistas e de peregrinos xaponeses que fan o Camiño de Santiago, preto de 1.500 en 2024 e 1.144 no que vai de ano

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reunirase con representantes de Fujitsu Limited, Orix Corporation e Inaba Foods, compañías de alto interese para a economía galega
  • Manterá un encontro con directivos da Japan External Trade Organization (Jetro), organización gubernamental dedicada a promover o comercio internacional con Xapón así como o investimento
  • Tamén está previsto un acto organizado pola Embaixada de España con empresas galegas establecidas no país asiático e con grupos xaponeses con instalacións en Galicia
  • Turismo de Galicia promocionará a Comunidade coa organización de actividades culturais e gastronómicas durante toda a semana

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, expuxo no Parlamento que esta “xanela única de atención centralizada” está a ser un referente nos obxectivos de desburocratizar, simplificar e acompañar ás empresas en tempo real
  • Precisou que no primeiro ano de funcionamento, a Oficina Económica atendeu máis de 26.800 consultas, das que o 84% se resolveron no acto, levou a cabo preto de 1.300 reunións de asesoramento e está a acompañar máis de 330 proxectos de especial relevancia
  • Covadonga Toca indicou a próxima apertura dun punto permanente de atención en Madrid, na Casa de Galicia, orientado a empresas galegas que operan na capital e a investidores interesados en proxectos no territorio galego
  • A Oficina vén de reforzar a conexión coa rede internacional de antenas do Igape en Estados Unidos, China, México, Emiratos Árabes Unidos, Xapón ou Marrocos, mercados de especial relevancia para Galicia
  • Como novidades, a directora do Igape citou a incorporación de novos servizos especializados, como o climate proofing, e os Grupos de Traballo con Empresas, pioneiros para coordinar proxectos de gran envergadura

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, defende que no camiño cara á descarbonización da economía, a implantación deste modelo de cooperación e fomento do autoconsumo con fontes renovables pode resultar fundamental
  • Enfatiza que as comunidades enerxéticas locais son “un piar fundamental para paliar as desigualdades da poboación no camiño cara á transición e na loita contra a pobreza enerxética”
  • Pero lembra que as Administracións deben por a disposición da cidadanía as ferramentas necesarias para afrontar esa transición e fomentar a aposta por solucións innovadoras
  • Fernández Vila detallou que o Goberno galego dispón de varias liñas de axuda para favorecer o aforro enerxético e reducir a pegada de carbono, como a de mellora da planificación dos concellos e comunidades locais ou o programa para a mobilidade eléctrica MOVES III
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia