Consellería de Economía e Industria

— Está financiado pola Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, cun investimento de 13,9 millóns de euros

— Da continuidade ao esforzo inversor do supercomputador Finisterrae III, ao que se destinaron 7,5 millóns de euros, e estará aberto á investigación e á innovación de todos os sectores económicos e empresariais

— Convértese na principal infraestrutura do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, no que xa están en execución investimentos por máis de 30 millóns de euros que propiciaron máis dunha trintena de empregos de alta cualificación, e no que está previsto inxectar 150 millóns nos vindeiros anos

— O Goberno galego reforza así a súa aposta pola transición dixital do sistema produtivo e por contar coas mellores infraestruturas de investigación

— Ademais do computador cuántico de 32 cúbits baseado en tecnoloxía de superconductores, o contrato con Fujitsu inclúe a creación en Galicia do Centro Internacional de Excelencia en Tecnoloxías Cuánticas

— A multinacional tamén aportará diferentes infraestruturas complementarias e desenvolverá un plan que abarca desde a colaboración e formación para universidades e empresas ata un programa de I+D en computación cuántica, bolsas formativas, consultoría e un evento internacional e anual

— As tecnoloxías cuánticas darán pulo ao desenvolvemento económico na gran maioría dos sectores, con aplicación e avances en medicina, medio ambiente, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción, loxística, telecomunicacións ou finanzas, entre outras ramas

— Co novo computador cuántico e co Polo de Tecnoloxías Cuánticas, o ecosistema galego de I+D+i queda posicionado na vangarda desta tecnoloxía, capaz de captar e reter talento, de atraer proxectos avanzados, de lograr financiamento e de abrir novos nichos de mercado

— Permitirá aumentar a seguridade na transmisión de datos, planificar mellores rutas ou programar a produción, e favorecer a eficiencia enerxética

— Como vantaxe competitiva engadida para Galicia, a nova infraestrutura será un sólido piar para a creación dunha comunidade investigadora arredor da computación cuántica

— Alfonso Rueda pídelle ao Goberno central que teña en conta no Perte do naval o peso significativo de Galicia, a comunidade con máis empresas no sector

— Na reunión que mantivo co comité executivo de Navalia, o presidente da Xunta lembrou que “levamos moito tempo facendo as cousas ben e merecemos recoller o froito dese esforzo”

— Rueda destaca que o Goberno galego si que respondeu ás necesidades do naval con liñas de financiamento e programas de formación para superar a crise económica e con asesoramento para presentar sos fondos europeos proxectos solventes e competitivos, a través de Conecta Naval

— Ante a transcendencia do Perte, as empresas galegas uníronse para presentar unha candidatura única e potente que contou con asesoramento da Xunta

— Navalia xa prepara a vindeira feira bianual, a celebrar en 2024, e na que se agarda outro auxe da participación internacional

— Será a novena edición da maior feira naval do noroeste de España e terceira de Europa

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, fixa como obxectivo “que a ciencia excelente galega teña un impacto positivo na competitividade económica e no benestar social”

— En liña coas prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), lembra que a transferencia de coñecemento é a vía para atopar solucións aos retos da transición enerxética e dixital

— Unha das principais novidades do Ignicia é a creación du comité asesor para consolidar o programa e principiar novos desafíos

— Francisco Conde eloxiou no Foro Ignicia 2023 a boa evolución do ecosistema galego, no que o número de investigadores creceu case un 22% entre 2017 e 2021, e no que a investigación medra o dobre que a media española desde 2014.

