Consellería de Economía e Industria

— A renovación do acordo de colaboración da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con Ceaga, Stellantis, Consorcio da Zona Franca de Vigo e VigoActivo garante un investimento de máis de 20,5 millóns de euros durante os próximos catro anos

— Poñeranse en marcha tres novas convocatorias ata 2026, nas que se prevé impulsar un total de 30 proxectos en fase de aceleración e outros 30 na de consolidación

— O acordo, autorizado a pasada  semana polo Consello da Xunta, reforza o ecosistema galego de innovación no sector da automoción e fortalece o seu posicionamento e proxección internacional

— Nas súas seis primeiras edicións, BFAuto captou 500 candidaturas, procedentes de 49 países, co resultado de 64 novas empresas creadas, 550 empregos e unha cifra de negocio que en 2022 superou os 90 millóns de euros

— O programa, que xurdiu ao amparo da axenda industrial da Xunta, sitúa a Galicia como referente internacional de I+D+i no sector e a Vigo como polo de innovación de vangarda a nivel europeo

— O prazo para a captación de proxectos e a presentación de candidaturas da vindeira convocatoria abrirase durante o primeiro trimestre deste ano 2023, despois da publicación do novo convenio no BOE

-  O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, detallou os dous novos incentivos para o tecido empresarial galego no networking Galicia Empresa que tivo lugar en Valdeorras

- A primeira liña destina 1,5 millóns para promover procesos e consumos máis eficientes entre pemes e autónomos, e a segunda son préstamos directos que suman 18 millóns de euros

- Francisco Conde avoga pola colaboración entre administracións, así como co tecido produtivo, para abrir novas oportunidades que logren atraer investimentos

- Salientou ademais a contribución que fan os Concellos Emprendedores, dos que forman parte O Barco e Carballeda de Valdeorras, á hora de facilitar a implantación de novos proxectos empresariais

- No networking con empresarios valdeorreses transcendeu a boa evolución do comercio exterior de Ourense, cun crecemento do 21,5% en exportacións de xaneiro a novembro, ata 1.333,2 millóns de euros.

- Conde lembrou que Valdeorras, a “capital do sector da lousa”, concentra o 90% da produción, con 2.400 postos de traballo vinculados en toda Galicia

— Consolidará a Galicia como “referente en materia de biotecnoloxía”, ao complementar a cadea de valor deste sector estratéxico, salienta Alfonso Rueda.

— A planta galega de Indukern incluirá laboratorios de análise e de I+D+i para o deseño de futuros fármacos, o que conecta de cheo coa Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.

— O presidente da Xunta detallou que o investimento inicial de 33 millóns de euros destinarase á fabricación, produción, acondicionamento e distribución loxística de produtos estériles farmacéuticos líquidos.

— A declaración de iniciativa empresarial prioritaria enmárcase dentro da filosofía da Lei de simplificación administrativa, o que na práctica supón reducir á metade os prazos de tramitación.

— Coa planta farmacéutica de Monforte de Lemos, elévanse a 18 os proxectos que reciben esta declaración, cun investimento conxunto de 1.275 millóns de euros.

— A Casa de Galicia acolleu un encontro entre prescritores e empresas certificadas de sectores como a alimentación, o turismo, a xoiería, a horticultura ornamental ou a xeotermia

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, definiu os produtos das marcas que empregan o selo de garantía Galicia Calidade como “unha forma de reivindicar o saber facer da Comunidade en eidos como o agroalimentario, o industrial ou o sector servizos”

— Galicia Calidade certifica na actualidade máis de 750 produtos de preto de 150 compañías

— O encontro `Con selo Galicia´ incluíu charlas-coloquio sobre turismo sustentable e industria con selo Galicia Calidade, e un túnel de viños con participación de 17 adegas

— O investimento inicial está cifrado en 3,7 millóns de euros, para unha iniciativa que dará continuidade á Unidade Mixta sobre o Estaleiro 4.0 iniciada en 2015

— O novo centro de investigación terá entre as súas prioridades o desafío técnico e industrial das fragatas F-110

— A colaboración entre UDC, Navantia e Xunta suporá unha transferencia de coñecemento e de talento á industria

— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, enxalza o rol do Campus de Ferrol como Campus Industrial coa implantación de novas instalacións e como futura sede do Centro de Investigación en Industria Intelixente

— O centro UDC-Navantia será clave para impulsar a dixitalización e a innovación no sector e supón unha credencial para optar ao Perte do naval

— Súmase aos outros dous centros que contan co pulo da Xunta: o de Magna-CTAG e o de Cetaqua-Viaqua

— Para a ampliación e modernización de servizos, a Xunta habilitará en 2023 unha convocatoria de mellora de infraestruturas cun orzamento de 2,1 millóns

— Os municipios galegos, e prioritariamente os Concellos Emprendedores, pasan a contar cunha nova liña para mellorar a iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, viais, subministración de gas ou hidróxeno verde e para instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable

— O obxectivo é favorecer a fixación e implantación de compañías nos parques e viveiros industriais de Galicia, así como estimular o emprego local

— Desde 2016, os apoios da Xunta para a modernización e renovación de infraestruturas dos parques empresariais sobrepasa os 17 millóns de euros.

— Ademais das axudas para os concellos, o Goberno galego destinará o vindeiro ano 3,5 millóns á posta en marcha de sete viveiros industriais e ao reforzo e extensión das redes de distribución en tres polígonos

— O vicepresidente primeiro salienta que Galicia ten nos Estados Unidos “un mercado de referencia para o desenvolvemento do sector contract, aeroespacial, agroalimentario, naval, turístico e TIC”

— Na xuntanza con Daniella Levine amosou o interese por manter abertas vías de comunicación coas institucións de Miami xa que se poden traducir en novas oportunidades para seguir estreitando lazos comerciais con Estados Unidos

— Conde presentou en Florida o Polo Aeroespacial de Galicia e sinalou que a Comunidade galega quere “formar parte do ecosistema aeronáutico de referencia mundial”

Más artículos…

Página 15 de 21