Últimas Noticias

Consellería de Economía e Industria

Lorenzana pide ao Goberno diálogo, celeridade e coherencia para o despregamento da eólica mariña en Galicia

 

  • No acto de clausura do VII Galician Offshore International Hub, a conselleira de Economía e Industria reprobou a “lentitude” coa que o Ministerio para a Transición Ecolóxica está xestionando a implantación desta tecnoloxía

  • María Jesús Lorenzana incidiu en que “o único camiño para o despregamento de todas as renovables e de toda a eólica offshore pasa polo diálogo, e se non o facemos con diálogo e implantando no territorio as enerxías con sentido común e falando cos sectores, non o imos conseguir”

  • En alusión ás alegacións presentadas por Galicia ao Real Decreto do Goberno central polo que se regula a eólica mariña, defendeu “que as compensacións aos sectores e, sobre todo, o peso dos criterios non económicos na avaliación dos proxectos, sexan máis relevantes do que son agora mesmo”

  • Lorenzana considera imprescindible o desenvolvemento da eólica offshore para avanzar no autoabastecemento enerxético de Galicia e para que Recursos de Galicia poida garantir unha maior cantidade de enerxía barata ás empresas e particulares.

Durante a súa intervención na clausura do VII Galician Offshore International Hub, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, defendeu que no sector da eólica mariña Galicia ten unha capacidade extraordinaria a nivel de recurso e loxística, polo que pediu ao Goberno central máis diálogo, celeridade e coherencia na súas previsións para impulsar o despregamento desta tecnoloxía en España.

No acto de incidiu en que “o único camiño para o despregamento de todas as renovables e de toda a eólica offshore pasa polo diálogo, e se non o facemos con diálogo e implantando no territorio as enerxías con sentido común e falando cos sectores non o imos conseguir peche da VII Galician Offshore International Hub, no que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, Lorenzana”, asegurou.

María Jesús Lorenzana aludía, así, ás alegacións presentadas por Galicia ao Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables ubicadas no mar, aprobado definitivamente polo Goberno central o pasado mes de setembro. “Temos que conseguir que as compensacións aos sectores e, sobre todo, o peso dos criterios non económicos na avaliación dos proxectos, sexa máis relevante do que é agora mesmo no real decreto que temos sobre a mesa. Igual que temos que conseguir que as zonas onde se instalen os proxectos teñan o menor impacto posible desde o punto de vista medioambiental e económico para o sector pesqueiro que traballa nestas zonas”, subliñou.

LENTITUDE DO MINISTERIO

Así mesmo, a conselleira reprobou a “lentitude” coa que o Ministerio para a Transición Ecolóxica está xestionando a implantación desta tecnoloxía por non ser coherente coa previsión de chegar a desenvolver en España 3GW de eólica offshore, tal e como se recolle na modificación do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC).

Na mesma liña, considerou imprescindible o desenvolvemento da eólica offshore para avanzar no autoabastecemento enerxético de Galicia e para que Recursos de Galicia, un dos vehículos da Lei de Recursos Naturais, poida garantir unha maior cantidade de enerxía barata ás empresas e particulares.

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia