Últimas Noticias

Zona Franca

PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E O CONSORCIO DA ZONA FRANCA PARA O DESENVOLVEMENTO DA AMPLIACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE BALAÍDOS

Vigo, 8 de xullo de 2020.-

O alcalde, Abel Caballero, e o delegado da Zona Franca, David Regades, asinaron, esta mañá, un protocolo de colaboración entre ambas as institucións co obxecto de establecer as bases para o desenvolvemento da ampliación do Polígono de Balaídos.

Dun tempo a este parte, un dos sectores produtivos máis importante da Cidade de Vigo (e mais da súa área de influencia), como é o da automoción, veñen expoñendo ós representantes do Concello e do Consorcio a urxente necesidade de ampliar o Polígono Industrial de Balaídos de cara ó mantemento e, como non, á consolidación do sector. Na práctica, as súas inquedanzas maniféstanse polo empuxe da produción noutras zonas do mundo, o cal pode provocar a perda da competitividade da automoción viguesa, tan importante na economía local.

A urxencia desta necesidade, compartida pola Zona Franca e o Concello de Vigo, faise máis evidente se temos en conta a imperiosa necesidade de dispor de espazos suficientes para adaptar os seus procesos produtivos ás rapidísimas evolucións ás que están sometidos (coche eléctrico, conectado e compartido). De non ser así, corremos o risco da perda da súa competitividade na área de Vigo, cos enormes pexuizos que elo suporía.

Así pois, ambas institucións, conscientes da importancia de dita actuación no artellamento do sistema produtivo da área urbana de Vigo e a súa zona de influencia, da complexidade que leva aparellada a súa xestión, e da magnitude dos recursos previstos para a súa consecución, consideran que resulta necesaria a súa implicación no desenvolvemento da ampliación do Polígono lndustrialde Balaídos, no termo municipal de Vigo.

De cara a consecución dos obxectivos previstos, ámbalas dúas partes acordan a constitución dun grupo de traballo paritario que decida, e previas consultas ás administracións con competencias, o a seguir para a ampliación do Polígono lndustrial de Balaídos.

Para que esto sexa posible, formarán un grupo de traballo que estará integrado polas persoas designadas, aos efectos, polo Concello de Vigo e polo Consorcio da Zona Franca.

Unha vez se determine o procedemento a seguir para o desenvolvemento desta actuación, as partes formalizarán un Convenio no que se determinen os compromisos concretos. Este Convenio incorporará as previsións necesarias para garantir viabilidade desta actuación, entre as que estarán que o documento no se qu e plasmen as condicións urbanísticas do desenvolvemento.

O alcalde sinalou “a importancia de xerar chan industrial na cidade porque non podemos volver atoparnos coa situación de que haxa empresas que non poidan quedar en Vigo por falta de chan” . Ademáis, quiso agradecer á Zona Franca, e especialmente o labor do seu Delegado, o traballo que está a facer e polo seu compromiso coa cidade de Vigo.

Pola súa banda, David Regades manifestou que para Zona Franca e para Vigo “O polígono de Balaídos, onde está ubicada a factoría de Citroën é prioritario, por iso, hoxe estamos a dar un paso máis para a ampliación do mesmo”. Ademais, o Delegado sinalou que “o ser unha ampliación do existente, tamén será declarado libre de impostos”. Con este protocolo xa empezamos a facer o proxecto sectorial e a debuxar o futuro da man do Concello co reflexo que está no plan xeral."

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia