Consellería de Economía e Industria

— A alianza impulsada pola Xunta de Galicia permitirá desenvolver máis de 40 proxectos de I+D no eido dos sistemas non tripulados, con 49,8 millóns de euros achegados pola Administración galega e 233 millóns polo tecido empresarial

— O 64% dos fondos públicos investiranse en contratación de empresas galegas, universidades e centros tecnolóxicos

— O Polo Aeroespacial de Galicia xa ten en execución 87 millóns de euros de fondos públicos e 233 millóns de fondos privados, en iniciativas como o Galaxy Lab, o Business Factory Aero, infraestruturas con 5G ou o programa para as vocacións científico-tecnolóxicas

— Airbus chega a Galicia con 20 proxectos de I+D sobre desenvolvemento de sistemas de propulsión híbrida, plataformas multioperación e dixitalización do sector e coa previsión de xerar 168 empregos directos.

— Babcock e Telespazio, englobada na multinacional Leonardo & Thales Group, porán en marcha un programa conxunto de creación de tecnoloxías baseadas en vehículos non tripulados para a xestión, vixilancia e monitorización da biodiversidade

— Cun investimento de 12 millóns de euros, permitirá testear prototipos flotantes e realizar estudos relacionados co medio mariño e coa biodiversidade.

— O Consello da Xunta acordou asinar o Protocolo Xeral de Actuación coa Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica para colaborar nun desenvolvemento das enerxías mariñas compatible coas actividades pesqueiras e coa preservación do ecosistema.

— Esta infraestrutura xeral de ensaio estará formada por dous ou tres aeroxeradores, terá unha potencia de 30MW e localizarase a 10 quilómetros da costa fronte ao porto exterior da Coruña.

— O Goberno galego espera optar con esta iniciativa tanto ás axudas para proxectos piloto, plataformas de ensaio e infraestruturas portuarias para as renovables mariñas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; como ao Perte de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento.

— A Xunta demanda o compromiso do Goberno Central para axilizar os plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), en liña co posicionamento da Comisión Europea.

— A plataforma experimental de eólica mariña dá continuidade aos traballos do Observatorio da Eólica Mariña e enmárcase no Polo de innovación de enerxías mariñas e almacenamento enerxético de Galicia.

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que o proceso en marcha “debe ter en conta o impacto no emprego e no territorio e abrir novas oportunidades no ámbito industrial e enerxético”.

— Galicia, pioneira en desenvolvemento das renovables, cumpre xa os obxectivos fixados para 2030 e segue a traballar en novos retos como os ligados ao hidróxeno verde, biometano, centrais reversibles ou eólica mariña.

— Os membros da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeo coñeceron enclaves estratéxicos de Galicia, entre os que salientan a central térmica das Pontes, o Porto Exterior de Ferrol, Navantia, Reganosa ou Alcoa.

— Durante a visita dos europarlamentarios, Conde demandou ao Goberno e a Endesa “certezas para os traballadores e transportistas” e para os proxectos industriais con capacidade para desenvolverse na zona.

 

— Este programa da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ten un orzamento de 5 millóns de euros e mobilizará 17 millóns nos establecementos de proximidade.

— A primeira convocatoria tivo máis de 230.000 clientes beneficiarios e contribuíu a fortalecer o sector comercial tras os efectos da pandemia.

— Os bonos desconto terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para ser utilizados nunha aplicación móbil.

— Esta iniciativa súmase a outras liñas de axudas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia Primeira, como ás de transformación dixital, modernización, dinamización e incentivación do consumo.

— O plan de traballo terá unha duración de oito meses e está enfocado a empresas galegas con solucións innovadoras para exportar a outros mercados.

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, subliñou na presentación de Galicia Avanza a necesidade de apostar “polo talento, a tecnoloxía e a I+D+i para atopar alternativas ao modelo económico actual”.

— O Parque Tecnolóxico de Galicia será o centro referente deste programa de aceleración.

— A Tecnópole galega tamén albergará o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia e a primeira comunidade enerxética que se promove desde un polígono empresarial.

— A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación resolveu a quinta convocatoria de InnovaPeme, que contribuirá á creación ou mantemento de 130 empregos.

— Un total de 18 plans de innovación empresarial desenvolveranse en concellos rurais ou con baixa densidade de poboación.

— Os sectores con maior número de pemes beneficiarias nesta edición son a industria agroalimentaria, a saúde e a cadea de valor das solucións dixitais.

— Desde o seu lanzamento en 2017, o programa InnovaPeme apoiou 192 proxectos e creou ou consolidou 900 empregos vinculados á innovación, cun orzamento de 16 millóns de euros.

— Para a maior parte das pemes apoiadas, esta iniciativa da Xunta supón o primeiro chanzo para consolidarse no futuro como firmas innovadoras de Galicia.

— O comercio exterior galego non só recuperou o dinamismo previo á pandemia, senón que está a consolidar as cifras de récord e a intensificar o grao de apertura da economía e das empresas.

— Industrias clave como o téxtil (+60,6%), máquinas e aparellos mecánicos (+40,2%), metalurxia (+30,4%) e peixe, crustáceos e moluscos (+29,2%) imprimiron velocidade ao sector exterior de Galicia na primeira metade de 2022.

— A economía galega soubo combinar a subida da demanda nos mercados tradicionais e nos emerxentes, cun auxe exportador do 143% en Países Baixos, do 74% en Estados Unidos, do 69% en Oriente Medio ou do 44% no Reino Unido.

— Fronte a un déficit de 32.000 millóns de euros no conxunto de España, a balanza comercial galega logra o terceiro maior saldo positivo por comunidades, con 1.521 millóns de euros.

— Con obxectivo de seguir contribuíndo a estes resultados, a Xunta ten en marcha a Estratexia de Internacionalización de Galicia, baseada na aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores.

Más artículos…

Página 18 de 21