A multinacional xustifica a elección da factoría viguesa de Balaídos “por su competitividad, saber hacer, clima social y el apoyo de las Administraciones públicas”
A Xunta considera unha “excelente noticia” a adxudicación e confía en que Stellantis continúe cumprindo os seus compromisos con Galicia
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, agarda que a multinacional automobilística “siga investindo no talento e na capacidade industrial que ten a nosa Comunidade e que conte cos provedores galegos para esta nova liña de coches eléctricos”
Lorenzana precisou que a nova chega “nun momento crucial”, a punto de aprobar o plan director da automoción, suxeito ao último dos informes do Consello Económico e Social de Galicia, e cando a Xunta vén de comprometer 75 M€ en axudas ao sector en tres anos
O programa `Renova o teu vehículo´ conta cun orzamento de 3,1 millóns de euros e subvenciona a compra de turismos e furgonetas cun custo de ata 42.000 euros
Como novidade, as axudas cobren un prezo final de 47.000 euros nos vehículos adaptados para a condución de persoas con discapacidade, ou para os de 8 ou 9 prazas e os que teñan autonomía superior aos 30 kilómetros en modo eléctrico
É requisito imprescindible que o beneficiario acredite a baixa definitiva de circulación dun vehículo a achatarrar, matriculado en España, e de polo menos 10 anos de antigüidade no caso dos turismos e de 5 nas furgonetas
As axudas irán dos 3.000 aos 4.000 euros en función dos niveis de emisións, dos que a Xunta achega de 2.000 a 3.000 e o concesionario os 1.000 restantes, sen que o comprador teña que adiantar eses importes
A contía increméntase nun 20% para as familias numerosas, con apoios que oscilarán entre os 3.400 e os 4.600 euros
Con esta nova convocatoria, a Xunta prevé apoiar a renovación duns 1.400 automóbiles, que mobilicen 34 millóns de euros de investimentos directos e xeren aforros enerxéticos equivalentes a 300.000 litros de gasóleo ao ano, e económicos de 450.000 euros anuais
Na edición anterior, o plan `Renova o teu vehículo´ permitiu a compra de 1.254 unidades, cun impacto positivo tanto na economía como no medio ambiente
Alfonso Rueda destacou que o novo PSEG “actualizará” o documento en vigor “elaborado hai máis de 20 anos”, coa previsión de “licitar o contrato para a súa redacción no primeiro semestre de 2025”
O presidente da Xunta incidiu en que o Plan que agora inicia a súa tramitación permitirá “seguir avanzando no despregamento da enerxía eólica, ao tempo que se abarata o prezo eléctrico para as empresas e os consumidores galegos”
Matizou que estará en liña coa nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia e coas iniciativas incluídas na Lei de medidas
O inicio da tramitación coincidirá coa posta en marcha de dúas mesas de traballo cos axentes sociais e coas entidades do sector para consensuar as principais directrices
Traballarase en eixos como as posibilidades de creación dunha industria de compoñentes, a análise das zonas con potencial eólico, as repercusións da repotenciación para os propietarios dos terreos, a redución dos custos enerxéticos para os consumidores e o mantemento e creación de emprego
María Jesús Lorenzana avanzou que Galicia poderá contar cun novo plan sectorial “no prazo de tres anos”, logo dun “procedemento transparente, aberto á cidadanía e que require de avaliación ambiental estratéxica e de consulta e audiencia a todos os posibles actores interesados no procedemento”
Esta liña da Xunta a través do Inega conta cun orzamento de 2,5 millóns, coa previsión de chegar a máis de 600 autónomos e pemes, de xerar aforros de ata 2.800 Mwh/ano e de aforrar medio millón de euros na factura eléctrica
Ademais contribuirá a reducir en 850 toneladas/ano as emisións de CO2, cifra equivalente a plantar 42.800 árbores
O Bono Enerxía Peme cobre os custos de asesoramento enerxético profesional, a mellora de envolventes, da iluminación, das instalacións eléctricas, o equipamento, a climatización e as instalacións inmóticas para xestionar a enerxía e o gasto cun modelo máis eficiente
A intensidade das axudas será do 80%, ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo
En cinco anos, a Xunta leva investidos neste programa de axudas máis de 13 millóns de euros e apoiado 3.100 actuacións de eficiencia e aforro de enerxía
A directora do Igape destaca que os apoios xa están activos desde esta semana e fixa como obxectivo dotar ás empresas “dos recursos necesarios para afrontar os retos globais e liderar a transición cara un futuro máis sustentable e tecnolóxico
Detalla que os novidosos programas IA 360 e Igape Innova, xa publicados no DOG, están encamiñados a incrementar o potencial de innovación mediante a intelixencia artificial e o deseño de produtos e servizos
Compleméntanse co Ticket Innova, igualmente recollido no DOG do luns, 13 de xaneiro, e que facilita o acceso a servizos de certificación, deseño industrial e tecnoloxías emerxentes
Covadonga Toca subliña a creación da área de innovación empresarial do Igape, que reforzará a colaboración entre centros tecnolóxicos, universidades e empresas
Na presentación dos novos programas do Instituto Galego de Promoción Económica, a conselleira de Economía e Industria precisou que haberá 15 liñas de apoios que sairán publicadas no DOG dos vindeiros 13 e 14 de xaneiro
As axudas xa se poderán solicitar desde este mesmo mes e beneficiarán a milleiros de empresas galegas e autónomos
Vanse estructurar en tres grupos: as de financiamento, que suman 110 millóns de euros; as de competitividade, por importe de 47,3 millóns; e as de innovación, que ascenden a 15,2 millóns
María Jesús Lorenzana destaca que o anticipo das convocatorias facilitará a pemes e autónomos que poidan planificar con antelación as súas necesidades de financiamento e coñecer, xa no inicio do exercicio, os apoios públicos cos que poderán contar
Entre as liñas do Igape destacan os préstamos para incentivar a concentración empresarial, os de desenvolvemento tecnolóxico, a nova liña para a implantación da IA nas pemes, as axudas a startups e o programa de atracción de empresas
Os apoios inclúen como novidade unha liña de 10,3 millóns para fomentar o uso da intelixencia artificial nos centros de traballo
Nunha visita ao centro loxístico da empresa familiar Krack, en Cerdedo-Cotobade, reafirmou o compromiso de “apoiar ao tecido empresarial para facilitar o máis rápido posible o solo industrial e facer as tramitacións máis sinxelas”