— Nos últimos cinco anos creáronse en Galicia 104 spin-offs, o que representa máis do 10% das novas constitucións rexistradas no conxunto de España

— Desde a súa posta en marcha, o programa Ignicia apoiou 23 proxectos, dos que 12 están no mercado mediante tres acordos coa gran industria e nove licenzas, co resultado de máis de 100 empregos de alta cualificación e a captación de 13 millóns de euros de investimento

— A convocatoria deste ano, dotada con 4 millóns de euros, mantén aberto o prazo ata o vindeiro 28 de febreiro

-No marco de diálogo permanente co tecido empresarial galego, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou e mantivo un encontro con representantes de Nordés Club Empresarial

-Conde subliña as oportunidades que xurdiarán coa Cidade das TIC, que a Xunta apoia a través de iniciativas como o centro de fabricación avanzada ou o proxecto do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), e coa sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia)

-Afirma ademais que a comarca está chamada a ser un centro industrial de fabricación de plataformas de eólica mariña flotante, e a contribuír a que Galicia exerza como polo de referencia no despregamento desta enerxía renovable

-A Coruña tamén está a impulsar proxectos de hidróxeno verde e de amoníaco verde, así como iniciativas apoiadas en fondos europeos, entre eles o de Resonac, para que a antiga Showa Denko siga fortalecendo o tecido empresarial

-O club empresarial Nordés foi constituído a finais de 2019 e conta con máis de 200 empresas asociadas

— O sector exterior galego creceu un 18,3% en 2022, cunhas vendas que subiron en 4.600 millóns de euros en comparación coas do exercicio anterior

— Alfonso Rueda salienta ademais a balanza comercial positiva de máis de 2,800 millóns de euros, a terceira de España en valores absolutos, e en contraste co saldo negativo do conxunto do Estado

— Entre os incrementos das exportacións destacan os de sectores clave para Galicia, como o do téxtil (+21,1%), o da industria química (+47,3%), o do epígrafe das máquinas e aparellos mecánicos (+45,4%) ou o da metalurxia (+16,5%)

— O presidente da Xunta detalla ademais que para seguir impulsando o mellor ciclo exportador da historia de Galicia a nova convocatoria do Plan de Misións Comerciais, dotada con 2,3 millóns, promoverá accións de internacionalización en 600 pemes e grandes empresas galegas

— Esta iniciativa forma parte da Estratexia de Internacionalización da Xunta, que este ano destina máis de 20 millóns de euros a colaborar co tecido empresarial de Galicia

 

 

— Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asegura que o talento que participa nesta iniciativa “é unha oportunidade para seguir afianzando o mellor ciclo exportador da Comunidade”

— A Tecnópole de San Cibrao das Viñas acolleu a presentación de resultados da primeira convocatoria, na que participaron 30 empresas de sectores como o tecnolóxico, biotech, servizos, sanidade e automoción

— O 47% dos participantes tiveron como mercado de destino a UE, o 23% Latinoamérica, o 13% Asia, o 12% Estados Unidos e o 5% restante Gran Bretaña

— O Galicia Avanza da acceso a itinerarios de exportación, formación e asesoramento para que as empresas poidan expandirse en internacionalización, acceder a novos segmentos de clientes e atraer financiamento externo

— Conde salientou que o traballo desenvolvido polos participantes na primeira edición “é unha proba de como desde Galicia se está dando resposta aos retos do século XXI: a dixitalización, a economía verde e o coidado da saúde e benestar”

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, define esta liña de apoios como “unha nova aposta da Xunta pola transición enerxética” e lembra que as tres convocatorias previas facilitaron preto de 46.000 actuacións

— Explicou que o programa ten o dobre obxectivo de facilitar ás familias a compra de electrodomésticos máis eficientes e de menor consumo, co engadido de dinamizar as vendas no comercio de proximidade

— Prevese una mobilización de 10,5 millóns de euros, un aforro anual de 800.000 euros en custos enerxéticos, unha reducción do consmo en 4.000 Mwh/ano, a diminución de emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e a consolidación ou creación de 150 empregos

— A convocatoria deste ano increméntase un 50% con respecto á de 2022, ata os 3 millóns de euros e as axudas concederanse por orde de solicitude ata que se esgote o crédito, con data límite do 30 de setembro

— Os apoios poden acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral e entre o 50 e o 75% para os consumidores con maiores dificultades, polo que oscilarán entre 100 e 450 euros

— A campaña conta na actualidade con 410 establecementos adheridos e os comercios interesados en participar teñen de prazo ata o 30 de xuño

Más artículos…

Página 14 de 21