Os apoios específicos para pequenas e medianas empresas forman parte da Estratexia sectorial que prevé mobilizar 900 millóns de investimento público-privado ata 2030
Alfonso Rueda destaca que o obxectivo final é “que Galicia aproveite todo o seu potencial para que as empresas se adapten a fabricar produtos que cada vez van ser máis estratéxicos e demandados”
Os programas de axuda convocados ata agora suman 47,8 millóns de euros e constatan que hai “un interese real” no sector empresarial galego por entrar na cadea de valor da industria da seguridade, defensa e aeroespazo
A liña Industria Dual pechou a súa convocatoria coa selección de sete proxectos, cun investimento superior aos 19 millóns, e centrados na modernización do equipamento produtivo e na compra de maquinaria e bens de equipo
A directora do Igape, Covadonga Toca, e representantes das empresas galegas Citic Censa, Pérez Torres e Kaleido visitaron o porto de Tianjin, un dos principais centros portuarios e loxísticos do país
Esta xornada da viaxe completouse cunha visita á Binhai New Area, unha das grandes zonas de desenvolvemento industrial e tecnolóxico da cidade portuaria, con forte actividade en automoción, industria aeroespacial, biotecnoloxía, saúde e novas tecnoloxías
Na presentación das contas no Parlamento, María Jesús Lorenzana salientou que Xestur bate un récord histórico de 46 millóns, co obxectivo de desenvolver case 12 millóns de metros cadrados de solo empresarial
Unha das novidades dos orzamentos da Consellería será o programa Galicia Industria 360, que ofrecerá naves preparadas para acortar os prazos de implantación de novas empresas
As principais actuacións recollidas na Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) para 2027 contarán con 19,5 millóns de euros, un 50% máis
O contía para o Igape medra un 3,9%, ata os 292 millóns de euros, dos que máis de 140 millóns serán destinados a financiamento empresarial, que sobe un 11%
O Inega inxectará 40,5 millóns en actuacións como apoiar os investimentos de empresas, entidades e familias, e impulsar o autoconsumo e o almacenamento
A Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) vai mobilizar arredor de 33 millóns de euros, cun un 37,4% de incremento con respecto ao exercicio actual
A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro cos responsables económicos do distrito de Hexi para abordar as posibilidades de cooperación en loxística, aeroespacial, novas tecnoloxías e biotecnoloxía e saúde
Toca Carús destacou as sinerxías e os intereses comúns existentes entre ambos os territorios á hora de impulsar novas relacións comerciais, compartir coñecemento e explorar investimentos
Na visita a Tianjin, cidade que alberga o maior porto do norte de China, puxo en valor a fortaleza e diversidade do tecido empresarial galego, a experiencia nos mercados internacionais e a capacidade para lanzar proxectos innovadores en sectores de alto valor engadido
A previsión é organizar futuras visitas de empresas galegas a Tianjin e, en sentido inverso, dunha delegación de Hexi e Tianjin a Galicia
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Madrid no evento ‘O impacto da renovación do parque nas emisións, a seguridade vial e a economía´, organizado pola Fundación Repsol
Eloxiou o impacto positivo da iniciativa da Xunta de Galicia tanto na transición enerxética, coa chegada de novas tecnoloxías, como no incremento nos datos de matriculación de vehículos eficientes
Fernandez Vila incidiu na importancia de establecer un cadro de apoios estables e sostidos no tempo para obter resultados efectivos: “As familias precisan ter claro o marco de axudas e incentivos para a renovación dos seus vehículos”, subliñou
Alfonso Rueda reivindica o potencial da madeira galega como solución clave e aliada estratéxica en materia de vivenda e aposta pola edificación sustentable
Avanzou no VI Encontro Intersectorial do Ecosistema Forestal de Galicia Piñeiros 26 que a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) terá en 2027 un incremento do seu orzamento en máis dun 35%, ata os 33 millóns de euros
O presidente da Xunta lembrou que o sector forestal é un “motor económico indispensable” que factura máis de 2.500 millóns ao ano e que dá emprego a máis de 20.000 familias
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarcou a necesidade de seguir traballando desde a Administración para transformar a construción en demanda industrial para a cadea forestal-madeira galega
Galicia contará por primeira vez cunha estratexia específica para innovación, articulada en catro eixes e 14 actuacións para potenciar o apoio ao tecido empresarial
Alfonso Rueda subliña que o obxectivo é “que a innovación forme cada día máis parte das empresas”, o que considera fundamental “para ser máis competitivos e non quedar atrás nun mundo global e tecnolóxico”
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, remarca como finalidade “que a innovación remate en industrialización propia en Galicia e que xere emprego cualificado na Comunidade”
O Igape destinará 113,1 millóns de euros ao eixe `Mobilizar o investimento´, que busca facilitar que os proxectos conten cos recursos para desenvolverse
A nova Estratexia Galega pretende superar os 1.500 millóns de euros de gasto empresarial en innovación, alcanzar máis de 4.200 persoas dedicadas a estas actividades e superar os 2.700 beneficiarios dos instrumentos públicos de apoio