Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

  • Nunha visita ao concello da Merca (Ourense), o director xeral de Planificación Enerxética e Minas remarcou o compromiso da Xunta co desenvolvemento dunha minaría sustentable e segura, en liña cos obxectivos da Axenda de impulso da minaría de Galicia
  • A convocatoria, que consta de cinco liñas de apoio, cobre desde investimentos para mellorar as condicións laborais e reducir a exposición ao po ata apoios para a implantación, seguimento ou renovación das normas de certificación en minería sustentable, entre outras actuacións
  • As axudas poden alcanzar os 150.000 euros, cunha intensidade máxima de ata o 65% do investimento subvencionable no caso de pemes, do 55% nas medianas empresas e do 45% nas grandes empresas

 

  • Os apoios pódense solicitar ata o 31 de agosto e presentan como principal novidade o aumento da contía máxima para edificacións en altura, actuacións de uso residencial e promocións singulares, que sube de de 140.000 a 250.000 euros
  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, detallou que o Goberno galego destina 5 millóns de euros a este programa que subvenciona a redacción de proxectos e a execución de obra nova
  • Salientou a liña Xera-madeira no transcurso dunha visita ao establecemento turístico Cabanas do Avia, en Ribadavia, beneficiario en anteriores edicións

  • Nunha visita á viguesa Centum, a conselleira de Economía e Industria explicou que estes acordos de asociación constitúen unha das principais medidas da Iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda) á que a Xunta destinará 40 millóns de euros
  • María Jesús Lorenzana remarcou o obxectivo de atraer grandes proxectos de innovación e desenvolvemento tecnolóxico, e como novidade “que esas solucións se fabriquen en Galicia”
  • Salientou ademais que compañías como Centum demostran que en Galicia se pode facer tecnoloxía de primeiro nivel que compite en mercados internacionais

  • A conselleira de Economía e Industria lembra que desde a creación da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) investíronse máis de 113 millóns de euros para consolidar “unha industria clave para a economía de Galicia”
  • Os programas Xera-valor, Xera-tecno, Xera-savia e Xera-madeira forman parte dos apoios recollidos no Plan director do sector forestal-madeira 2026-2028

  • Un encontro coas empresas tractoras e con Asime e Cluergal definiu as liñas estratéxicas para acelerar startups e proxectos innovadores, facilitando a súa conexión co mercado e coas necesidades reais do sector enerxético
  • Covadonga Toca, directora do Igape, salientou o excelente momento que vive o ecosistema galego de innovación e a aposta da Xunta por reforzar a conexión entre coñecemento, empresa e industria
  • A BF Energy amplía a Rede Business Factory da Xunta, que xa acumula máis de 375 proxectos impulsados, unha taxa de supervivencia do 95% e máis de 1.400 empregos cualificados

  • O programa inclúe cinco liñas, que cobren desde investimentos para incrementar a protección do ambiente nas explotacións mineiras ata equipamentos de eficiencia enerxética en plantas de envasado de auga ou en balnearios
  • As axudas, para as que xa está aberto o prazo de solicitude, poden oscilar entre os 3.000 e os 150.000 euros por beneficiario

  • Nunha xuntanza cos clústeres sectoriais, a conselleira de Economía e Industria subliñou que a operación societaria busca seguir fortalecendo RDG desde o punto de vista financeiro “para que teña máis capacidade de seguir investindo en activos enerxéticos”
  • María Jesús Lorenzana espera que a ampliación de capital sexa “o máis aberta posible” a todas as empresas galegas, co apoio dos clústeres e das confederacións de empresarios
  • Na actualidade Recursos de Galicia xa conta con 32 accionistas e está previsto que o capital social pase dos 43,6 millóns de euros actuais a uns 100 millóns
Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia