Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

Rueda anima ás empresas do téxtil galego a traballar unidas para afrontar retos como a dixitalización, a sustentabilidade e a remuda xeracional

  • O congreso `Hilos del futuro´ reuniu en Santiago a máis de 200 líderes do deseño de moda e do retail para trazar a folla de ruta dos vindeiros anos
  • Os bloques temáticos abordaron desde a IA aplicada ao téxtil ata o pasaporte dixital de produto, o ecodiseño, a economía circular ou a valorización profesional dos artesáns e dos talleres de confección

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración do congreso `Hilos del futuro´, organizado polo Clúster Téxtil Moda de Galicia (Cointega), á que tamén asistiu a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. Durante o encontro, Rueda expresou o seu recoñecemento ao esforzo continuo e ao traballo diario dos profesionais e das empresas da moda galega. O presidente da Xunta animou ao sector a traballar unido para afrontar os retos de futuro, tales como a dixitalización, a sustentabilidade ou a remuda xeracional. Para iso, apostou por seguir traballando como ata agora: “Mirar ao futuro sempre esixe ter en conta as esencias, de onde se vén, o que nos da forza e o que nos recoñece no mundo”, afirmou.

Este congreso sectorial que tivo lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, reuniu a máis de 200 empresarios, directivos e expertos de importantes firmas galegas, entre elas Inditex, Roberto Verino ou Adolfo Domínguez, e de marcas de referencia nacional (El Ganso e WOW Concept).

`Hilos del futuro´ trazou a folla de ruta estratéxica desta industria clave que concentra o 45% da exportación téxtil de España. Os diferentes bloques temáticos abordaron eixos como a IA aplicada ao deseño de moda, a predicción de tendencias de consumo, a optimización da cadea loxística, a automatización de procesos comerciales, o pasaporte dixital de produto, o ecodiseño, os retos da economía circular, a valorización profesional dos artesáns e dos talleres de confección, o relevo xeracional ou a promoción do talento local.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia