Últimas Noticias

Consellería de Economía, Industria e Innovación

Rueda enxalza a alianza estratéxica e tecnolóxica que promove o grupo Amper

  • O presidente galego mantivo unha xuntanza cos CEOs de Amper e de EKS Hitachi Energy, que confirmaron o proxecto de fabricación de equipos de electrónica de potencia para enerxías renovables e para almacenamento de enerxía en sistema de baterías

  • Rueda agradeceu á compañía tecnolóxica que reforce a súa aposta por Galicia e que contribúa a consolidar a Comunidade como referente en renovables e, en particular, na eólica mariña

  • A presenza do grupo Amper xa inclúe a súa división Nervión Naval Offshore para fabricar a plataforma flotante de eólica mariña no Porto Exterior de Ferrol e unha planta de velas ríxidas nas Somozas

I FORO DA INVESTIGACIÓN GALEGA NO ESTRANXEIRO
  • A primeira edición do Foro, que se enmarca no Programa de Talento da Xunta, terá lugar en Bruxelas os vindeiros 8 e 9 de marzo

  • Como obxectivos destacan fomentar a relación e intercambio de ideas entre o persoal investigador galego afincado no estranxeiro e o de Galicia e visibilizar oportunidades de retorno de talento á Comunidade galega

  • Na xuntanza coa rede InvestiGal, que conta con máis de 540 asociados, a directora de Gain presentoulle ao colectivo o texto definitivo do decreto que regula a carreira investigadora na Administración pública galega e que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 11 de xaneiro

PROXECTO DE GRI RENEWABLE INDUSTRIES

• A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, coñeceu os detalles da inversión nunha reunión de traballo con directivos do grupo especializado en torres para o sector eólico e xa presente en Galicia desde 2008 cunha factoría no Carballiño

• Lorenzana informou á empresa de ferramentas da Xunta como a Oficina Económica de Galicia ou os plans de dinamización industrial para acompañar e asesorar ás industrias nos seus proxectos de expansión

• A conselleira enxalzou que poida manterse a actividade industrial na factoría de Ponteareas da man dunha compañía que acumula máis de 15 anos de experiencia no sector eólico

PROGRAMA DE AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

• A liña está orientada á posta en marcha de sistemas ou procesos entre un líder industrial cara ás empresas da súa cadea de valor ou á introdución de proxectos individuais vencellados á dixitalización e conectividade das pemes

• A intensidade media de axuda supera o 40% dos gastos e dos investimentos necesarios para cada iniciativa de transformación dixital

• O programa forma parte da aposta da Xunta de Galicia pola dixitalización e pola mellora de competitividade do tecido produtivo galego

• O Igape tamén ten activos outros programas que priorizan a innovación e dixitalización das pemes, como o ReAcciona, que abrirá o prazo de solicitude de axudas o vindeiro 1 de abril

MARÍA JESÚS LORENZANA

• Nun encontro empresarial ao que asistiu o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, sinalou como grandes prioridades do Goberno galego desburocratizar, facilitar o acceso a solo industrial e a financiamento, e impulsar as renovables

• Lembrou o papel dinamizador da “xanela única” da Oficina Económica de Galicia e referiuse á posta en marcha dun plan autonómico de aceleración de proxectos industriais

• Afondou en que a Lei de aproveitamento dos recursos naturais e a nova sociedade Recursos Naturais de Galicia vincularán o desenvolvemento industrial na Comunidade ao despregamento das renovables

Renova 2024

• A convocatoria, dotada con 3 millóns de euros, está dirixida a particulares, autónomos e empresas

• As axudas oscilarán entre 3.000 e 4.000 euros segundo o tipo de vehículo, cun incremento adicional do 20% para as familias numerosas

• O prazo de solicitudes estará vixente entre o 17 de xaneiro e o 30 de setembro, ou ata o esgotamento do crédito

• O programa Renova o teu vehículo aposta por fomentar a transición cara a unha mobilidade eficiente, así como por dinamizar o sector e modernizar o parque automobilístico galego

Prestamos IGAPE

• O programa mellora as condicións de acceso ao crédito, cunha bonificación de ata 5 puntos porcentuais no tipo de xuro

• As novidades desta convocatoria son unha liña específica de internacionalización, orientada a financiar a implantación de empresas galegas no exterior, e outra para os sectores da transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura e para a industria manufactureira

• Como en anos anteriores, o programa da cobertura tamén aos investimentos estratéxicos de pemes e autónomos, con préstamos que poden chegar ata os 5 millóns de euros

• O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o 16 de xaneiro ata o 29 de novembro, ou ata o esgotamento do orzamento previsto

Financiado por la Unión Europea, NextGenerationEU
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia